Guía de procedementos e servizos

TR332B

Subvencións a entidades colaboradoras para a posta en práctica en Galicia de Lanzadeiras de emprego en Galicia.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2016 - Prazo pechado: 02/08/2016 00:00 - 01/09/2016 23:59
1. As subvencións reguladas na presente orde terán por obxecto o financiamento de programas de emprego dirixidos á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego mediante a posta en marcha de Lanzadeiras de emprego de Galicia no ámbito da Comunidade Autónoma e durante un período de 12 meses, facilitándolles ás ditas persoas os recursos e ferramentas que melloren a súa empregabilidade, as activen laboralmente e lles proporcionen competencias transversais que incrementen as súas posibilidades de inserción laboral.

2. Enténdese por lanzadeiras de emprego aqueles proxectos con intermediación laboral que combinen accións de diferente natureza, tales como:

a) Información, orientación e asesoramento.

b) Formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas.

c) Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea.

d) Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.

e) Fomento da capacidade emprendedora.

f) Prospección empresarial.

g) Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.

h) Formación para o emprego, distinta á prevista na letra b).

i) Prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, de ser o caso, co contido teórico práctico das accións formativas.

l) Mobilidade laboral.

m) Todas aquelas accións dirixidas a incrementar as posibilidades de inserción laboral das persoas demandantes de emprego.

Nestes programas incluiranse de xeito obrigatorio accións de carácter formativo e de intermediación laboral e estableceranse obxectivos cuantitativos de inserción laboral das persoas demandantes de emprego participantes neles.

Poderán ser beneficiarias das subvencións para o desenvolvemento das Lanzadeiras de emprego reguladas nesta orde as entidades con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro.

Todas elas deberán acreditar experiencia na realización de accións dirixidas ao acompañamento ás persoas en situación de desemprego en procesos de inserción laboral por conta allea ou propia.

Non poderán ser entidades beneficiarias aquelas en que concorra algunha das causas expresadas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego

Subdirección Xeral do Servicio Público de Emprego de Galicia

Edificios Admvos. San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545945/ 881999629

Subdirección Xeral do Servicio Público de Emprego de Galicia

Prazo de presentación: PECHADO

02/08/2016 00:00 - 01/09/2016 23:59

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

1. Todas as persoas participantes neste tipo de programas deberán ser persoas en situación de desemprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.

O número mínimo de persoas que se van atender será de 60 e o máximo de 120. O obxectivo de inserción laboral deberá ser, polo menos, do 30 % das persoas demandantes de emprego atendidas durante o desenvolvemento do programa.

2. O Servizo Público de Emprego de Galicia seleccionará, coa participación da entidade beneficiaria, e mediante un procedemento de selección específico para estes programas regulado mediante instrución, as persoas demandantes de emprego dispoñibles para a súa incorporación a eles tendo en conta que non poderán ser seleccionadas aquelas persoas que xa participasen nun programa integrado de emprego ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2014 (convocatoria 2015-2016) ou que participen ou participasen nun programa integrado de emprego ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2015 (convocatoria 2016-2017).

As persoas finalmente seleccionadas serán identificadas polo Servizo Público de Emprego de Galicia e non poderán participar noutras medidas activas de emprego que se consideren incompatibles coa participación no programa Lanzadeiras de emprego.

3. Con carácter xeral, consideraranse persoas atendidas aquelas en que se acredite a súa participación en, cando menos, cinco sesións individuais e outras tres accións de distinta natureza, das previstas no proxecto. As ditas sesións deberán ser distribuídas regularmente ao longo do período de desenvolvemento das accións do programa.

4. De xeito xenérico, considerarase inserción laboral das persoas atendidas cando, durante o prazo de 12 meses de execución do programa, sexan contratadas por conta allea por unha duración non inferior a tres meses ou inicien, durante este mesmo prazo ou dentro dos tres meses inmediatamente posteriores, unha actividade por conta propia ou formando parte como socios traballadores ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral, por unha duración non inferior a seis meses.

5. Non computarán como inserción laboral:

a) As contratacións que se produzan en calquera Administración pública ou empresa pública con cargo a subvencións de programas de políticas activas de emprego.

b) A contratación das persoas participantes nos programas da propia entidade beneficiaria da subvención.

  • Xunto co formulario de solicitude, deberá anexarse a seguinte documentación:

    a) Memoria explicativa do proxecto, no modelo que se publica como anexo II, e que deberá facer referencia, de xeito obrigatorio, aos seguintes aspectos:

    Descrición do proxecto, que inclúa unha enumeración detallada de cada unha das accións que o compoñen e atenda aos distintos tipos de programas onde se enmarcan as ditas accións.

    Cronograma completo do proxecto indicando a data de inicio e fin prevista de cada unha das accións propostas.

    Actividades, sectores e ámbito territorial en que se pretende actuar. Para o caso de que o programa inclúa a atención de colectivos procedentes de expedientes de regulación de emprego de carácter extintivo, deberán detallarse a/as empresas afectadas e a forma de selección e perfil do colectivo a atender.

    Relación actual de medios materiais e recursos humanos propios de que dispón o solicitante en que se especifiquen as condicións daqueles, o seu historial formativo e laboral e as súas capacidades, con indicación dos que se van afectar para levar a cabo as accións propostas.

    Cando os medios materiais destinados ao proxecto non sexan propiedade da entidade promotora, deberá acreditarse, no momento de formalizar a solicitude, a súa disposición de uso.

    Experiencia da entidade solicitante en actuacións de acompañamento da inserción laboral e mellora da ocupabilidade das persoas demandantes de emprego.

    b) Documentación acreditativa da personalidade xurídica da entidade solicitante (acta de constitución e estatutos).

    c) Acreditación do apoderamento suficiente e subsistente da persoa que actúe en nome e representación da entidade solicitante.

    d) Copia do NIF da entidade solicitante no caso de que se denegue expresamente a súa consulta.

    3. A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica por parte da persoa solicitante ou representante supere o tamaño límite establecido pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

    4. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    5. O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se este último día e inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houbese día equivalente, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 18 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a posta en práctica de Lanzadeiras de emprego de Galicia durante os anos 2016-2017. (DOG nº 144 do 1 de agosto de 2016).

Outros procedementos relacionados

TR330A

Recoñecemento da condición de entidade colaboradora do Servizo Público de Emprego de Galicia en captación de ofertas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR802J

Axudas para o fomento do emprendemento en economía social. Programa II: Fomento do acceso á condición de persoa socia.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 17/02/2025 00:00 - 16/09/2025 23:59

TR803B

Desprazamento de persoas traballadoras no marco dunha prestacion de servizos transnacional.

Aberto todo o ano

AP100A

Integración como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 09/05/2023 00:00 - 30/05/2023 23:59