Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR331A
Subvencións a entidades para a contratación de persoal técnico de orientación laboral.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Cidadáns, Empresas e profesionais, Entidades locais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Esta orde ten por finalidade o establecemento das bases reguladoras, así como a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas e subvencións ás entidades que presten servizos de orientación laboral para o emprego e asistencia para o autoemprego, articulados en itinerarios personalizados para o emprego e dirixidos a mellorar as posibilidades de ocupación das persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, a través da contratación de persoal técnico de orientación laboral, no ámbito da colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria coas entidades locais e entidades sen ánimo de lucro, como instrumento para promover a configuración dunha rede especializada na mellora da empregabilidade e ocupabilidade das persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.
a) As entidades locais, a excepción das entidades de ámbito territorial provincial, ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a unha das anteriores, cuxa titularidade corresponda integramente a esta, sempre que por si soas ou asociadas entre concellos limítrofes, teñan unha media de paro rexistrado no ano 2017 superior a 350 persoas ou formen parte dunha agrupación que comprenda, cando menos, tres concellos limítrofes galegos (ou dous no caso de que un deles proceda da fusión de concellos).
Neste caso, un mesmo concello non poderá presentar solicitude por si só e en agrupación a través de convenio de colaboración.
b) As confederacións e asociacións empresariais e sindicais de Galicia, e as fundacións dependentes das anteriores con experiencia na realización de accións de información e orientación laboral.
c) As entidades sen ánimo de lucro especializadas en atención a persoas con discapacidade ou en situación de exclusión social, que realicen accións de orientación laboral de acordo co previsto nestas bases reguladoras e sempre que estean constituídas como centros colaboradores especiais de orientación e consten como tales na relación de entidades colaboradoras do Servizo Público de Emprego de Galicia, así como aquelas entidades que, non tendo a dita consideración como centro especial de orientación, teñan por obxecto a atención a un colectivo cuantificable e significativo de persoas con discapacidade ou en situación de exclusión social, e xustifiquen a existencia do dito colectivo.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego
Subdirección Xeral do Servicio Público de Emprego de Galicia
Servizo de Orientación Laboral
Edificios Admvos. San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545292
Fax: 981545765
Prazo de presentación: PECHADO
09/02/2018 00:00 - 08/03/2018 23:59
Un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non hai día equivalente, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.
a) Dispoñer de locais con despacho ou despachos axeitados para a atención individual ás persoas demandantes de emprego e que reúnan as condicións de accesibilidade e calidade necesarias para o correcto desenvolvemento das actividades descritas no artigo 3 desta orde.
b) Estar en condicións de habilitar unha conta de correo electrónico que actúe como caixa de correo do servizo (polo que na súa denominación deberá constar, necesariamente, o termo «orientación» e a denominación da entidade), para os efectos de realizar as comunicacións electrónicas coa entidade.
c) Dispoñer dos medios técnicos e materiais para habilitar unha conexión coa rede corporativa da Xunta de Galicia vía internet. O hardware de comunicación que posibilite a conexión á rede Ccorporativa da Xunta de Galicia terá que cumprir os estándares definidos polo organismo xestor da dita rede.
d) Dispoñer dun ordenador persoal con protocolo TCP/IP. A conexión do ordenador á rede corporativa da Xunta de Galicia deberá ser exclusiva. Unha vez establecida esta, non se poderá acceder a el a través doutras canles de comunicación por elementos situados en redes alleas á propia entidade. A entidade, para o seu acceso vía internet deberá dispor dunha IP fixa. Tanto o software de base instalado como as características do hardware da estación de traballo deberán posibilitar o correcto funcionamento da aplicación informática cliente do Servizo Público de Emprego de Galicia.
e) Dispoñer de acceso á internet e correo electrónico e aplicar medidas de seguridade de nivel medio no tratamento da información de carácter persoal; as entidades que teñan acceso a datos de nivel alto deberán contar coas medidas de seguridade acordes á información que tratan. Ademais, deberase contar con software antivirus debidamente actualizado e con mantemento periódico en todas as estacións de traballo que teñan acceso á rede corporativa da Xunta de Galicia.
Non poderán obter a condición de beneficiarias as entidades que incorran nalgunha das prohibicións que establece o artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Xunto co formulario de solicitude (anexo I), deberá achegarse a seguinte documentación:
a) Anexo II, en que se recollen as accións e medidas realizadas pola entidade con relevancia para a aplicación dos criterios de valoración establecidos no artigo 11.3.
b) Anexo III, só no caso de solicitar mantemento de servizos.
As entidades que en 31 de decembro de 2017 tivesen vixentes servizos de orientación subvencionados e estes finalicen antes da resolución desta orde de convocatoria, poderán solicitar o mantemento provisional dos citados servizos mentres a presente convocatoria non se resolva, que se considerará solicitado mediante a presentación da ficha que figura como anexo III desta orde, en que se recollerá cada un dos postos cuxo mantemento se pretenda.
Os servizos autorizaraos provisionalmente o Servizo de Orientación Laboral e non poderán exceder os vixentes na data citada nin os que se soliciten con cargo a esta convocatoria.
Esta autorización provisional non xerará dereitos de cara á resolución desta convocatoria de axudas, polo que se a entidade non resulta beneficiaria delas, en todo ou en parte dos servizos solicitados, entenderase revogada a autorización para o seu desempeño e non se xerarán dereitos económicos polos servizos prestados durante o tempo transcorrido desde a data de finalización do período subvencionado anterior.
c) Documentación acreditativa de representación legal para asinar a solicitude, mediante a correspondente documentación de apoderamento, resolucións, mandato, certificado expedido polo/a secretario/a ou acta onde se determine a dita representación.
d) Só para o caso das entidades previstas no artigo 2.1 b) e c) desta orde, documento constitutivo e dos estatutos da entidade, onde conste que dispón de personalidade xurídica e carece de fins lucrativos.
e) Para o caso de agrupacións de concellos baixo calquera modalidade: convenio de colaboración e memoria explicativa, se é o caso, da prestación conxunta do servizo de orientación laboral, con indicación das achegas económicas ou doutra índole dos concellos agrupados, o importe da subvención que se vai aplicar a cada un deles, así como o nomeamento da persoa representante ou apoderada única da agrupación, de acordo co exixido no artigo 8.3 in fine da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Documentación que deberá comprobar o Servizo de Orientación Laboral.
Os documentos que se relacionan a seguir serán obxecto de consulta electrónica automatizada. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán achegar os mencionados documentos:
NIF da entidade solicitante.
DNI/NIE da persoa representante.
Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa AEAT.
Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas coa Seguridade Social.
Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Atriga.
Non será precisa a presentación e comprobación dos correspondentes certificados no caso de que a entidade opte por asinar a declaración responsable que ao respecto se contén no anexo I da orde.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Forma parte de cada solicitude a declaración responsable que se contén nela e que fai constar os aspectos seguintes:
a) O cumprimento dos requisitos establecidos para obter a condición de entidade beneficiaria, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, incluído o de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma.
b) O cumprimento dos requisitos exixidos no artigo 2.2 desta orde.
c) O conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes.
d) A veracidade da documentación presentada xunto coa solicitude, así como aquela que a entidade solicitante se obriga a presentar ante a Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, logo de petición, e a documentación acreditativa dos puntos a que se refire a presente declaración responsable.
A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto nos artigos 28.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
No caso de que algún dos documentos que vaia presentar de forma electrónica a persoa solicitante ou representante supere os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada.
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 19 de xaneiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de orientación laboral no exercicio 2018 (DOG nº 28 do 8 de febreiro de 2018).
-
Extracto da Orde do 19 de xaneiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de orientación laboral no exercicio 2018 (DOG nº 28 do 8 de febreiro de 2018).
-
Corección de erros. Orde do 19 de xaneiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de orientación laboral no exercicio 2018 (DOG nº 30 do 12 de febreiro de 2018).
-
Resolución do 20 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 19 de xaneiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de orientación laboral no exercicio 2018 (Diario Oficial de Galicia número 28, do 8 de febreiro) (DOG nº 189 do 3 de outubro de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Remisión da declaración responsable para o inicio da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)
Aberto todo o ano
Remisión da documentación necesaria para o recoñecemento oficial da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)
Aberto todo o ano
Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027
Prazo aberto: 21/01/2025 09:00 - 17/11/2025 14:00
Declaración de concello emprendedor.
Aberto todo o ano