Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
TR341S - Programa do relevo xeneracional.
1. Estas bases reguladoras teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas do Programa de remuda xeracional nos negocios das persoas traballadoras autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, desde a entrada en vigor desta orde ata o 30 de setembro de 2018.
2. A finalidade deste programa é a concesión de axudas económicas para a realización dun relevo xeracional ordenado nos negocios das persoas traballadoras autónomas.
1. Serán persoas beneficiarias destas axudas a persoa traballadora autónoma que vai transmitir o seu negocio por cesamento, e que no momento da transmisión estea nalgunha das seguintes situacións no momento da transmisión do negocio:
a) Que teñan 63 anos ou máis.
b) Pola declaración de incapacidade total ou absoluta (incluíndo grande invalidez) recoñecida polos órganos competentes da Seguridade Social.
c) As persoas herdeiras no caso de falecemento da persoa traballadora autónoma titular do negocio.
No caso das persoas traballadoras autónomas societarias, para ser beneficiarios desta axuda, a transmisión das accións ou participacións da sociedade debe supoñer o control da sociedade por parte do adquirente, é dicir, posuír máis do cincuenta por cento das accións ou participacións da sociedade.
No caso de transmisión do negocio por ter a persoa traballadora autónoma 63 anos ou máis, debe levar máis de 48 meses de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA).
2. Tamén será beneficiaria da axuda a persoa que adquira o negocio e que estea dada de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) tras a súa adquisición.
Requisitos e obrigas das persoas beneficiarias:
1. A persoa adquirente e a transmitinte teñen a obriga de estar inscritas separada ou conxuntamente no Programa de remuda xeracional na oficina do autónomo.
2. A persoa adquirente debe estar dada de alta no RETA no mes seguinte á transmisión do negocio.
3. Estar ao día nas obrigas tributarias coa Administración do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, así como coa Seguridade Social.
4. Realizar a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.
5. Cumprir as obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
6. A persoa beneficiaria estará obrigada a comunicar, de xeito inmediato, calquera variación ou extinción das condicións que lle deron dereito a percibir estas axudas.
Xunta de Galicia
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social
Subdirección Xeral de Emprego
Servizo de Emprego Autónomo
San Lázaro, s/n
1578 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545625
Fax: 981544678
Email: autonomos.emprego@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Xefatura Territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Coruña
Servizo de Apoio ao Emprego, Emprendemento e Economía Social da Coruña
Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º - Centro comercial de Elviña
15008 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881881582
Email: axudasautonomos.traballo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Xefatura Territorial Da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade de Lugo
Servizo de Apoio ao Emprego, Emprendemento e Economía Social de Lugo
Ronda da Muralla 70 Baixo
27071 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 982294912 / 982294910
Xunta de Galicia
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Xefatura Territorial Da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade de Ourense
Servizo de Apoio ao Emprego, Emprendemento e Economía Social de Ourense
Avda. Habana 79-7º
32071 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 988386401
Xunta de Galicia
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Xefatura Territorial Da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade de Pontevedra (Vigo)
Servizo de Apoio ao Emprego, Emprendemento e Economía Social de Vigo
Rúa Concepción Arenal 8-2º
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817397 / 986817755
Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social
Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de remuda xeracional nos negocios das persoas traballadoras autónomas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 118 do 21 de xuño de 2018)
Extracto da Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de remuda xeracional nos negocios das persoas traballadoras autónomas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 118 do 21 de xuño de 2018).
Resolución do 2 de maio de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de remuda xeracional nos negocios das persoas traballadoras autónomas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (Diario Oficial de Galicia número 118, do 21 de xuño) (DOG nº 96 do 22 de maio de 2019).
Prazo de presentación: PECHADO
22/06/2018 00:00 - 01/10/2018 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte a data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de setembro de 2018.
- A solicitude deberase presentar no modelo que figura como anexo II a esta orde xunto coa seguinte documentación:
- a) As solicitudes deberán ir acompañadas do contrato de asesoramento que deberá incluír as cláusulas obrigatorias especificadas no artigo 7 desta orde, especificar que o asesoramento é para o Programa de remuda xeracional 2018 e os datos identificativos do negocio sobre o que se fai o asesoramento.
- b) Contrato de transmisión do negocio ou documento análogo asinado pola persoa adquirente e a transmitinte ou polos seus representantes e debe ter obrigatoriamente unha cláusula de non competencia por parte da persoa transmitinte. No caso de transmisión de accións ou participacións dunha sociedade, o contrato de transmisión ou documento análogo debe explicitar a porcentaxe de accións ou participacións que o adquirente pasa a posuír e debe ser maior do cincuenta por cento para ter dereito á axuda regulada nesta orde.
- c) Factura e pagamento do asesoramento.
- d) Documento de inscrición no Programa de remuda xeracional na web http://oficinadoautonomo.gal, enderezo URL http://oficinadoautonomo.gal/gl/relevo-autonomo-2018, documento que se xunta como anexo I a esta orde.
- e) No caso de transmisión por incapacidade da persoa traballadora autónoma, resolución da incapacidade total ou absoluta polo órgano competente, se procede
- f) No caso da transmisión do negocio por parte das persoas herdeiras por falecemento da persoa traballadora autónoma dona do negocio, deberán presentar a documentación xustificativa da herdanza (certificado de defunción da persoa traballadora autónoma, certificado de últimas vontades, testamento ou declaración de herdeiros/as).
- g) No suposto de actuar mediante representante, poder suficiente de actuar en nome da persoa ou entidade solicitante.
- Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
- a) DNI ou NIE da persoa solicitante e da representante.
- b) Vida laboral da persoa solicitante.
- c) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Seguridade Social.
- d) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Administración Tributaria da Comunidade Autónoma de Galicia.
- e) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os ditos documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
- En relación á presentación de solicitudes, as entidades beneficiarias a que vai dirixida esta orde de subvencións, son as das persoas autónomas que exercen unha actividade económica e dispoñen de ferramentas informáticas cun coñecemento básico do seu funcionamento en calquera actividade comercial que realicen. Polo que se considera que a presentación electrónica suporá un importante aforro de tempo e recursos materiais na súa tramitación, tanto para a persoa solicitante como para a propia Administración. Polo tanto, as solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
- Se algunha das persoas ou entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
- Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
- Para garantir que as persoas que carecen de medios para relacionarse telematicamente coa Administración, e de acordo co previsto no artigo 13.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poidan presentar no rexistro electrónico a solicitude referente a este procedemento, a persoa solicitante poderá contar, entre outros, coa asistencia efectiva da Rede de técnicos de emprego de Galicia da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
- Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente sempre que a persoa interesada expresase o seu consentimento para que sexan consultados ou obtidos eses documentos. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
- A documentación complementaria presentarase por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir de maneira motivada a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
- Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón deles.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"