Guía de procedementos e servizos

SI910A

Validación das medidas municipais de conciliación de promoción autonómica.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais, Entidades locais

Aberto todo o ano

Consellería de Política Social e Igualdade

O obxecto deste decreto, sen prexuízo de calquera outra medida que poida ser adoptada polos diferentes departamentos da Administración autonómica no ámbito da súa competencia, o desenvolvemento regulamentario da promoción autonómica das medidas adoptadas polos concellos coa finalidade de facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das persoas traballadoras, co obxectivo final de acadar a corresponsabilidade entre mulleres e homes.

A promoción autonómica de medidas municipais de conciliación da vida persoal, familiar e laboral das persoas traballadoras, dentro do ámbito de desenvolvemento da Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, comprenderá:

a) Os bancos municipais de tempo, os plans de programación do tempo da cidade, e/ou a implantación de calquera outra medida de conciliación, e os plans de conciliación local.

b) O asesoramento autonómico para a elaboración e para a aplicación de medidas municipais de conciliación.

As medidas municipais de conciliación que cumpran os requisitos establecidos neste decreto, e unha vez rexistradas, poderán ser susceptibles de acceder aos seguintes tipos de axudas que establecerá o departamento competente en materia de traballo:

a) Subvencións aos bancos de tempo para contratación de persoal xestor, adquisición e mantemento dos activos mobiliarios, coordinación e cooperación.

b) Contratación de persoal para facilitar o descanso dous días ao mes a persoas con dependentes baixo o seu coidado, entendendo a dependencia segundo o recollido na Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención a persoas en situación de dependencia.

c) Subvencións aos plans de programación do tempo da cidade para cubrir custos sociais do persoal propio, compensación da persoa responsable do plan, gastos das convocatorias da mesa de concertación e fondo de manobra para axudas directas aos suxeitos privados que asumisen compromisos sobre horarios da cidade.

d) Subvencións a outras actuacións que, segundo o establecido neste decreto, poidan ter a consideración de medidas municipais de conciliación.

Poderán ser beneficiarias os concellos, individualmente ou asociados entre eles, con independencia de que a xestión das medidas se realice por si mesmas ou a través doutras entidades públicas ou privadas dependentes ou vinculadas a eles, sempre que estas últimas dispoñan de capacidade técnica e de xestión suficiente para a execución das correspondentes medidas municipais de conciliación.

No caso de que a xestión das medidas se realice a través doutras entidades privadas dependentes ou vinculadas a eles, terán preferencia os concellos que conten coa colaboración de entidades sen ánimo de lucro que radiquen no seu ámbito de desenvolvemento.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Promoción da Igualdade

San Lazaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545351

Fax: 981957690

Email: promocion.igualdade@xunta.es

http://www.mulleresengalicia.es

Dirección Xeral de Promoción da Igualdade

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Os concellos desenvolverán as medidas municipais de conciliación de promoción autonómica, dentro do seu ámbito territorial e na súa área de influencia, cumprindo cos requisitos que a continuación se relacionan:

a) A designación e, de ser o caso, a contratación do persoal de xestión das medidas que se vaian adoptar.

b) A identificación do equipo xestor/coordinador, detallándose a fórmula organizativa.

c) A presentación dun estudo das características do barrio, municipio ou mancomunidade, explicitando os servizos cos que conta, as demandas que se esperan, o tecido asociativo da zona, e cantos outros datos se consideren de interese para efectos da articulación de medidas municipais de conciliación.

d) Compromiso de dispor dun local coa dotación necesaria e os medios adecuados, incluíndo a identificación e situación do local e a súa dotación.

e) Orzamento e compromiso de financiamento dos gastos necesarios.

f) Presentación, de ser o caso, de compromiso de colaboración e cooperación nos termos que acorden asociacións, empresas ou entidades.

g) Relación de actividades que se desenvolverán, enumerándose o tipo de actividades obxecto de intercambio ou ás que se dará resposta desde a medida municipal de conciliación.

h) Presentación dunha memoria de necesidades e unha proposta dos medios que destinarán o concello ou concellos solicitantes.

i) Identificación da forma de contratación e os perfís profesionais, no suposto de que as medidas de conciliación as pretendan levar a cabo o concello ou concellos a través da contratación de persoas externas ao concello ou concellos.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Proxecto-memoria explicativa da medida municipal de conciliación de promoción autonómica que se vaia implantar ou xa implantada, con especificación dos fins, programas, período de actividades, medios técnicos e financeiros, número de persoas participantes e/ou beneficiarias da devandita medida.

  • Relación detallada do persoal, con indicación da dedicación horaria, perfil profesional, formación en materia de xénero e igualdade e adscrición de funcións, con referencia expresa da persoa responsable do desenvolvemento da medida municipal de conciliación.

Prazo de resolución: Seis meses

Sentido do silencio: Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 182/2008, do 31 de xullo, polo que se establece a promoción autonómica das medidas municipais de conciliación e se determinan os requisitos para a súa validación e funcionamento, nos termos establecidos na Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia (DOG nº 167 do 29 de agosto de 2008).

    • Orde do 2 de xullo de 2014 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Presidencia da Xunta de Galicia e da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG nº 132 do 14 de xullo de 2014).

Outros procedementos relacionados

BS103D

Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103E

Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103F

Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS308A

Inclusión no censo de entidades xuvenís.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano