Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
TR341Y - Axudas para o reequilibrio financeiro dos CEEIS e EIL especialmente afectados pola crise do COVID-19.
1. Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións establecidas pola Consellería de Emprego e Igualdade para o reequilibrio financeiro dos centros especiais de emprego de iniciativa social (CEEIS) e das empresas de inserción laboral (EIL) especialmente afectados pola crise do COVID-19 (procedemento TR341Y).
2. Deste xeito, coa finalidade de consolidar os postos de traballo ocupados por persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión social, poderase conceder unha axuda de carácter excepcional e extraordinaria destinada a equilibrar e reestruturar financeiramente estas entidades que lles permita acadar niveis de produtividade e rendibilidade que garantan a súa viabilidade e estabilidade.
1. Poderán ser entidades beneficiarias das subvencións que se regulan nesta orde os CEEIS e as EIL que cumpran os seguintes requisitos:
a) Figurar inscritos como tales nos rexistros correspondentes:
– No caso de CEEIS, deben estar inscritos no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia e a súa organización e funcionamento, cunha antigüidade mínima de 42 meses na data de presentación da solicitude.
Na data da solicitude, os centros de traballo para os cales se solicite subvención deberán contar coa autorización administrativa prevista no artigo 7 do dito decreto. Ademais, os CEE deben ter recoñecido polo rexistro administrativo de CEE a súa condición de CEE sen ánimo de lucro ou de iniciativa social.
– No caso de EIL, deben estar inscritas no Rexistro Administrativo das Empresas de Inserción Laboral de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 156/2007, do 19 de xullo, que regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción laboral, e ter o centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima de 42 meses na data de presentación da solicitude.
b) Ter presentadas as contas anuais dos últimos tres anos (2017, 2018 e 2019) no Rexistro Mercantil, no Rexistro de Fundacións ou no Rexistro de Asociacións, segundo corresponda.
No suposto de non estaren obrigadas a presentar as contas en ningún destes rexistros, deberán ter aprobados o balance e conta de resultados pola súa asemblea xeral.
c) Acreditar perdas no ano 2020, nos centros de traballo de Galicia, que poñan en perigo o mantemento dos postos de traballo, como consecuencia do impacto producido pola crise do COVID-19. No caso de CEE sen personalidade xurídica propia, as perdas deberán referirse unicamente á actividade do CEE.
2. Non poderán obter a condición de entidades beneficiarias:
a) As empresas incursas en causa de disolución ou en crise, segundo o establecido nos artigos 363 da Lei de sociedades de capital e 2 do Regulamento UE nº 651/2014, respectivamente. En consonancia co sinalado no artigo 13 da Lei 3/2020, do 18 de setembro, de medidas procesuais e organizativas para facer fronte á COVID-19 no ámbito da Administración de xustiza, para determinar a concorrencia da causa de disolución prevista no artigo 363.1.e) da Lei de sociedades de capital non se tomarán en consideración as perdas do exercicio 2020.
b) Os CEE e EIL en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
c) Os CEE e EIL excluídos do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o disposto nos artigos 46 e 46.bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
d) Os CEE que, carecendo de personalidade xurídica propia, non teñan unha xestión diferenciada da súa entidade titular. Para os efectos de ter unha xestión diferenciada, deberán levar unha contabilidade separada desa entidade e ter unha conta de cotización da Seguridade Social propia do CEE.
e) Os CEE que non cumpran coa porcentaxe mínima do 70 % de persoas con discapacidade contratadas respecto do total do cadro de persoal. Nesta porcentaxe non se inclúe o persoal sen discapacidade dedicado á prestación de servizos de axuste persoal e social.
f) As EIL que non cumpran coa porcentaxe mínima de persoas en situación ou risco de exclusión social contratadas respecto do total do cadro de persoal conforme o estipulado na Lei 44/2007, do 13 de decembro (30 % os 3 primeiros anos de actividade e 50 % a partir do cuarto ano).
g) Os CEE e EIL que non estean a aplicar o convenio colectivo que resulte de aplicación preceptiva.
h) Os CEE e EIL que non estean ao día nas súas obrigas rexistrais, segundo o establecido nos decretos 200/2005, do 7 de xullo, e 156/2007, do 19 de xullo.
3. A acreditación, por parte das entidades solicitantes, de que non concorren nelas as circunstancias sinaladas nas letras a), b), c), d), e), f) e g) do punto 2 deste artigo para poderen obter a condición de beneficiarias das axudas realizarase mediante a declaración responsable que se inclúe no anexo de solicitude (anexo I).
O órgano xestor poderá comprobar en calquera momento a veracidade desas declaracións.
O cumprimento da condición sinalada na letra h) do punto 2 será verificada de oficio polo órgano instrutor.
4. Os CEEIS ou EIL que perciban estas axudas non poderán volver obtelas ata transcorridos tres anos desde a data de concesión.
Obrigas das entidades beneficiarias .
1. Son obrigas xerais das entidades beneficiarias das subvencións as seguintes:
a) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como o cumprimento da finalidade que determine a concesión da subvención.
b) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe a Consellería de Emprego e Igualdade, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación ou control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o que deberán achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
c) Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polas entidades beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
d) Estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión e a realizar a proposta de pagamento da subvención.
e) Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria en cada caso, coa finalidade de garantir o exercicio adecuado das facultades de comprobación e control.
f) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
g) Adoptar as medidas adecuadas de difusión para dar publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de Emprego e Igualdade.
De acordo con esta obriga, as entidades beneficiarias deberán anunciar no seu domicilio social e nos seus centros de traballo que están sendo subvencionadas pola Xunta de Galicia. Para isto incorporarán un rótulo visible ao público que inclúa o nome do centro e o logotipo da Xunta de Galicia.
h) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
i) Someter a auditoría as contas anuais correspondentes ao exercicio en que recibisen subvencións ou axudas públicas por un importe total acumulado superior a 600.000 €, e naqueles exercicios en que se realicen operacións ou se executen investimentos correspondentes ás ditas subvencións ou axudas, conforme o establecido no texto refundido da Lei de auditoría de contas, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2011, do 1 de xullo, e o regulamento que o desenvolve, aprobado polo Real decreto 1517/2011, do 31 de outubro.
j) Agás aquelas entidades beneficiarias que pola normativa vixente estean exentas da obriga de levar a cabo unha contabilidade, as entidades beneficiarias teñen a obriga de acreditar que levan unha contabilidade separada ou un código contable adecuado para os gastos obxecto da subvención.
2. Ademais das recollidas con carácter xeral no punto anterior, as entidades beneficiarias das axudas terán as obrigas seguintes:
a) Manter a actividade económica e o emprego durante 6 meses posteriores á concesión da axuda.
Non se considerará incumprido este compromiso cando o contrato de traballo se extinga por algunha das causas seguintes:
– Por despedimento disciplinario declarado como procedente, dimisión, morte, xubilación ou incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez da persoa traballadora.
– Polo fin do chamamento das persoas con contrato fixo-descontinuo, cando este non supoña un despedimento senón unha interrupción do contrato.
– No caso de contratos temporais, cando o contrato se extinga por expiración do tempo convido ou a realización da obra ou servizo que constitúe o seu obxecto ou cando non se poida realizar de forma inmediata a actividade obxecto de contratación.
– No caso de extincións de contrato de persoas traballadoras con discapacidade (no caso de CEEIS) ou en inserción (no caso de EIL) que se incorporen a unha empresa ordinaria ou que inicien unha actividade por conta propia.
– No caso de EIL, os contratos de inserción que acaden os tres anos de duración.
b) Presentar, ante o órgano concedente da axuda, as contas do exercicio 2020 debidamente depositadas no rexistro correspondente ou, de ser o caso, aprobadas pola asemblea xeral, conforme o establecido no artigo 5.1.b) desta orde, antes do 30 de setembro. No caso de que por disposición legal ou regulamentaria a data límite para o seu depósito ou aprobación sexa maior, deberá presentalas no prazo de 10 días desde que se efectúe o dito depósito ou aprobación. No suposto de entidades que dispoñan de centros de traballo en máis dunha comunidade autónoma ou de CEE sen personalidade xurídica propia, deberán presentar o balance e a conta de perdas e ganancias definitivas do ano 2020, segundo o anexo II, revisada, verificada e asinada por un auditor de contas inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas dependente do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas, relativa aos centros de traballo do CEE ou EIL de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social
Subdirección Xeral de Economía Social
Edificio administrativo San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545679
Email: economiasocial.emprego@xunta.gal
Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social
Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas para o reequilibrio financeiro dos centros especiais de emprego de iniciativa social (CEEIS) e empresas de inserción laboral (EIL) especialmente afectados pola crise do COVID-19 (DOG nº 32 do 17 de febreiro de 2021).
Extracto da Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas para o reequilibrio financeiro dos centros especiais de emprego de iniciativa social (CEEIS) e empresas de inserción laboral (EIL) especialmente afectados pola crise do COVID-19 (DOG nº 32 do 17 de febreiro de 2021).
Corrección de erros. Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas para o reequilibrio financeiro dos centros especiais de emprego de iniciativa social (CEEIS) e empresas de inserción laboral (EIL) especialmente afectados pola crise do COVID-19 (DOG nº 37 do 24 de febreiro de 2021).
Resolución do 10 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2020, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas para o reequilibrio financeiro dos centros especiais de emprego de iniciativa social (CEEIS) e das empresas de inserción laboral (EIL) especialmente afectados pola crise da COVID-19 (código de procedemento TR341Y) (Diario Oficial de Galicia número 32, do 17 de febreiro de 2021) (DOG nº 118 do 23 de xuño de 2021).
Prazo de presentación: PECHADO
18/02/2021 00:00 - 17/03/2021 23:59
O prazo de presentación das solicitudes é dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o derradeiro día do mes.
Presentación de solicitudes .
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
3. As entidades solicitantes deberán presentar unha única solicitude, que deberá estar acompañada da documentación complementaria sinalada nesta orde.
4. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria .
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Certificación rexistral acreditativa de ter depositado as contas anuais dos tres últimos exercicios, segundo o establecido no artigo 5.1.b) desta orde. No suposto de non estar obrigadas a depositar as contas, deberán achegar certificación da aprobación do balance e conta de resultados pola asemblea xeral.
b) Contas anuais de 2019 debidamente rexistradas ou aprobadas conforme o requirido no artigo 5.1.b).
c) Anexo II relativo aos estados contables provisionais da solicitante respecto da anualidade 2020, mediante o cal deberá acreditar o cumprimento do requisito sinalado no artigo 5.1.c). No suposto de entidades que dispoñan de centros de traballo en máis dunha comunidade autónoma ou de CEE sen personalidade xurídica propia, este estado contable provisional debe referirse unicamente aos centros de traballo do CEE ou EIL de Galicia. Este anexo deberá presentarse debidamente asinado polo representante ou polo responsable económico-financeiro da entidade.
d) Documentación que acredite, por calquera medio válido en dereito, a representación coa que actúa a persoa que asina a solicitude.
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, de non se poderen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) NIF da entidade representante.
c) DNI ou NIE da persoa representante.
d) Certificación de que a entidade solicitante está ao día nas súas obrigas coa Seguridade Social.
e) Certificación de que a entidade solicitante está ao día nas súas obrigas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
f) Certificación de que a entidade solicitante está ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal Tributaria.
g) Consulta de concesións de subvencións e axudas.
h) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
i) Informe das contas de cotización asociadas ao NIF da entidade solicitante.
2. No caso de que as interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
4. O Informe sobre as aperturas de centro de traballo comunicadas á autoridade laboral obterao de oficio o órgano instrutor.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes .
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"