Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
SI437C
Medalla Emilia Pardo Bazán.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Política Social e Igualdade
Este decreto ten por obxecto crear e regular a Medalla Emilia Pardo Bazán para outorgar un recoñecemento público ás accións desenvolvidas na Comunidade Autónoma de Galicia que contribuísen e destacasen na defensa da igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes.
Candidaturas.
As candidaturas poderán ser propostas directamente por calquera persoa física ou xurídica, representantes de organismos, entidades, asociacións, así como calquera Administración pública que consideren relevante e oportuno destacar o labor dalgunha persoa, entidade ou institución polo seu traballo a prol da igualdade entre mulleres e homes.
Poderase outorgar este recoñecemento ás persoas maiores de idade, colectivos, entidades ou institucións, tanto públicas como privadas que, coa súa traxectoria ou labor, contribuísen e destacasen no desenvolvemento na Comunidade Autónoma de Galicia de accións relevantes no ámbito da promoción da igualdade entre mulleres e homes.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Promoción da Igualdade
Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade
San Lázaro s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981 957 487
Email: xestion.igualdade@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día 15 de xaneiro e rematará o día 12 de maio de cada ano natural.
As solicitudes, indicando os datos da persoa física, colectivo, entidade ou institución a favor da cal se promove a concesión da medalla, irán dirixidas á Secretaría Xeral da Igualdade da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
A presentación electrónica será obrigatoria para as administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas representantes dunha das anteriores e as persoas empregadas das administracións públicas nos trámites realizados pola súa condición de persoal empregado público.
Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Documentación complementaria.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Memoria ou informe en que se expoñan as causas, motivos e circunstancias, debidamente razoadas e fundamentadas, polas que promove a concesión da medalla á persoa, colectivo, entidade ou institución proposta.
b) Documentos acreditativos dos méritos expostos, que permitan efectuar a correspondente comprobación.
Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada nos parágrafos anteriores. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación dos datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI/NIE da persoa solicitante ou representante.
b) NIF da entidade solicitante.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Dous meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 53/2019, do 23 de maio, polo que se crea e se regula a Medalla Emilia Pardo Bazán para o recoñecemento de accións relevantes en prol da igualdade entre mulleres e homes (DOG nº 102 do 31 de maio de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Traslado en servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal.
Aberto todo o ano
Solicitude de estancias temporais nos servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal.
Aberto todo o ano
Integración na rede galega de centros de dia de atención social para persoas con Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas.
Aberto todo o ano
Pensión de invalidez non contributiva (PNC)
Aberto todo o ano