Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
SI437B - Premio Comunicar en Igualdade.
Obxecto
Os premios do I Concurso Comunicar en Igualdade teñen como finalidade recoñecer e recompensar os traballos xornalísticos que contribuísen á defensa e difusión dos valores da igualdade entre mulleres e homes, así como á loita contra a violencia de xénero.
Trátase de premiar as boas prácticas xornalísticas respecto dun tratamento axeitado de asuntos de cobertura informativa diaria como poden ser o sexismo na publicidade, outros modelos de masculinidade, a violencia machista, a trata de seres humanos con fins de explotación sexual, a violencia de xénero en colectivos especialmente vulnerables, a situación da muller nos diferentes ámbitos, así como os temas relacionados en xeral coa perspectiva de xénero e coa desigualdade por razón de xénero.
O I Concurso Comunicar en Igualdade convócase baixo as seguintes modalidades:
a) Premio para profesionais do xornalismo.
b) Premio para o alumnado universitario.
Premio para profesionais do xornalismo.
1. Nesta categoría outorgarase un premio ao mellor traballo informativo ou serie de pezas publicadas, individual ou colectivamente, baseado en criterios de calidade, esforzo investigador e de sensibilización e axeitado tratamento informativo sobre a igualdade de xénero ou sobre o fenómeno da violencia de xénero.
2. Os traballos, orixinais e en idioma galego, poderán ser de tipo impreso, dixital ou audiovisual e deberán ter sido publicados ou emitidos entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2014 nalgún medio de comunicación (xornais, radios, televisión ou páxinas web) con influencia no ámbito galego.
3. O premio terá unha dotación económica de dous mil euros (2.000 ). Nesta cantidade efectuaranse as retencións que, de ser o caso, correspondan de acordo coa normativa tributaria aplicable.
Premio para alumnado universitario.
1. Nesta categoría poderá participar calquera alumna ou alumno con matrícula nas facultades galegas de Xornalismo, Comunicación Audiovisual e Publicidade e Relacións Públicas no ano 2014.
2. O premio outorgarase ao mellor traballo baseado en criterios de calidade, esforzo investigador e axeitado tratamento desde a perspectiva de xénero. Os traballos, en idioma galego, poderán ser de tipo impreso, dixital ou audiovisual e aínda que non é condición indispensable que os orixinais fosen publicados previamente, o xurado valorará esta circunstancia.
3. O premio terá unha dotación económica de mil euros (1.000 ). Nesta cantidade efectuaranse as retencións que, de ser o caso, correspondan de acordo coa normativa tributaria aplicable.
A quen vai dirixido?
- Alumna ou alumno con matrícula nas facultades galegas de Xornalismo, Comunicación Audiovisual e Publicidade e Relacións Públicas no ano 2014.
Obrigas das persoas beneficiarias, compatibilidade e reintegro.
1. Os beneficiarios e beneficiarias quedan obrigados a someterse ás accións de control, comprobación e inspección que efectúe a Secretaría Xeral da Igualdade, ás de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e o Consello de Contas, ou a outros órganos da Administración do Estado ou da Unión Europea, a achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, e demais obrigas establecidas no artigo 11 da citada Lei 9/2007.
3. Procederá a revogación das subvencións, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia dos correspondentes xuros de mora, nos casos e nos termos previstos nos artigos 32 e 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.
Requisitos
A onde acudir
Xunta de Galicia
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Secretaría Xeral da Igualdade
Servizo de Apoio Técnico-Administrativo
San lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545362
Email: igualdade@xunta.es
Órgano responsable
Servizo de Apoio Técnico-Administrativo
Normativa
Ámbito Autonómico
Resolución do 27 de xullo de 2015, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras do I Concurso Comunicar en Igualdade e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (DOG nº 144 do 31 de xullo de 2015).
Resolución do 22 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes para participar no I Concurso Comunicar en Igualdade (DOG nº 186 do 29 de setembro de 2015).
Resolución do 10 de novembro de 2015, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se modifica a Resolución do 27 de xullo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do I Concurso Comunicar en Igualdade e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (DOG nº 217 do 13 de novembro de 2015).
Prazo
Prazo de presentación: PECHADO
01/08/2015 00:00 - 31/10/2015 23:59
Amplíase o prazo de presentación de solicitudes ata o 31 de outubro de 2015 segundo a Resolución de 22 de setembro de 2015 (DOG nº 186 do 29 de setembro de 2015).
Documentación para a presentación
- Unha vez publicada a convocatoria, as persoas interesadas deberán presentar a solicitude (anexo I) de participación xunto coa seguinte documentación:
- Breve currículo da persoa candidata, xunto cunha memoria explicativa que resuma e explique o traballo que se presenta. No caso de xornalismo impreso, o dito traballo deberá presentarse en soporte papel e CD. Para o caso de xornalismo audiovisual (radio ou televisión) achegarase unha copia en CD/DVD. No caso de xornalismo gráfico poderá presentarse unha serie, cun máximo de cinco fotografías, indicando a súa orde, en soporte CD, formato JPG de alta resolución, mínimo 300 dpi. Para os traballos dixitais indicarase a URL onde está publicado o traballo e en caso de non estar dispoñible a traves da rede presentarase un documento PDF en soporte CD.
Ademais, de ser o caso, deben incluírse os datos da publicación (medio de comunicación e data de aparición).
- Documentación xustificativa dos valores e meritos alegados.
- As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario electrónico normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.
Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. - A documentación que debe acompañar á solicitude poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. - Poderase requirir das persoas interesadas aquela información e documentación complementaria que poida resultar relevante para a avaliación dos meritos alegados.
A documentación complementaria poderá presentarse en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. - A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Como podo?
+Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan. Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico de cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Resolución
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Como podo?
+Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"