Guía de procedementos e servizos

SA701C

Inicio de actividade, cese de actividade e modificación da actividade de formación do persoal encargado da realización de operacións de mantemento hixiénico-sanitario de: instalacións susceptibles de propagar a lexionelose, prácticas de tatuaxe, micropigmentación, piercing e outra práctica de decoración persoal que implique a perforación da pel, mucosa ou tecidos, e aparellos de bronceado artificial mediante radiacións ultravioleta.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano

Consellería de Sanidade

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

1. O presente decreto ten por obxecto regular, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a formación do persoal que realiza actividades de mantemento hixiénico-sanitario de instalacións susceptibles de propagar a lexionelose, do persoal que realiza prácticas de tatuaxe, micropigmentación e piercing así como calquera outra práctica de decoración corporal que implique a perforación da pel, mucosas ou tecidos, e do persoal operador de aparellos de bronceado artificial mediante radiacións ultravioleta.

2. En concreto, neste decreto se regula o réxime de declaración responsable das entidades de formación, os requisitos, responsabilidades e as obrigas destas, as condicións mínimas e o contido da formación así como a creación do rexistro de entidades de formación hixiénico-sanitaria.

Declaración responsable.

A presentación dunha declaración responsable por parte das entidades de formación permitirá a estas a organización e impartición da formación desde o día da súa presentación, sen prexuízo das facultades administrativas de comprobación, control e inspección.

Entidades formadoras.

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Dirección Xeral de Saúde Pública

Subdirección Xeral de Saúde Ambiental e Seguridade Alimentaria

Servizo de Saúde Ambiental

Edificio Administrativo San Lazaro

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881542969

Email: servizo.sanidade.ambiental@sergas.es

Dirección Xeral de Saúde Pública

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Este decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes comezará o día 25 de xuño de 2018.

As entidades que se dediquen á formación do persoal que realice as operacións a que se refire este decreto, deberán dispoñer cos espazos propios ou cedidos necesarios para o desenvolvemento das accións formativas, ademais de dispoñer cun programa de formación e cos recursos materiais e humanos axeitados para impartir os contidos previstos, así como cun sistema que posibilite a actualización constante do persoal docente en relación cos avances científicos e técnicos propios de cada sector.

  • Declaración segundo o Anexo I, acompañada da seguinte documentación:

    • No caso de modificación dos datos declarados, xustificante da devandita modificación.

    • Documento acreditativo da representación.

    • Cando a persoa declarante é unha persoa xurídica, copia certificada da súa constitución e certificación da súa inscrición no Rexistro Mercantil de ser o caso.

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán e achegar unha copia dos documentos.

  • NIF da entidade declarante.

  • DNI ou NIE da persoa declarante.

  • DNI ou NIE da persoa representante.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 51/2018, do 22 de marzo, polo que se regula a formación do persoal que realiza actividades de mantemento hixiénico-sanitario de instalacións susceptibles de propagar a lexionelose, do persoal que realiza prácticas de tatuaxe, micropigmentación e piercing, así como calquera outra práctica de decoración corporal que implique a perforación da pel, mucosas ou tecidos, e do persoal operador de aparellos de bronceado artificial mediante radiacións ultravioleta (DOG nº 100 do 28 de maio de 2018).

Outros procedementos relacionados

IN225A

Bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 26/04/2025 00:00 - 26/05/2025 23:59

MR435D

Inspección periódica dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR553C

Indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades

Tramitar en liña

Prazo aberto: 16/01/2025 00:00 - 28/11/2025 23:59

MR561A

Autorización de laboratorios de autocontrol de salmonelas nas explotacións gandeiras.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano