Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
SI427B - Axudas e subvencións a entidades locais: Programa de CIM.
Obxecto
Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar no ano 2018 as subvencións ás entidades locais de Galicia, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, para o desenvolvemento de programas, actividades, actuacións e medidas para facer efectivo o principio de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, o tratamento integral da violencia de xénero, a conciliación da vida persoal, laboral e familiar e a participación das mulleres na vida política, económica, social e cultural, así como para consolidar o funcionamento de servizos de atención integral de información e asesoramento ás mulleres no territorio, co fin de prestarlles unha atención e acompañamento de proximidade, psicolóxico, xurídico e de orientación sociolaboral ás mulleres, en particular a aquelas que pertenzan a colectivos en risco de exclusión ou se atopen nalgunha situación de vulnerabilidade, de cara a mellorar a súa situación social, laboral e profesional.
Coa dita finalidade establécese o seguinte programa:
- Programa de apoio aos centros de información á muller, en diante, Programa de apoio aos CIM (SI427B).
Programa de apoio aos centros de información á muller(CIM): accións subvencionables e contía da axuda.
1. Ao abeiro deste programa financiaranse as actuacións desenvolvidas nos CIM en relación coa atención a mulleres en situación de vulnerabilidade, de acordo co establecido na disposición adicional única desta resolución. Co dito obxecto, para reforzar a funcionalidade dos CIM e consolidar os postos e o perfil profesional das persoas que prestan estes servizos, serán subvencionables:
1.1. A existencia no cadro de persoal ou na relación de postos de traballo da entidade de prazas para persoal funcionario, laboral fixo ou indefinido para prestar servizos no CIM, en concreto para os postos de dirección, asesoramento xurídico, atención psicolóxica, axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero.
Cando as prazas ou os postos antes referidos non se atopen ocupados con carácter definitivo por persoal funcionario, laboral fixo ou indefinido, a entidade deberá presentar xustificación razoada da motivación que lle impide tal cobertura. Con carácter xeral só se admitirá como xustificación a cobertura por persoal funcionario interino, baixas por enfermidade ou similares, as que deriven da aplicación da lexislación vixente, ou por estar en curso o proceso de oposición ou concurso correspondente.
1.2. A contratación laboral temporal ou mercantil de profesionais para a prestación dos servizos de asesoramento xurídico ou de atención psicolóxica, así como para levar a cabo as funcións de axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero, sempre que a entidade local non conte con persoal que preste servizos no CIM para a realización das correspondentes funcións.
2. Cada entidade local deberá solicitar axuda para os diferentes postos do CIM nunha única solicitude. En primeiro lugar, atenderase ao financiamento dos postos necesarios para o normal funcionamento do CIM segundo o disposto no artigo 10 do Decreto 130/2016, do 15 de setembro, e o crédito restante destinarase ao financiamento dos postos de axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero.
3. O número mínimo de usuarias con atención individualizada e con atención continuada establécese segundo a poboación do ámbito territorial do CIM, de acordo co seguinte:
a) Máis de 15.000 habitantes: o número de usuarias con atención individualizada terá que ser como mínimo de 100 mulleres en situación de vulnerabilidade, das cales cando menos 15 deberán ter unha atención continuada e de seguimento, cun mínimo de 3 intervencións.
b) Entre 5.001 e ata 15.000 habitantes: o número de usuarias con atención individualizada terá que ser como mínimo de 40 mulleres en situación de vulnerabilidade, das cales cando menos 6 deberán ter unha atención continuada e de seguimento cun mínimo de 3 intervencións.
c) Ata 5.000 habitantes: o número de usuarias con atención individualizada terá que ser como mínimo de 20 mulleres en situación de vulnerabilidade, das cales cando menos 4 deberán ter unha atención continuada e de seguimento cun mínimo de 3 intervencións.
Para estes efectos teranse en conta as cifras oficiais de poboación en 1 de xaneiro de 2017, fonte IGE.
4. Serán gastos subvencionables os custos directos de persoal que desenvolva funcións no CIM correspondentes ao tempo efectivo de traballo dedicado a tarefas directamente vinculadas coa atención a mulleres en situación de vulnerabilidade, nos termos establecidos no artigo 9.1. a) e segundo resulta do previsto no artigo 8 desta Resolución.
Serán subvencionables os custos de persoal xerados entre o 1 de abril de 2018 e ata o 31 de marzo de 2019.
As entidades beneficiarias deberán identificar e xustificar de maneira independente os gastos directos de persoal, segundo as horas efectivamente traballadas dedicadas a tarefas directamente vinculadas coa atención a mulleres en situación de vulnerabilidade, que se imputarán en cada exercicio. Os gastos de persoal correspondentes ao período comprendido entre o 1 de abril de 2018 ata o 30 de novembro de 2018 imputaranse ao exercicio 2018, e os gastos correspondentes ao período comprendido entre o 1 de decembro de 2018 ata o 31 de marzo de 2019, ao exercicio 2019.
5. Para a determinación do gasto subvencionable e do importe da subvención establécense custos unitarios por hora efectivamente traballada dedicada a tarefas directamente vinculadas coa atención a mulleres en situación de vulnerabilidade, así como contías máximas en atención ao posto ou función que se vaia realizar, a dedicación ao CIM a tempo completo ou a tempo parcial e ao tipo de relación ou vinculación coa entidade beneficiaria, así como unha contía máxima global, segundo o seguinte:
5.1. Para os postos de dirección, asesoramento xurídico e atención psicolóxica coas funcións establecidas, respectivamente, nos artigos 11, 12 e 13 do Decreto 130/2016, do 15 de setembro, ocupados con carácter definitivo por persoal funcionario, laboral fixo ou indefinido, cando ocupen postos ou prazas existentes no cadro de persoal ou RPT, ou coas particularidades previstas no punto 1.1 anterior.
O custo unitario por hora efectivamente traballada dedicada a tarefas directamente vinculadas coa atención a mulleres en situación de vulnerabilidade será de 19,86 euros, ata un máximo de 1.720 horas, correspondente a unha dedicación dun ou dunha profesional a tempo completo durante un período de doce meses, de acordo co previsto no artigo 68.2 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.
Cando a dedicación ao CIM sexa a tempo completo, a contía máxima da axuda será de ata 30.000 euros e cando sexa a tempo parcial será de ata 18.000 euros. En todo caso, a xornada da dirección do CIM terá que realizarse nos termos establecidos no apartado a) do artigo 10.1 do Decreto 130/2016, do 15 de setembro.
Cando se teña que recorrer á contratación laboral temporal ou mercantil de profesionais para a prestación dos servizos de asesoramento xurídico e atención psicolóxica establecidos no Decreto 130/2016, aplicarase o custo hora correspondente e a contía máxima da axuda será de 14.000 euros.
5.2. Para os postos de axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero ocupados con carácter definitivo por persoal funcionario, laboral fixo ou indefinido, dos grupos A1, A2, C1 ou equivalente, cando ocupen postos ou prazas existentes no cadro de persoal ou RPT, e coas particularidades previstas no punto 1.1.
O custo unitario por hora efectivamente traballada, segundo se requira titulación universitaria ou non para o desenvolvemento das funcións que se lle asignen, será o seguinte:
- titulación universitaria: 16,98 €/hora
- sen titulación: 14,13 €
Ao custo unitario por hora efectivamente traballada dedicada a tarefas directamente vinculadas coa atención a mulleres en situación de vulnerabilidade aplicarase ata un máximo de 1.720 horas, correspondente a unha dedicación dun ou dunha profesional a tempo completo durante un período de doce meses, segundo o previsto no artigo 68.2 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.
A contía máxima da axuda será de ata 25.000 euros por posto ocupado a tempo completo e de 15.000 euros, cando se ocupe a tempo parcial.
Cando se teña que recorrer á contratación laboral temporal ou mercantil de profesionais para levar a cabo as funcións de axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero, aplicarase o custo hora correspondente e a contía máxima da axuda será de 12.000 euros.
5.3. A contía total máxima de axuda que se pode conceder ao abeiro do Programa de apoio aos CIM é de 45.000 euros, no caso de que se trate dunha solicitude individual, e de 120.000 euros, no caso de que se trate dunha solicitude para a xestión compartida ou dunha entidade resultante dunha fusión de concellos.
6. O importe da axuda calcularase aplicando ao custo unitario polas horas estimadas de traballo efectivo dedicadas ao CIM en tarefas directamente vinculadas coa atención a mulleres en situación de vulnerabilidade, a porcentaxe que resulte da puntuación obtida segundo o establecido no artigo 15 desta resolución, cos límites de axuda máxima que correspondan segundo o indicado no punto 5 anterior ou, de ser inferior, da contía solicitada.
7. Se é o caso, a subvención será minorada proporcionalmente cando non se xustifique a totalidade das horas de traballo, en cada un dos períodos previstos no apartado 4 do artigo 8, tidas en conta para a determinación da contía do gasto subvencionable ou cando o número de persoas usuarias con atención individualizada sexa inferior ao numero mínimo previsto no punto 3 deste artigo, segundo o número de poboación do ámbito territorial do CIM.
Así mesmo, cando o número de usuarias con atención individualizada sexa inferior en máis dun 30 % ás declaradas na solicitude e sempre que se acade o número mínimo previsto no punto 3 deste artigo, a subvención concedida será minorada nun 2 %.
No caso de concorrer máis dunha destas causas de minoración, a que supoña menor importe entenderase subsumida na de contía superior.
En todo caso, non se xerará dereito ao cobramento da subvención e procederá o reintegro do anticipo cando as xustificacións non acaden como mínimo o 50 % das horas previstas como efectivamente traballadas ou o 50 % do número mínimo de usuarias con atención individualizada, ou cando non se cumpra o número de atencións continuadas exixidas cun mínimo de tres intervencións segundo o indicado no punto 3 do artigo 8 desta resolución.
A quen vai dirixido?
Poderán ser beneficiarios das subvencións previstas nesta resolución os concellos, mediante solicitude individual ou mediante solicitude conxunta de agrupación ou asociación de concellos, mancomunidades de concellos de Galicia e consorcios locais de Galicia, constituídos exclusivamente por concellos, así como as entidades resultantes dunha fusión municipal. Quedan excluídas do ámbito de aplicación desta convocatoria as deputacións provinciais.
Requisitos
- Para poder acceder ás subvencións deberán cumprirse os requisitos e condicións establecidos nesta resolución e na normativa xeral de subvencións, comúns ou específicos de cada uns dos programas de axuda ou derivados, se é o caso, da presentación dunha solicitude para a xestión compartida dun proxecto ou servizo.
- Ademais do anterior, para poder ser beneficiaria das subvencións correspondentes ao programa de apoio aos CIM, a entidade local ten que ser titular dun centro de información á muller (CIM) acreditado segundo o establecido no Decreto 130/2016, do 15 de setembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para o recoñecemento e acreditación dos centros de información á muller de titularidade das entidades locais de Galicia, así como para a modificación e extinción do seu recoñecemento.
Poderase presentar solicitude individual ou conxunta para a xestión compartida da prestación deste servizo, mediante a agrupación ou asociación das entidades locais titulares de CIM ou con outros concellos que non o teñan acreditado.
- Por outra banda, para poder ser beneficiaria destas axudas, con anterioridade a que remate o prazo de presentación de solicitudes deberá ter cumprido o requisito de ter remitidas as contas do exercicio orzamentario 2016 ao Consello de Contas de Galicia e, ademais, no caso dos CIM ter presentada a memoria de funcionamento anual do CIM correspondente ao ano 2017 ante a Secretaría Xeral da Igualdade, segundo os termos e prazos establecidos no artigo 14 do Decreto 130/2016, do 15 de setembro.
- Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria destas subvencións cando concorra algunha das circunstancias ou prohibicións sinaladas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Todos os requisitos e condicións exixidos deberán cumprirse na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
Solicitudes de xestión compartida: requisitos e condicións.
1. Para estes efectos, terán a consideración de solicitudes de xestión compartida as presentadas por agrupacións, asociacións ou entidades locais que integren varios concellos.
2. Os concellos que se agrupen ou asocien para o programa de prevención da violencia de xénero ou para o de conciliación, así como os titulares de CIM que se agrupen entre eles ou ben con outros concellos non titulares, deberán:
a) Presentar, xunto coa solicitude, un convenio de colaboración relativo á agrupación ou asociación, que poderá ser un novo convenio ou un anterior en vigor. A Secretaría Xeral da Igualdade, a través do seu portal, publicará un ou varios modelos de convenio relativos á xestión compartida, de forma conxunta, agrupada ou asociada, que terán carácter orientativo.
Se non se achega o convenio xunto coa solicitude ou no prazo concedido para a súa achega logo do requirimento efectuado para o efecto, considerarase que desiste da súa solicitude. Non obstante, para o caso de que se trate dunha solicitude do programa de apoio aos CIM, poderase tramitar como solicitude individual do CIM sempre que o manifeste expresamente e por escrito no dito prazo.
b) Nomear a persoa titular dunha das alcaldías para a representación única, tanto na coordinación como na interlocución, ante a Secretaría Xeral da Igualdade, que será a que reciba e xustifique a subvención. No caso dos agrupamentos para a prestación do servizo CIM, a representación corresponderá á persoa titular da alcaldía dun concello que teña acreditado o CIM.
c) Reflectir os compromisos de execución asumidos por cada unha das entidades que forman parte da agrupación, así como a porcentaxe de subvención que se aplicará a cada unha delas.
d) Os concellos agrupados ou asociados terán, en todo caso, a condición de entidade beneficiaria, polo que para poder conceder a subvención solicitada todos eles teñen que cumprir os requisitos, as condicións, as obrigas e os compromisos establecidos nesta resolución, nos termos establecidos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
A falta de acreditación do cumprimento dalgún requisito por parte dalgunha das entidades participantes suporá a inadmisión da solicitude conxunta cando afecte a entidade que ten a representación; nos outros casos, manterase a validez da solicitude sempre que se comunique por escrito a exclusión do concello afectado polo incumprimento, dentro do prazo concedido para o efecto.
3. As mancomunidades de concellos e os consorcios locais deberán presentar, xunto coa solicitude, unha certificación expedida pola súa secretaría onde se fagan constar os concellos membros da mancomunidade ou consorcio e os que participan no proxecto ou servizo para o cal se solicita subvención.
4. Procederá a exclusión ou inadmisión daquelas solicitudes de xestión compartida nas cales non se acredite a realización conxunta da actuación ou servizo para a cal se solicita subvención e que supoñan actuacións independentes en cada entidade local.
Sen prexuízo do anterior, considerarase que cumpren o requisito de xestión compartida os agrupamentos para a prestación do servizo de CIM. No programa de prevención da violencia de xénero e no de conciliación, mesmo de se realizaren actuacións independentes en cada concello, considerarase cumprido este requisito cando na memoria xustificativa se acrediten os beneficios da solicitude conxunta, tales como licitacións conxuntas, razóns de economía de escala, racionalización do gasto, criterios de eficiencia e eficacia e colaboración técnica e administrativa, entre outros.
Nos supostos de mancomunidades e consorcios, deberá acreditarse que o servizo se presta de xeito mancomunado ou consorciado e que, en todo caso, non supón unha actuación illada ou independente.
A onde acudir
Xunta de Galicia
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Secretaría Xeral da Igualdade
Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade
Servizo de Fomento e Promoción da Igualdade
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545369
Email: igualdade@xunta.es
Órgano responsable
Servizo de Fomento e Promoción da Igualdade
Normativa
Ámbito Autonómico
Resolución do 29 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 15 do 22 de xaneiro de 2018).
Resolución do 3 de abril de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria no ano 2018 (DOG nº 76 do 19 de abril de 2018).
Resolución do 12 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as subvencións previstas na Resolución do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria no ano 2018 (DOG nº 118 do 21 de xuño de 2018).
Resolución do 25 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria no ano 2018 (SI435B, SI435A, SI427B) (Diario Oficial de Galicia número 15, do 22 de xaneiro) (DOG nº 128 do 5 de xullo de 2018).
Resolución do 5 de xullo de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as subvencións previstas na Resolución do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria no ano 2018 (DOG nº 134 do 13 de xullo de 2018).
Resolución do 16 de xullo de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplía por segunda vez a dotación orzamentaria da Resolución do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria no ano 2018 (SI435B, SI435A, SI427B) (Diario Oficial de Galicia número 15, do 22 de xaneiro de 2018) (DOG nº 142 do 26 de xullo de 2018).
Resolución do 27 de xullo de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as subvencións previstas na Resolución do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria no ano 2018 (DOG nº 151 do 8 de agosto de 2018).
Prazo
Prazo de presentación: PECHADO
23/01/2018 00:00 - 22/02/2018 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último do mes.
Documentación para a presentación
- Solicitude segundo o Anexo I.3, acompañada da seguinte documentación:
- Anexo II (certificación sobre o acordo de solicitar a subvención).
- Anexo II-bis (certificación relativa aos concellos agrupados ou asociados), só no caso de agrupacións ou asociacións de concellos.
- Anexo IV.1 (memoria descritiva do funcionamento do CIM).
- Anexo IV.2 (ficha individualizada do persoal do CIM).
- Memoria de aforro de custos, só no caso de agrupacións ou asociacións de concellos, mancomunidades ou consorcios.
- DOCUMENTACIÓN PRESENTADA CON ANTERIORIDADE (presumirase que a consulta é autorizada)
- Convenio de colaboración, só no caso de agrupacións ou asociacións de concellos.
- Convenio de colaboración, só no caso de agrupacións ou asociacións de concellos.
- As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
- Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
- A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
- Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
- No caso de que algún dos documentos que se van a presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos poderá consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Anexos asociados
- Fase de solicitude
- Certificación sobre o acordo de solicitar a subvención (Anexo II)
Como podo?
+Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan. Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico de cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Resolución
Prazo de resolución: Catro meses
Sentido do silencio: Negativo
Como podo?
+Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"