Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR341M
Programa de axudas ao mantemento do custo salarial nos Centros Especiais de Emprego.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria plurianual das subvencións aos centros especiais de emprego establecidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, co fin de garantir a empregabilidade das persoas con discapacidade, a través dos seguintes programas:
- Programa III: axudas ao financiamento parcial do custo salarial das persoas con discapacidade nos CEE, regulado no capítulo IV.
O obxecto deste programa é axudar aos CEE a financiar o custo salarial de todas as persoas traballadoras con discapacidade contratadas en centros de traballo do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
1. Poderán ser beneficiarios das subvencións que se regulan nesta orde os CEE que, na data da solicitude da subvención, figuren inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia e a súa organización e funcionamento (DOG núm. 138, do 19 de xullo), sempre que se cumpran as condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda nos capítulos II a IV desta orde. Igualmente, os centros de traballo para os que se solicite subvención deberán contar coa autorización administrativa prevista no artigo 7 do devandito decreto.
2. Así mesmo, poderán ser beneficiarios aqueles CEE que na data de presentación da solicitude de axudas, teñan solicitada a súa cualificación como centro especial de emprego ou a ampliación de novos centros de traballo.
Do mesmo xeito, para os programas en que se teña en consideración a condición de CEE sen ánimo de lucro, poderán ser beneficiarios os CEE que na data de presentación da solicitude de axudas teñan solicitada a súa cualificación en tal sentido.
Consideraranse accións ou gastos subvencionables os realizados desde a data da solicitude de cualificación dentro do período que se estableza na convocatoria.
En todo caso, para o pagamento das axudas será necesario acreditar a dita cualificación e a inscrición da entidade no Rexistro de Centros Especiais de Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, así como a condición de CEE sen ánimo de lucro cando proceda.
3. Non poderán obter a condición de beneficiarios:
a) Os CEE en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
b) Os CEE excluídos do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o disposto nos artigos 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
c) Os CEE que non cumpran coa porcentaxe mínima do 70 % de persoas con discapacidade contratadas respecto do total do cadro de persoal. Nesta porcentaxe non se inclúe o persoal sen discapacidade dedicado á prestación de servizos de axuste persoal e social.
d) Os CEE que, carecendo de personalidade xurídica propia, non teña unha xestión diferenciada da súa entidade titular. Para os efectos de ter unha xestión diferenciada deberán levar unha contabilidade separada da dita entidade e ter unha conta de cotización da Seguridade Social propia do CEE.
e) Os CEE que non estean ao día coas obrigas rexistrais, segundo o establecido no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia e a súa organización e funcionamento.
4. A acreditación, por parte das entidades solicitantes, de que cumpren as condicións sinaladas nas letras a), b) c) e d) do punto 3 deste artigo para poder obter a condición de beneficiarias das axudas, realizarase mediante declaracións responsables que se inclúen nos anexos de solicitude de cada procedemento (anexos I, II, III e IV).
O órgano xestor poderá comprobar en calquera momento a veracidade das ditas declaracións.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña
Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social da Coruña
Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º,
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881-881594
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo
Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Lugo
Ronda da Muralla nº 70 baixo
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982-294260
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense
Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Ourense
Avda. da Habana, nº 79
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988-386819 / 988-386812
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)
Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Vigo
Rúa Concepción Arenal, nº 8
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986-817751 / 986-817564
Prazo de presentación: PECHADO
31/08/2019 00:00 - 04/10/2019 23:59
O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 4 de outubro de 2019.
1. As solicitudes de subvención deberán presentarse por separado para cada un dos programas regulados nos capítulos II, III e IV desta orde.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados (anexos I, II, III e IV, segundo o tipo de axuda de que se trate) dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
No caso de que as persoas solicitantes sexan persoas físicas (autónomas), que exercen unha actividade económica e dispoñen de ferramentas informáticas cun coñecemento básico do seu funcionamento en calquera actividade comercial que realicen, e que xa teñen a obriga de relacionarse por medios electrónicos coa Seguridade Social conforme o artigo 2.2.b) da Orde ESS/484/2013, do 26 de marzo, a presentación electrónica suporá un importante aforro de tempo e recursos materiais na súa tramitación, tanto para a persoa solicitante como para a propia Administración. Polo exposto, as solicitudes deberanse presentar, obrigatoriamente, por medios electrónicos.
2. Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
3. As solicitudes de subvención deberán presentarse xunto coa documentación complementaria sinalada nesta orde para cada programa, e dirixiranse ao órgano competente para resolver.
4. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)
.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento
1. Ás solicitudes xuntaranse a documentación complementaria sinalada nos artigos 32, 41 e 47, para cada un dos programas de axudas desta orde, salvo que os documentos exixidos xa estivesen en poder de calquera órgano da Administración actuante; neste caso as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 53.d) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sempre que se faga constar a data e o órgano ou dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
3. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica por parte da persoa solicitante ou representante supere os tamaños máximos establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación destes de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaños máximos admitidos da documentación complementaria para cada procedemento.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código do rexistro.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os tramites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación dos procedementos regulados nesta orde deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación dos procedementos regulados nesta orde consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade solicitante.
d) Certificación de estar ao día das súas obrigas coa Seguridade Social a entidade solicitante.
e) Certificación de estar ao día das súas obrigas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia a entidade solicitante.
f) Certificación de estar ao día das súas obrigas coa Axencia Estatal Tributaria a entidade solicitante.
g) Consulta de concesións de subvencións e axudas.
h) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
i) Informe das contas de cotización asociadas ao NIF da entidade solicitante.
j) DNI ou NIE das persoas con discapacidade do CEE e das persoas traballadoras polas que se solicita a subvención, de ser o caso.
k) Consulta dos contratos de traballo das persoas polas cales se solicita a subvención e/ou ás persoas con discapacidade destinatarias finais da subvención, de ser o caso.
l) Informe da vida laboral das persoas das persoas polas cales se solicita a subvención e/ou ás persoas con discapacidade destinatarias da subvención, de ser o caso.
m) Certificado de discapacidade emitido pola Xunta de Galicia, relativo ás persoas polas que se solicita a subvención e/ou ás persoas con discapacidade destinatarias finais da subvención, de ser o caso.
n) Certificado das prestacións que figuran no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas das persoas con discapacidade do CEE destinatarias finais da subvención, de ser o caso.
ñ) Inscrición como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego relativo ás persoas polas que se solicita a subvención cando lles sexa de aplicación esta circunstancia.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os devanditos documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 8 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2019-2020 (DOG nº 164 do 30 de agosto de 2019).
-
Extracto da Orde do 8 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2019-2020. Programa III: axudas ao mantemento do custo salarial nos CEE (DOG nº 164 do 30 de agosto de 2019).
-
Resolución do 29 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 8 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2019-2020 (Diario Oficial de Galicia número 164, do 30 de agosto) (DOG nº 88 do 11 de maio de 2021).
-
Outros procedementos relacionados
Recoñecemento da situación de dependencia e da discapacidade
Aberto todo o ano
Novo ingreso/renovación de praza en escolas infantís 0-3 para fillas/os do persoal da Xunta de Galicia.
Prazo aberto: 15/03/2025 00:00 - 31/10/2025 23:59
Traslado en servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal.
Aberto todo o ano
Solicitude de estancias temporais nos servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal.
Aberto todo o ano