Guía de procedementos e servizos

SA680A

Inscrición de laboratorios que realicen ensaios de control de produtos alimenticios relacionados co consumo humano.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

O presente decreto ten por obxecto:

a) O establecemento dun réxime de declaración responsable dos laboratorios para a realización de ensaios de control de produtos alimenticios relacionados co consumo humano.

b) A regulación da Comisión Galega de Laboratorios de ensaio de control de produtos alimenticios relacionados co consumo humano.

c) A regulación do Rexistro Galego de Laboratorios que realicen ensaios de control de produtos alimenticios relacionados co consumo humano.

A Comisión galega de laboratorios terá as seguintes funcións:

a) Establecer as liñas estratéxicas para a mellora da calidade dos laboratorios de ensaios de produtos alimenticios relacionados co consumo humano.

b) O seguimento do Rexistro galego de laboratorios e velar pola súa coordinación con outros rexistros existentes na materia.

c) Solicitar informes de expertos/as sobre os temas que, no eido da súa competencia, considere oportunos.

d) Propoñer a realización de ensaios de control da calidade dos laboratorios rexistrados, con outros laboratorios que para tal efecto se designen de referencia.

e) Instar a actuación dos servizos de inspección competentes.

f) Elaborar e aprobar o seu regulamento interno de funcionamento.

Deberán axustar a súa actividade ao presente decreto todas aquelas entidades, públicas ou privadas que, na Comunidade Autónoma de Galicia, pretendan realizar ensaios de produtos alimenticios con destino ao consumo humano con vistas á comprobación do cumprimento dos programas de autocontrol das industrias alimentarias, xa sexan propias ou alleas a esta.

Quedan excluídas do réxime de declaración responsable aquelas entidades, públicas ou privadas que, na Comunidade Autónoma de Galicia, pretendan realizar ensaios de produtos alimenticios con destino ao consumo humano con resultados válidos no marco do control oficial, as cales serán designadas directamente para tal fin pola autoridade competente.

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Dirección Xeral de Saúde Pública

Subdirección Xeral de Xestión, Calidade e Innovación

Servizo de Xestión Organizativa

Edificio Administrativo - San Lázaro, s/n.

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881541888/ 881542979

Email: servizo.inspeccion.saude.publica@sergas.

Servizo de Xestión Organizativa

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

O presente decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Os laboratorios a que se refire este decreto deberán dispor de:

a) Local e instalacións que cumpran a normativa que lles sexa de aplicación.

b) Equipamentos necesarios para as análises que realicen, co seu inventario e cun plan de mantemento e calibración dos equipamentos que o precisen, que garanta o seu correcto funcionamento.

c) Persoal técnico e/ou auxiliar con coñecementos, experiencia e competencia adaptado ás tarefas e responsabilidades que lles sexan outorgados.

d) Técnico/a responsable da emisión dos informes de ensaio con formación e experiencia axeitada no campo da actividade analítica de que se trate.

e) Organigrama de funcionamento e relación do persoal, coas funcións que realiza.

f) Manual cos métodos de ensaio empregados nas determinacións das diferentes mostras, á disposición do persoal.

g) Documentación e implantación da sistemática de avaliación da calidade dos seus resultados.

h) Documentación xustificativa do cumprimento da lexislación en materia de residuos tóxicos e perigosos.

  •    Declaración responsable segundo o Anexo I.   

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 105/2015, do 25 de xuño, polo que se regulan o Rexistro e a Comisión galega de laboratorios para a realización de ensaios de control de produtos alimenticios relacionados co consumo humano e o seu réxime de acceso á actividade (DOG nº 144 do 31 de xullo de 2015).

Outros procedementos relacionados

CO301B

Bonos Activa comercio.

Prazo aberto: 20/05/2025 00:00 - 31/12/2025 23:59

FA300A

Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario, modificación de datos ou baixa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA300B

Recoñecemento e inscrición no rexistro, modificación de datos ou baixa dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario presentada por unha persoa prestamista única.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA300C

Inscrición, modificación de datos ou baixa no rexistro de persoas representantes designadas por unha persoa intermediaria de crédito inmobiliario.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano