Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR301R
Autorización para a impartición de accións formativas non financiadas con fondos públicos conducentes á obtención de certificados de profesionalidade.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Regular, no ámbito da formación profesional para o emprego, o procedemento de autorización para a impartición de accións formativas non financiadas por fondos públicos, conducentes á obtención de certificados de profesionalidade, para a formación das persoas traballadoras ocupadas e desempregadas, desenvolvidas por empresas e centros de formación debidamente acreditados polo órgano competente.
Empresas e centros de formación acreditados polo órgano competente de conformidade coa normativa vixente.
Son obrigas das empresas e centros de formación autorizados:
1. Realizar as accións solicitadas segundo o previsto nesta orde e na resolución de autorización, así como nos reais decretos reguladores de cada certificado, no Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, e na Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro.
2. Remitir á Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar correspondente á provincia na cal estea a empresa ou centro autorizado, con quince días de antelación ao inicio da acción formativa:
a) As datas de inicio e finalización de cada acción formativa.
b) A relación do alumnado participante, con indicación do que vai realizar o módulo de formación práctica en centros de traballo (detallando empresas e datas de realización), así como do alumnado que se atopa exento da súa realización.
c) A documentación xustificativa da acreditación requirida polos formadores/as e
titores/as-formadores/as intervenientes na acción formativa.
d) Acta asinada pola persoa representante legal da entidade autorizada, na que, unha vez realizado o proceso de selección, se incluirá a manifestación expresa de que os/as candidatos/as seleccionados/as cumpren os requisitos para cursar con aproveitamento a formación nos termos previstos no artigo 20 do Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, e na normativa autonómica de aplicación.
e) O programa formativo en formato normalizado, co desenvolvemento de cada un dos módulos formativos que comprenda a acción formativa que se vai impartir, a duración e os equipamentos necesarios.
f) A planificación do proceso da avaliación, con indicación das datas de realización das probas finais, cando proceda, dos instrumentos que se van utilizar, dos espazos destinados ás probas e da duración destas.
g) O convenio ou acordo entre os centros formativos e os centros de traballo para a realización do módulo de formación práctica en centros de traballo.
h) A documentación acreditativa da existencia dunha póliza de seguro para a realización da acción formativa e do módulo de formación práctica en centros de traballo.
3. Comunicar mensualmente á Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar correspondente o control de asistencia mensual que conteña a sinatura diaria do alumnado asistente, as baixas e altas do alumnado e as datas en que se producen, así como calquera circunstancia que puidese ter incidencia sobre o desenvolvemento da acción formativa. Para os ditos efectos utilizarase a aplicación informática que lles facilitará a Dirección Xeral de Emprego e Formación.
4. Facilitarlle á Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar correspondente as tarefas de seguimento e control.
5. Someterse ás actuacións de supervisión e control que, en calquera momento, poidan acordar os servizos competentes da Consellería de Traballo e Benestar, así como a todas aquelas actuacións de avaliación, seguimento e control exixidas polo Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, polos reais decretos polos que se establecen certificados de profesionalidade ditados na súa aplicación, e pola Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro.
6. Cando se imparta o módulo de prácticas non laborais en centros de traballo, comunicar aos/ás representantes legais dos/as traballadores/as dos centros laborais nos cal se desenvolvan as prácticas, así como á Inspección de Traballo, a relación de alumnos/as participantes neste programa, a duración deste, e o seu programa formativo.
7. Remitir á Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar correspondente, nun prazo non superior a tres meses desde a finalización a acción formativa, a documentación relativa ao proceso de avaliación e os cuestionarios de avaliación da calidade das accións formativas. Para tal efecto, presentaranse as actas de avaliacion asinadas polo/a representante do centro colaborador e o/a titor/a do grupo e os documentos onde se reflicten os seus resultados, co contido previsto no artigo 14 do Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro.
8. Verificar que todo o persoal docente, participante na formación, reúna as prescricións sobre formación e experiencia profesional e competencia docente exixidas por cada certificado, segundo o establecido nos respectivos reais decretos.
9. Avaliar o alumnado por módulos formativos, de forma sistemática e continua, co obxecto de comprobar os resultados de aprendizaxe e, en consecuencia, a adquisición das competencias profesionais, segundo o establecido nos reais decretos polos que se regulan os certificados de profesionalidade e no capítulo I do título III da Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro.
10. Desenvolver a formación aquí recollida con medios económicos suficientes para o seu desenvolvemento, sen que en ningún caso a Consellería de Traballo e Benestar adquira ningún compromiso ou responsabilidade económica derivada do desenvolvemento e/ou xestión desta.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego
Subdirección Xeral de Formación para o Emprego
Servizo de Planificación da Formación para o Emprego
Edificios Admvos. San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545640
Fax: 981544604
Prazo de presentación: PECHADO
Esta orde entrará en vigor ao día seguinte ao da súa publicación no DOG. As empresas e centros de formación interesados, presentarán as solicitudes cunha antelación non inferior a tres meses á data de inicio prevista da acción formativa.
Para a impartición das accións formativas desenvolvidas ao abeiro desta orde, as empresas e centros de formación non poderán utilizar a acreditación provisional recollida no artigo 3.4 do Decreto 106/2011, do 19 de maio, polo que se crea o Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar e se regula o procedemento para a inscrición e, se ó caso, acreditación dos centros e entidades que impartan formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
A acción formativa desenvolvida debe incluír, como mínimo, un módulo formativo dunha especialidade asociada a un certificado de profesionalidade. Se se ofrecese a totalidade da especialidade formativa asociada a un certificado de profesionalidade, hase de ofertar, obrigatoriamente, o módulo de prácticas non laborais. En todo caso, a formación deberá adecuarse á normativa reguladora dos certificados de profesionalidade.
Solicitude normalizada segundo o Anexo I desta orde.
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
Alternativamente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel. Estas solicitudes deberanse dirixir á Dirección Xeral de Emprego e Formación e presentaranse no rexistro da Consellería de Traballo e Benestar ou en calquera das formas establecidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario.
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Positivo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 30 de xaneiro de 2014 pola que regula o procedemento de autorización para a impartición de accións formativas non financiadas por fondos públicos, conducentes á obtención de certificados de profesionalidade (DOG nº 26 do 7 de febreiro de 2014).
-
Orde do 5 de maio de 2020 pola que se autoriza e se dá publicidade dunha relación de procedementos que, por razóns motivadas, deben continuar coa súa tramitación durante a vixencia do estado de alarma. (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).
-
Outros procedementos relacionados
Integración como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.
Prazo aberto: 10/06/2025 00:00 - 30/06/2025 23:59
Atorización e rexistro de entidades que imparten cursos de formación en materia de benestar animal.
Aberto todo o ano
Inscrición/acreditación de centros de formación para o emprego.
Aberto todo o ano
Mantemento da inscrición / acreditación por cambio de titularidade dun centro de formación.
Aberto todo o ano