Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR341U
Programa de incentivos á contratación a tempo parcial das persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Esta orde ten por obxecto regular as axudas que favorezan a contratación das persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social na empresa ordinaria e especialmente aquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral.
II. Programa de incentivos á contratación a tempo parcial, por conta allea, e á formación das persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social nas empresas ordinarias coa finalidade de fomentar e favorecer a súa integración laboral no sistema ordinario de traballo (procedemento TR341O). Por medio deste programa as empresas que soliciten a subvención terán a posibilidade de obter dous tipos de axuda compatibles: un bono de contratación tempo parcial e un bono de formación.
Obxecto do programa de contratación a tempo parcial, por conta allea.
1. Este programa ten por obxecto regular os incentivos á contratación por conta allea a tempo parcial das persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social nas empresas ordinarias coa finalidade de fomentar e favorecer a súa integración laboral no sistema ordinario de traballo.
2. Por medio deste programa as empresas que soliciten a subvención terán a posibilidade de obter axudas para a contratación por conta allea a tempo parcial e pola formación.
Inclúense dous tipos de axuda compatibles:
a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación por conta allea cunha duración inicial mínima de seis meses e xornada a tempo parcial das persoas con discapacidade ou en situación de risco ou exclusión social.
b) Bono de formación (opcional) dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.
Bono de incentivos á contratación a tempo parcial para persoas desempregadas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión socia.
- Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións por conta allea cunha duración inicial mínima de seis meses cunha xornada a tempo parcial realizadas con persoas desempregadas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social que se formalicen desde o día 1 de outubro de 2017 ata o 15 de outubro de 2018, ambas inclusive.
Bono de incentivos á formación (opcional)
- As empresas que así o soliciten poderán ser beneficiarias dun bono para a formación das persoas contratadas por medio do programa de bono de contratación previsto nesta orde.
1. Poderán ser persoas ou entidades beneficiarias das subvencións que se regulan nesta orde as que se establecen para cada programa nos capítulos II e III, sempre que se cumpran as condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda.
2. Non poderán obter a condición de persoa ou entidade beneficiaria das subvencións establecidas nesta orde as persoas ou entidades en que concorran as circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. Tampouco poderán obter a condición de persoa ou entidade beneficiaria cando estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido nos artigos 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
4. A xustificación por parte das persoas ou entidades beneficiarias de non estar incursas nas prohibicións contidas nos puntos 2 e 3 anteriores para obter a condición de beneficiaria realizarase mediante declaración responsable.
Persoas destinatarias finais.
Persoas con discapacidade ou en situación de risco ou exclusión social desempregadas inscritas no servizo público de emprego como demandantes de emprego non ocupadas e persoas traballadoras con discapacidade procedentes de centros especiais de emprego.
Entidades beneficiarias.
Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.
No caso de sociedades civís, comunidades de bens e unións temporais de empresas, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiario. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación. No suposto de unións temporais de empresas, cada empresa que forme parte desta unión deberá reunir os requisitos exixidos para acceder ás axudas.
As empresas que teñan cincuenta ou máis persoas traballadoras deberán cumprir a cota de reserva para persoas con discapacidade, conforme se dea ocupación, polo menos, ao 2 % de traballadores e traballadoras con discapacidade sobre o total das persoas traballadoras ou, no seu defecto, as medidas de carácter excepcional establecidas no artigo 42 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, e reguladas no Real decreto 364/2005, do 8 de abril (BOE nº 94, do 20 de abril). Para o cómputo do número de persoas traballadoras da empresa teranse en conta as regras previstas na disposición adicional primeira do dito real decreto.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña
Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social da Coruña
Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881586
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo
Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294319/ 982294260
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense
Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Ourense
Avda. Habana, 79
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386819/ 988386812
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)
Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Vigo
R/ Concepción Arenal, 8
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817076
Prazo de presentación: PECHADO
11/08/2018 00:00 - 15/10/2018 23:59
O prazo xeral para presentar as solicitudes das axudas establecidas neste capítulo comezará o día seguinte ao da súa publicación.
As solicitudes dos bonos de contratación e formación polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2017 e a data de publicación desta orde deberán presentarse no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.
As solicitudes dos bonos de contratación e formación polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberán presentarse no prazo dun mes desde a data en que se inicie a relación laboral pola cal se solicita a axuda.
O prazo para presentar as solicitudes rematará o 15 de outubro de 2018, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Os requisitos, con carácter xeral, para adquirir a condición de persoa galega retornada son os seguintes:
a) Ser persoa galega nacida en Galicia.
b) Acreditar ou ter relación filial, conxugal ou análoga á conxugal.
c) Estar en posesión da nacionalidade española e estar vinculado ou vinculada a un concello galego no padrón de residentes no exterior antes do retorno.
d) Estar empadroado ou empadroada nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Para adquirir esta condición de persoa emigrada retornada non deben transcorrer máis de dous anos entre a data do seu retorno a España e a data de presentación da solicitude de axuda ao abeiro desta orde.
Requisitos para bono de incentivos á contratación a tempo parcial para persoas desempregadas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social:
1. A persoa traballadora por quen se solicita a subvención debe ser unha persoa desempregada con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, segundo o establecido no artigo 5 desta orde.
2. O contrato por conta allea dunha duración inicial mínima de 6 meses deberá subscribirse cunha xornada a tempo parcial segundo o establecido no artigo 5 desta orde.
3. Como consecuencia da contratación inicial que se fomenta ten que incrementarse o emprego neto da empresa no ámbito territorial de Galicia, respecto aos tres meses anteriores ao mes de realización da contratación pola cal se solicita subvención.
4. Para o cálculo do incremento do cadro de persoal neto non se computarán as persoas traballadoras cuxas baixas se producisen por dimisión da persoa traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas ou por resolución do contrato de traballo durante o período de proba.
No caso de que nos tres meses anteriores á contratación pola cal se solicita a subvención coincida con períodos de inactividade de persoas traballadoras fixas-descontinuas, estas computaranse como persoal fixo.
5. As contratacións polas cales se solicita subvención deberán formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.
Requisitos para bono de incentivos á formación (opcional):
a) A persoa traballadora que recibe a formación e titorización ten que ser a mesma que participa no programa de bonos de contratación e, polo tanto, cumprir os mesmos requisitos que se establecen para participar no capítulo III.
b) A acción formativa terá lugar dentro dos tres primeiros meses desde o inicio do contrato e dentro da xornada laboral establecida no contrato.
c) Para as contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2017 e a data de publicación desta orde, a acción formativa levarase a cabo no prazo de tres meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación. Nas contratacións que se realicen con posterioridade ao 15 de setembro de 2018 e ata o 15 de outubro de 2018, a acción formativa terá como data límite para a súa finalización o 15 de decembro de 2018.
c) A acción formativa deberá ter unha duración mínima de 25 horas de formación teórica en contidos relacionados co posto de traballo ás cales asista integramente a persoa traballadora que participa neste programa.
d) Queda excluída deste bono de formación aquela que supoña o cumprimento de obrigas legais empresariais en materia preventiva a que fai referencia o artigo 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.
s persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I-A) a seguinte documentación:
a) Cando se actúe mediante representación, esta atribución expresa acreditarase por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna.
b) Informe de vida laboral dun código conta de cotización correspondente aos tres meses anteriores ao mes en que se realiza a contratación inicial, máis o correspondente ao mes en que se realiza a dita contratación.
c) Declaración do cadro de persoal de todos os centros de traballo da empresa en Galicia nos tres meses anteriores ao mes de inicio da relación laboral da persoa traballadora contratada pola cal se solicita a subvención, anexo I-B. De ser o caso, TA2 de baixa das persoas traballadoras indefinidas contratadas que causaron baixa polas causas previstas no artigo 44.4 da orde de convocatoria.
d) Relación nominal das persoas traballadoras polas cales se solicita subvención na que se inclúan os custos laborais e da Seguridade Social anuais de cada persoa traballadora por quen se solicita subvención, anexo I-C, e a nómina do mes de contratación.
e) Documentación acreditativa do colectivo polo cal se opta (para os casos de situación de risco ou exclusión social ou discapacidade recoñecida fóra de Galicia) das persoas traballadoras polas cales se solicita subvención.
f) Comprobación de datos da persoa traballadora contratada, anexo I-D.
g) Documentos xustificativos do nacemento en Galicia da persoa traballadora contratada e ademais, no caso de alegar algunha relación de parentesco coa persoa nacida en Galicia, documentación que acredite o vinculo con esta, no caso de solicitar o incremento de emigrante retornado.
h) Certificado de emigrante retornado, expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno, baixa consular ou calquera outra documentación que acredite fidedignamente a residencia no exterior e a data de retorno a España, no caso de solicitar o incremento de emigrante retornado.
Comprobación de datos.
1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante.
b) NIF da empresa solicitante.
c) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Seguridade Social.
d) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
f) DNI ou NIE da persoa traballadora contratada.
g) Certificado de discapacidade emitido pola Xunta de Galicia da persoa traballadora contratada.
h) Certificado de prestacións sociais públicas da persoa traballadora contratada, de ser o caso.
i) Certificado de empadroamento da persoa traballadora contratada, de ser o caso.
j) Certificado de inscrición no Servizo Público de Emprego da persoa traballadora contratada.
k) Informe da vida laboral da persoa traballadora contratada.
l) Contrato laboral da persoa traballadora contratada.
2. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
- Fase de xustificación
- Declaración expresa doutras axudas (Anexo I-E)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 20 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2018 axudas para fomentar o emprego das persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social no mercado ordinario de traballo, mediante os programas de emprego con apoio e de incentivos á contratación a tempo parcial e á formación (DOG nº 153 do 10 de agosto de 2018).
-
Extracto da Orde do 20 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2018 axudas para fomentar o emprego das persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social no mercado ordinario de traballo, mediante os programas de emprego con apoio e de incentivos á contratación a tempo parcial e á formación. Programa de incentivos á contratación a tempo parcial e á formación (DOG nº 153 de 10 de agosto de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Recoñecemento da situación de dependencia e da discapacidade
Aberto todo o ano
Traslado en servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal.
Aberto todo o ano
Solicitude de estancias temporais nos servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal.
Aberto todo o ano
Expedición da tarxeta acreditativa do grao de discapacidade (nova tarxeta)
Aberto todo o ano