Guía de procedementos e servizos

SI447A

Axudas para a concesión de estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2021 - Prazo pechado: 01/06/2021 00:00 - 30/06/2021 23:59

Consellería de Política Social e Igualdade

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

1. O obxecto desta resolución é establecer as bases que rexerán a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de estadías de tempo libre para mulleres soas, preferentemente vítimas de violencia de xénero, con responsabilidades familiares non compartidas.

Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as devanditas estadías para o ano 2021.

2. A súa finalidade é facilitarlles ás mulleres, preferentemente vítimas de violencia de xénero, que teñan fillas ou fillos menores e/ou menores en acollida, exclusivamente ao seu cargo, un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e no cal poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun espazo de lecer, reforzando o seu vínculo maternofilial nun ambiente de seguridade, respecto e bo trato, como modelo de convivencia.

3. O código de procedemento correspondente a estas axudas é o SI447A.

Número de prazas.

Convócanse ata un máximo de 90 prazas para mulleres con fillas/os menores e/ou menores en acollida, exclusivamente ao seu cargo, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

Duración.

As estadías terán unha duración de entre 7 e 9 días, en réxime de pensión completa, e desenvolveranse preferentemente entre finais do mes de xuño e principios do mes de setembro.

Mulleres soas, preferentemente vítimas de violencia de xénero, con responsabilidades familiares non compartidas.

Obrigas das persoas beneficiarias.

As mulleres beneficiarias, ademais das obrigas previstas no artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, deberán:

1. Aceptar as normas de convivencia e as recomendacións que lles sexan realizadas desde a Secretaría Xeral da Igualdade e polas/polos profesionais que exerzan funcións de coordinación e acompañamento durante o desenvolvemento das estadías.

2. Comunicarlle á Secretaría Xeral da Igualdade a obtención doutros recursos para a mesma finalidade.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Loita Contra a Violencia de Xénero

Subdirección Xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero

Servizo de Planificación e Mellora da Coordinación

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545361

Email: vx.igualdade@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña

Unidade Administrativa de Igualdade da Coruña

Rúa Vicente Ferrer 2

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881091/ 881881092

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo

Unidade Administrativa de Igualdade de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294262/ 982294355

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense

Unidade Administrativa de Igualdade de Ourense

Avda. Habana 79

32004  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386843

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo

Unidade Administrativa de Igualdade de Vigo

Rúa Concepción Arenal 8,1

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817658

Dirección Xeral de Promoción da Igualdade

Prazo de presentación: PECHADO

01/06/2021 00:00 - 30/06/2021 23:59

O prazo para a presentación de solicitudes será de 1 mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da súa publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

1. Poderán solicitar as prazas obxecto desta convocatoria as mulleres que reúnan os seguintes requisitos, na data de presentación da solicitude:

a) Ter fillas ou fillos menores e/ou menores en acollida, exclusivamente ao seu cargo e con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos.

b) Non convivir con parella afectiva.

c) Estar empadroada e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

No caso das mulleres estranxeiras, tamén será necesario ter permiso de residencia e de traballo.

d) Que a media dos ingresos brutos mensuais da solicitante non superen o límite do importe de 1,5 veces o IPREM vixente, nos seis meses anteriores á data de presentación da solicitude.

e) Non padecer ela, nin as fillas/os menores e/ou menores en acollida que a acompañen, unha enfermidade que requira illamento e/ou que impida a normal convivencia.

2. Para asistir ao programa, as mulleres beneficiarias irán acompañadas das súas fillas/os menores e/ou menores en acollida, exclusivamente ao seu cargo e con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos, ambos inclusive, na data de presentación da solicitude.

Solicitude.

1. A solicitude da subvención deberá presentarse no modelo que figura como anexo I desta resolución, debidamente cuberto e asinado pola persoa solicitante.

2. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Copia do libro de familia, certificación expedida polo Rexistro Civil ou calquera outro documento que acredite fidedignamente a relación maternofilial.

b) Informe social, sentenza xudicial de custodia ou calquera outro documento que acredite que as/os fillas/os están exclusivamente ao seu cargo.

c) Nos casos de menores en acollida, a cargo, deberá achegarse copia da resolución xudicial acreditativa da dita situación ou da resolución administrativa acreditativa da dita situación, se non fose expedida pola Xunta de Galicia.

d) Copia da certificación acreditativa da discapacidade da persoa solicitante ou das súas fillas/os menores e/ou menores en acollida, a cargo, cando non fose expedida pola Xunta de Galicia, de ser o caso.

e) Documentación que xustifique os ingresos da solicitante declarados no punto 1 do anexo I.

f) Documentación acreditativa da condición de vítima de violencia de xénero por calquera dos medios previstos no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, de ser o caso.

g) Informe do centro de acollida para vítimas de violencia de xénero dependente da Rede Galega de Acollemento que acredite que a solicitante está a residir nel, de ser o caso.

h) Informe médico do Servizo Galego de Saúde (Sergas), referido tanto ás mulleres como ás súas fillas/os menores e/ou menores en acollida que a vaian acompañar, en que conste que non padecen ningunha enfermidade que requira illamento e/ou impida a normal convivencia.

i) Anexo II relativo á comprobación de datos de terceiras persoas, de ser o caso.

j) Outra documentación.

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que hai que presentar de forma electrónica supera os tamaños máximos establecidos ou ten un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. As solicitantes deberán comunicar á Secretaría Xeral da Igualdade calquera modificación que se produza nos datos indicados na súa solicitude ou en calquera dos documentos que a acompañan. Esta variación comunicarase no momento en que se produza, co fin de axilizar a instrución do procedemento. No caso das prestacións do Servizo Público de Emprego non será preciso achegar a dita documentación agás que se denegue expresamente á Secretaría Xeral da Igualdade a súa consulta.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) Certificado de residencia legal da persoa solicitante estranxeira.

c) Certificado de residencia da persoa solicitante.

Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Resolución administrativa de acollemento familiar emitido pola Xunta de Galicia.

b) Certificado de discapacidade emitido pola Xunta de Galicia da persoa solicitante e/ou das fillas/os menores e/ou menores en acollida, a cargo.

c) Prestacións do Servizo Público de Emprego Estatal (Área de Galicia) da persoa solicitante.

d) Renda de integración social de Galicia (Risga) da persoa solicitante.

e) Inscrición da solicitante como demandante de emprego.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 12 de maio de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca para o ano 2021 o programa de axudas para a concesión das estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas (DOG nº 100 do 31 de maio de 2021).

    • Extracto da Resolución do 12 de maio de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca para o ano 2021 o programa de axudas para a concesión das estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas (DOG nº 100 do 31 de maio de 2021).

Outros procedementos relacionados

BS423A

Título de familia numerosa / Carné familiar.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SI433A

Recoñecemento e acreditación de centros de información á muller.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SI433B

Extinción do recoñecemento e acreditación de centros de información á muller.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SI434A

Prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 21/01/2025 00:00 - 31/12/2025 23:59