Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
SA465A
Instalación/baixa dun desfibrilador externo fóra do ámbito sanitario.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Sanidade
O presente decreto ten por obxecto:
a) Establecer as condicións e requisitos para a instalación, uso e mantemento, fóra do ámbito sanitario, de desfibriladores externos automáticos e semiautomáticos.
b) Determinar os lugares nos cales é recomendable dispor dos ditos desfibriladores, o réxime de notificación da súa instalación e a súa correcta sinalización.
c) Establecer os requisitos mínimos relativos á formación dos/as manipuladores/as.
d) Crear o Rexistro de Desfibriladores Externos de Galicia.
1. Poderán utilizar os dispositivos de desfibrilación externa:
a) O persoal que estea en posesión dos seguintes títulos:
1º. Licenciatura en Medicina e Cirurxía ou grao de Medicina.
2º. Diplomatura universitaria en Enfermaría ou grao de Enfermería.
3º. Formación profesional de técnico/a en emerxencias sanitarias ou certificado de profesionalidade equivalente.
4º. Titulacións oficiais equivalentes das anteriores, expedidas por un Estado membro da Unión Europea.
b) As persoas maiores de idade que demostren a superación do programa de formación básico con acreditación oficial en materia de reanimación cardiopulmonar, soporte vital básico e uso de desfibriladores externos.
2. No caso dunha situación excepcional en que non sexa posible dispoñer nese momento dunha persoa coa formación ou titulación necesarias para o uso do desfibrilador, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 poderá autorizar calquera outra persoa para o manexo do desfibrilador, e a Central manterá, en todo momento, a supervisión do proceso.
Xunta de Galicia
Consellería de Sanidade
Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia - 061
Praza de Martín Herrera, 2-2º (H. Psiq. Conxo)
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881542788
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Este decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de Declaracións responsables comezará o día 30 de abril de 2017.
Xunto coa declaración responsable, presentarase a seguinte documentación:
a) Copia do documento nacional de identidade ou documento identificativo equivalente, só no caso de non denegar a súa consulta.
b) Memoria descritiva da localización do desfibrilador e vías de acceso.
c) Documento no cal se identifique o persoal responsable do desfibrilador.
d) Documento no cal se indiquen os datos de xeolocalización do dispositivo, se for caso.
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da declaración. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 38/2017, do 23 de marzo, polo que se regula a instalación e o uso de desfibriladores externos fóra do ámbito sanitario, e se crea o seu rexistro (DOG nº 70 do 10 de abril de 2017).
-
Outros procedementos relacionados
Inspección periódica dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades
Prazo aberto: 16/01/2025 00:00 - 28/11/2025 23:59
Autorización de laboratorios de autocontrol de salmonelas nas explotacións gandeiras.
Aberto todo o ano
Renovación da autorización de laboratorios de autocontrol de salmonelas nas explotacións gandeiras.
Aberto todo o ano