Guía de procedementos e servizos

TR340A

Cualificación iniciativas de emprego.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano
Poderán ter a consideración de iniciativas de emprego os proxectos empresariais innovadores e xeradores de emprego promocionados e apoiados pola Xunta de Galicia ou por administracións locais de carácter territorial desta Comunidade Autónoma.

As iniciativas de emprego poderán ser de dúas clases:

-Iniciativas de Emprego Local (ILES).

-Iniciativas de Emprego Rural (IER).

Poderán solicitar a cualificación como iniciativa de emprego os promotores de proxectos empresariais e as empresas constituídas dentro dun prazo máximo de seis meses anteriores ao momento no que se formule a solicitude de cualificación, sempre que non iniciasen a actividade.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Subdirección Xeral de Emprego

Servizo de Emprego Autónomo

Edificios Administrativos San Lázaro, s/n

15871  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545625/ 981957590

Fax: 981544678

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social da Coruña

Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º - Centro comercial de Elviña

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881582/ 981185893

Fax: 981881581

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Lugo

Ronda da Muralla nº 70 baixo

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294385

Fax: 982294258

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Ourense

Avda. da Habana, nº 79 - 6º

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386196/ 988386839

Fax: 988386838

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Vigo

Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2º

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817008/ 986817016

Fax: 986817010

Servizo de Emprego Autónomo

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

a) Proxectos empresariais, que reúnan condicións de viabilidade técnica, económica e financeira e xeren postos de traballo estables.

b) Proxectos apoiados pola Xunta de Galicia ou por administracións locais de carácter territorial desta Comunidade Autónoma e que vaian ter a sede social e fiscal no seu respectivo territorio. Entenderase que unha Administración apoia o proxecto cando poña á disposición do promotor a achega de recursos económicos e/ou materiais tales como infraestructura ou servizos que favorezan a posta en práctica e/ou a xestión do negocio.

Para o caso de que colaboren varias administracións nun mesmo proxecto, debe constar a forma de participación de cada unha delas, e a sede social e fiscal da empresa resultante terá que fixarse no territorio dalgunha das administracións colaboradoras.

c) Proxectos nos que o cadro de persoal previsto, ao constituírse en empresa, non sexa superior a vintecinco traballadores.

Excepcionalmente, cando concorran razóns de interese social para o desenvolvemento dunha actividade en zona determinada, poderán ser cualificadas como iniciativas de emprego proxectos que prevexan un cadro de persoal superior.

d) Que se trate de empresa privada de nova creación.

e) Que a producción de bens e servicios estea relacionada con actividades económicas emerxentes ou que, dentro dunha actividade tradicional na zona, cubra necesidades non satisfeitas na estructura existente.

Cualificaranse como iniciativas locais de emprego (ILES) os proxectos empresariais innovadores que reúnan os requisitos establecidos no punto 1

E cualificaranse como iniciativas de emprego rural (IER), aqueles proxectos empresariais innovadores nos que, ademais de reuni-los ditos requisitos, concorran as seguintes características: estar integrados nun plan de actuación conxunto elaborado por un departamento sectorial da Xunta de Galicia e esta Consellería, dirixido a dinamizar e consolidar o emprego e a actividade económica no medio rural galego, e apoiados polo departamento sectorial correspondente.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Memoria explicativa do proxecto empresarial.

  • Certificación da administración Pública colaboradora.

  • Informe razoado e documentado da administración colaboradora sobre a viabilidade do proxecto.

Prazo de resolución: Un mes

Sentido do silencio: Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 31 de xullo de 2015 pola que se adaptan e se incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 146 do 4 de agosto de 2015).

    • Decreto 9/2000, do 12 de xaneiro, polo que se regulan as iniciativas de emprego e as súas clases, así como o procedemento para a súa cualificación e inscrición rexistral (DOG nº 18 do 27 de xaneiro de 2000).

    • Corrección de erros.-Decreto 9/2000, do 12 de xaneiro, polo que se regulan as iniciativas de emprego e as súas clases, así como o procedemento para a súa cualificación e inscrición rexistral (DOG nº 24 do 4 de febreiro de 2000).

Outros procedementos relacionados

TR340D

Cualificación de iniciativa de emprego de base tecnolóxica (IEBT).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR340E

Incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica-IEBT.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 21/04/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59

TR341D

Promoción do emprego autónomo das persoas traballadoras autónomas.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 24/01/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59

TR341E

Programa de axudas á creación de postos de traballo estables para persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 30/05/2025 00:00 - 30/06/2025 23:59