Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR332C
Programa de axudas á contratación en Organismos Intermedios
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Empresas e profesionais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións a organismos intermedios (asociacións empresariais sectoriais ou multisectoriais, clústeres empresariais e consellos reguladores) para a contratación por conta allea de persoas técnicas superiores e profesionais especialistas que no momento da súa contratación sexan persoas desempregadas, durante un período de 8 meses, para facilitar ás pemes e micropemes un asesoramento específico en materias relacionadas con necesidades xurdidas ao fío do escenario socioeconómico do COVID-19.
Actividades subvencionables
1. Segundo a Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020, e ao abeiro desta convocatoria, subvencionaranse as contratacións de persoal por conta allea para o desenvolvemento de tarefas de asesoramento por parte dos organismos intermedios ás pemes e micropemes nas seguintes materias:
– Asesoramento en captación de financiamento e xestión financeira da empresa.
– Relanzamento comercial.
– Transformación dixital da empresa e asesoramento tecnolóxico.
– Prevención de riscos laborais.
– Plans de continxencia na produción e na cadea loxística.
– Apoio na implementación de proxectos e ferramentas de teletraballo.
– Apoio nos procesos de contratación de persoal (procesos de selección).
– Outras materias de natureza análoga ás anteriores.
2. Serán subvencionables as contratacións que se formalicen con posterioridade á notificación da resolución de concesión da subvención e con data límite do 30 de setembro de 2020.
Poderán ser beneficiarios de estas axudas os organismos intermedios, entendendo por tales:
– Asociacións empresariais sectoriais ou intersectoriais, e de carácter tecnolóxico.
– Consellos reguladores de denominacións de orixe protexidas, de indicacións xeográficas protexidas e de agricultura ecolóxica.
– Agrupacións industriais empresariais (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro e domiciliados en Galicia) que representen un colectivo de empresas galegas.
– Clústeres empresariais.
– Asociacións de persoas autónomas.
Obrigas das entidades beneficiarias e seguimento das actividades subvencionadas
1. As entidades beneficiarias, ademais das establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, deberán cumprir as seguintes obrigas:
a) Aceptación da subvención no prazo de 10 días, de conformidade co disposto no artigo 21.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Transcorrido o citado prazo sen que se produza manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.
b) Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención.
c) En relación coas persoas que se van contratar:
– Seleccionar e contratar as persoas que vaian a desenvolver as citadas tarefas de asesoramento a pemes e micropemes en materias relacionadas con necesidades xurdidas ao fío do escenario socioeconómico do COVID-19.
– Integralas nos seus cadros de persoal durante o período de duración do contrato incentivado ao abeiro desta subvención.
– Asegurar unha contorna laboral de acordo coa normativa en materia de prevención de riscos laborais, contratación e outras aplicables.
– Colaborar coa Secretaría Xeral de Emprego nas actividades que, de ser o caso, organice, dirixidas ao persoal contratado mediante este incentivo
– Aboarlles ás persoas contratadas os salarios que legal ou convencionalmente lles correspondan e sexan acordes coa súa cualificación profesional e titulación.
d) Satisfacer con carácter mensual e mediante transferencia bancaria as obrigas económicas que deriven do funcionamento dos contratos subvencionados, especialmente as de carácter salarial.
e) Facilitar a información necesaria relativa ao desenvolvemento da actividade que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de produtividade e resultados enumerados no artigo 5 do Regulamento (UE) 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo ao Fondo Social Europeo. Os indicadores de produtividade relativos á persoa solicitante refírense á data inmediatamente anterior ao inicio da vinculación do participante coas actuacións subvencionadas, mentres que os indicadores de resultado inmediato deberán referirse ao período comprendido entre o día posterior á finalización da súa vinculación coa operación e as catro semanas seguintes, no período de xustificación da correspondente subvención. Así mesmo, a Administración poderá requirir novos datos no prazo de seis meses desde que finalice a vinculación do participante coa actividade financiada, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento. Para estes efectos, seralles facilitado ás entidades beneficiarias o acceso á aplicación Participa1420.
f) Aceptar, observar e someterse ás medidas de control e seguimento establecidas no número 2 do presente artigo.
g) Cumprir coas medidas de comunicación e información establecidas no anexo XII do Regulamento (UE) 1303/2013, do 17 de decembro, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046. En particular, as accións de información e comunicación contarán co emblema da Unión Europea e a referencia ao Fondo Social Europeo, e nos lugares de realización da actuación informarase do apoio dos fondos a través dun cartel dun tamaño mínimo de A3 nun lugar destacado e visible. Tamén se informará na páxina web, no caso de dispor dela, sobre o proxecto e a axuda financeira recibida da Unión Europea e sobre os obxectivos e resultados da operación financiada.
h) Comunicarlle á Consellería de Economía, Emprego e Industria, nun prazo de 10 días desde que se produzan, aquelas modificacións substantivas que afecten a realización da actividade que vaian desenvolver as persoas contratadas, co obxecto de que poidan valorar se o seu carácter produce unha alteración substancial das condicións tidas en conta para a concesión da subvención.
i) Comunicarlle á Consellería de Economía, Emprego e Industria a obtención doutras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou ente público estatal ou internacional.
2. Co fin de efectuar un seguimento adecuado da execución das actividades subvencionadas por medio da presente orde, a entidade beneficiaria deberá aceptar, observar e someterse ao cumprimento das seguintes obrigas de control e seguimento:
a) Manter unha pista de auditoría suficiente, manter de forma separada na contabilidade o ingreso da axuda percibida e conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, durante os tres anos seguintes á certificación dos gastos á Comisión Europea, de conformidade co artigo 140.1 do Regulamento (UE) 1303/2013, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control. O comezo dese prazo será oportunamente comunicado pola Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos.
b) Someterse ás actuacións de comprobación e control que poidan efectuar a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Inspección de Traballo e Seguridade Social, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.
c) Someterse ás actuacións de comprobación sobre o terreo que, con base nunha mostraxe estatística e/ou segundo criterios baseados no risco, realice o persoal técnico da Secretaria Xeral de Emprego, así como someterse ás actuacións de control, comprobación e inspección que efectuará a Consellería de Economía, Emprego e Industria, ás verificacións que poidan realizar os organismos implicados na xestión ou seguimento do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, que incorporarán as correspondentes visitas sobre o terreo, ás de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ou a outros órganos da Administración do Estado ou da Unión Europea, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Subdirección Xeral de Emprego
Servizo de Emprego por Conta Allea
Ed. Administrativo San Lázaro, s/n
Teléfono: 981544610
Email: contaallea.emprego@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
10/07/2020 00:00 - 10/08/2020 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non hai día equivalente, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Non poderán ter a condición de beneficiarias das subvencións establecidas nesta orde as persoas ou entidades nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.
Para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Estes formularios só terán validez se están debidamente asinados por quen represente legalmente a entidade correspondente ou persoa debidamente acreditada.
2. As entidades solicitantes deberán presentar unha única solicitude.
Documentación necesaria para tramitar o procedemento
1. As entidades interesadas deberán achegar xunto coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
– Acreditación da persoa que asina a solicitude, en nome e representación da entidade, mediante a correspondente documentación de apoderamento, resolución, mandato, certificado ou acta onde se determine a dita representación.
– Acta e estatutos de constitución, con acreditación da súa inscrición no rexistro correspondente e modificacións posteriores destes e acreditación da representación con que se actúa, no caso de entidades non rexistradas no Rexistro Mercantil.
– Perfil ou perfís da(s) persoa(s) que se van contratar (grupo de cotización, tipo de contrato e titulación), así como das condicións da súa contratación, en función dos criterios establecidos no artigo 18, e segundo o modelo establecido no anexo (II).
2. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente.
Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
– NIF da entidade solicitante.
– DNI ou NIE da persoa representante.
– Certificado da entidade solicitante de estar ao día das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración tributaria.
– Certificado da entidade solicitante de estar ao día das súas obrigas coa Seguridade Social.
– Certificado da entidade solicitante de estar ao día das súas obrigas coa Administración tributaria da Comunidade Autónoma de Galicia.
– Informe da vida laboral da persoa traballadora contratada.
– Certificado de inscrición no Servizo Público de Emprego da persoa traballadora contratada.
– Contrato laboral da persoa traballadora.
– DNI ou NIE da persoa traballadora.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo I), ou de comprobación de datos (anexo III) e achegar os ditos documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
4. Ao estar esta subvención financiada polo PO FSE Galicia 2014-2020, autorízase a Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos para consultar a información da Administración pública competente relativa ao cumprimento do mantemento da contratación que se subvenciona.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/portada.
- Fase de solicitude
- Perfil ou ferfís das persoas a contratar (Anexo II)
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase xustificación
- Comprobación de datos da persoa traballadora contratada (Anexo III)
- Declaración expresa doutras axudas solicitadas ou concedidas (Anexo V)
- Indicadores comúns de productividade sobre participantes (Anexo)
- Indicadores comúns de resultado a longo prazo sobre participantes (Anexo)
- Indicadores comúns de resultado inmediato sobre participantes (Anexo)
- Indicadores comúns de productividade de entidades (Anexo)
- Información ás persoas traballadoras (Anexo IV)
- Cartel
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 6 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a contratación de técnicos e técnicas especialistas en organismos intermedios para o asesoramento a empresas en situacións conxunturais provocadas polo escenario económico do COVID-19, financiadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (DOG nº 136 do 9 de xullo de 2020).
-
Extracto da Orde do 6 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a contratación de técnicos e técnicas especialistas en organismos intermedios para o asesoramento a empresas en situacións conxunturais provocadas polo escenario económico do COVID-19, financiadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (DOG nº 136 do 9 de xullo de 2020).
-
Resolución do 25 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 6 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas para a contratación de técnicos e técnicas especialistas en organismos intermedios para o asesoramento a empresas en situacións conxunturais provocadas polo escenario económico da COVID-19, financiadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (DOG nº 212 do 4 de novembro de 2021).
-
Outros procedementos relacionados
Remisión da declaración responsable para o inicio da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)
Aberto todo o ano
Remisión da documentación necesaria para o recoñecemento oficial da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)
Aberto todo o ano
Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027
Prazo aberto: 21/01/2025 09:00 - 17/11/2025 14:00
Rexistro de entidades recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial.
Aberto todo o ano