Guía de procedementos e servizos

TR320B

Participación no programa Responsabilízate.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2018 - Prazo pechado: 14/02/2018 00:00 - 07/09/2018 23:59

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

É obxecto da presente resolución establecer os requisitos do proceso de selección das empresas ou entidades ás que se prestarán os servizos do programa Responsabilízate, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2018 (TR320B).

Servizos aos que optarán as empresas beneficiarias do Programa.

1º. Unha diagnose ou análise do estado e potencial da Responsabilidade Social Empresarial (RSE). Para esta diagnose e análise, utilizarase a plataforma software XUNTA PRO-RSE e consistirá en analizar a situación da empresa seleccionada desde o punto de vista da RSE.

2º. Un programa de formación, no que se tratarán aspectos referidos á sensibilización, grupos de interese e ferramentas de xestión existentes no contexto da RSE.

3º. Plan de implantación: a cada empresa participante, unha vez realizados e superados os servizos anteriores e que expresamente manifeste continuar no Programa, elaboraráselle un Plan de RSE específico que finalizará coa implantación das primeiras accións do dito plan.

Poderán ser beneficiarias do programa Responsabilízate as pequenas e medianas empresas (pemes), así como as persoas traballadoras autónomas, que teñan radicado o seu domicilio social ou que conten con algún centro de traballo en Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Subdirección Xeral de Relacións Laborais

Servizo de Relacións Laborais, Seguridade e Saúde Laboral

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957744/ 981544615

Fax: 981957751

Email: secretaria-xeral.emprego@xunta.gal

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Prazo de presentación: PECHADO

14/02/2018 00:00 - 07/09/2018 23:59

Unha vez cuberto o número de prazas máximo comunícase que hoxe venres 7 de setembro de 2018 péchase a inscrición para participar no programa Responsabilízate, tal e como establece o artigo 4 da Resolución do 1 de febreiro de 2018 (publicada no DOG n.º 31 do 13 de febreiro de 2018), da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se lle dá publicidade ás bases reguladoras e á convocatoria para a selección de pequenas e medianas empresas e persoas traballadoras autónomas ás que se prestarán servizos do programa Responsabilízate (2ª edición).

De acordo co artigo 11 da citada Resolución a admisión será comunicada ás empresas e a listaxe das mesmas farase pública, mediante resolución na páxina web https://rse.xunta.gal

a) Ter, cando menos, unha persoa traballadora por conta allea.

b) Que non superen os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou o seu balance anual sexa inferior a 43 millóns de euros.

c) Non seren entidades sen ánimo de lucro.

  • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

    • Copia da escritura de constitución, estatutos ou documentos análogos da empresa solicitante, que acrediten o seu domicilio social e a potestade da persoa que actúa e que asina a solicitude.

Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente sempre que a persoa interesada expresase o seu consentimento para que sexan consultados ou obtidos eses documentos. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) O DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante da empresa solicitante.

  • b) O NIF da empresa solicitante.

  • c) Vida laboral de todos os códigos de conta cotización da empresa solicitante dos 30 días inmediatamente anteriores á data da presentación da solicitude.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado incluído como anexo I desta resolución e dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

As persoas traballadoras autónomas, que exercen unha actividade económica, teñen a suficiente capacidade económica e técnica para poder relacionarse coas administracións públicas de xeito telemático; ademais, considérase que a presentación electrónica suporá un importante aforro de tempo e recursos materiais, tanto para a persoa solicitante como para a propia Administración.

Polo tanto, no caso de solicitantes que sexan persoas físicas (persoas traballadoras autónomas), e conforme o artigo 31 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación e o artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as solicitudes tamén se presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

  • A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

Prazo de resolución: Un mes a partir de que se peche a inscrición.

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 1 de febreiro de 2018 pola que se lle dá publicidade ás bases reguladoras e á convocatoria para a selección de pequenas e medianas empresas e persoas traballadoras autónomas ás que se prestarán servizos do programa Responsabilízate (2ª edición) (DOG nº 31 do 13 de febreiro de 2018).

    • Pechado o prazo de solicitudes para participar no programa Responsabilízate.

Outros procedementos relacionados

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS212B

Axudas para a continuidade das casas do maior.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 28/12/2024 00:00 - 27/01/2025 23:59

TR320A

Premios RSE Galicia.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 06/10/2022 00:00 - 05/12/2022 23:59