Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR340D
Cualificación de iniciativa de emprego de base tecnolóxica (IEBT).
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
O programa de apoio ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica configúrase como un instrumento para impulsar o espírito emprendedor no trinomio investigación, tecnoloxía e emprego, mediante o aproveitamento intensivo e na colaboración coas diferentes estruturas que xa existen tanto na Consellería de Emprego e noutros departamentos da Xunta de Galicia, como coas tres universidades galegas e con outras entidades vinculadas á innovación, á tecnoloxía e a iniciativa emprendedora.
Poderán solicitar a cualificación como IEBT as persoas promotoras dos proxectos empresariais e as empresas constituídas dentro dun prazo máximo dun ano anterior á data da presentación da solicitude de cualificación, sempre que non iniciasen a actividade.
As persoas promotoras, e no seu caso as empresas poderán iniciar a súa actividade unha vez presentada a solicitude de cualificación.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Subdirección Xeral de Emprego
Servizo de Emprego por Conta Allea
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981 957 731/ 981 544 610
Email: contaallea.emprego@xunta.gal
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Para que un proxecto poida ser cualificado como IEBT e inscribirse no rexistro correspondente deberá reunir os seguintes requisitos:
a) Viabilidade técnica, económica, financeira e comercial.
b) A actividade, produto ou servizo debe ter carácter innovador e contido científico ou base tecnolóxica. Os proxectos poderán desenvolver a súa actividade en calquera sector económico sempre que se trate dun negocio intensivo en coñecemento que precise actividades I+D e/ou de innovación.
c) Que se trate dunha empresa privada de nova creación, incluíndo autónomos e autónomas, con centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
d) Que se prevexa, no primeiro ano de actividade, a creación de emprego estable para persoas desempregadas e inscritas como demandantes de emprego, respectando a proporción dunha persoa titulada por cada catro postos de traballo.
e) Que o cadro de persoal no momento de iniciar a súa actividade produtiva estea constituído nun 25%,como mínimo, por persoas con titulación universitaria.
Para facilitar a materialización do proxecto innovador en empresa e para a súa cualificación como IEBT, establécense medidas de acompañamento, asesoramento e avaliación técnica: rede de axentes de emprego especializados en IEBT, consultores de apoio e un comité consultivo integrado por un grupo de expertos para a avaliación técnica dos proxectos.
Solicitudes
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas ou entidades interesadas presenta á súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
3. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). .
Documentación complementaria
1. As solicitudes deberán presentarse no formulario normalizado (anexo I) que figura como anexo deste Decreto, e deberán ir acompañadas da documentación que se relaciona no artigo 7. do Decreto:
- Documento acreditativo da representación.
- Memoria técnica e económica explicativa do proxecto ou plan de empresa.
- Informe do axente de emprego con especialización en Iebt sobre o proxecto.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa, ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa solicitante
b) DNI/NIE da persoa representante
c) NIF da entidade solicitante
d) Alta no Imposto de Actividades Económicas
2. No caso de que as persoas ou entidades interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores
Todos os trámites administrativos que as persoas ou entidades interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta Cidadá da persoa ou entidade interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Positivo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 31 de xullo de 2015 pola que se adaptan e se incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 146 do 4 de agosto de 2015).
-
Decreto 56/2007, do 15 de marzo, polo que se establece un programa de apoio ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT) (DOG nº 65 do 2 de abril de 2007).
-
Corrección de erros.-Decreto 56/2007, do 15 de marzo, polo que se establece un programa de apoio ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT) (DOG nº 78 do 23 de abril de 2007).
-
Outros procedementos relacionados
Alegacións no Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia (TACGAL).
Aberto todo o ano
Avais do Igape.
Aberto todo o ano
Homologación de axentes de apoio á internacionalización das empresas galegas
Aberto todo o ano
Obtención/renovación do obradoiro artesán
Aberto todo o ano