Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
SA463I - Subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais e as adiccións, orientados a minimizar o impacto que a pandemia por COVID 19 ten na saúde mental da poboación galega
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e proceder á convocatoria de axudas ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais e as adiccións, orientados a minimizar o impacto que a pandemia pola COVID-19 ten na saúde mental da poboación galega.
O contido dos programas, que se desenvolverán durante os anos 2020 e 2021, deberán axustarse ás liñas de actuación indicadas no artigo 3 de esta orde, de conformidade coa tipoloxía de cada programa recollido no anexo I.
Actuacións subvencionables
Liña I. Proxectos de investimento en melloras nos centros sanitarios cuxa actividade asistencial principal sexa o desenvolvemento de programas asistenciais e psicosociais ou preventivos en materia de trastornos adictivos e trastornos mentais.
Serán obxecto de subvención os seguintes programas:
a) Proxectos de investimento para a realización de obras de reforma, restauración, rehabilitación ou gran reparación para a prestación de servizos de atención a persoas con trastornos mentais e/ou adictivos.
b) Proxectos de investimento para a realización de obras de conservación e mantemento de centros e servizos de atención a persoas con trastornos mentais e/ou adictivos.
c) A adquisición de subministracións, equipamento e vehículos que faciliten a prestación de servizos a persoas con trastornos mentais e/ou adictivos.
Liña II. Programas sociosanitarios de detección e intervención comunitaria de persoas en risco de presentar un trastorno mental, incluídos os trastornos adictivos.
Programas que ofrezan unha intervención integral ás persoas que padezan un trastorno mental desde a prevención, educación e recuperación:
a) Programas de atención domiciliaria a persoas con enfermidade mental e as súas familias.
b) Programas de apoio emocional a persoas con enfermidade mental, coidadores/as e achegados.
c) Actividades de prevención e promoción da saúde mental dirixidas á prevención de enfermidades mentais ou á promoción de estilos de vida saudables.
d) Actividades de sensibilización que reduzan o estigma da enfermidade mental.
e) Actividades de información, orientación e asesoramento sobre saúde mental en recursos especializados e servizos que poidan ser de utilidade.
f) Programas para mellorar a prevención e detección da conduta suicida dirixidos tanto á poboación de risco como á poboación xeral.
g) Programas de capacitación do voluntariado dirixido a persoas con trastornos mentais.
h) Programas de prevención de novas adiccións comportamentais (ludopatía, mal uso de TIC).
Liña III. Programas para favorecer a empregabilidade e a incorporación sociolaboral de persoas con trastorno mental severo ou trastornos adictivos.
Enténdese por incorporación social o proceso de socialización personalizado e flexible, constituído por accións e intervencións que pretenden implicar activamente, responsabilizar, promover e facilitar ás persoas a súa autonomía, desenvolvemento e benestar social, participación e capacidade crítica coa súa contorna. Neste sentido, inclúe diferentes ámbitos ou dominios (persoal, familiar, laboral, etc.), nos que o laboral é importante, pero non o principal ou o único.
Serán obxecto de subvención os seguintes programas:
a) Programas de incorporación social como apoio ao tratamento das persoas diagnosticadas dun trastorno aditivo realizados en centros de atención continuada regulados na Orde do 25 de xaneiro de 2008 pola que se regulan os requisitos específicos que deben cumprir os centros de inclusión e emerxencia social.
b) Programas dirixidos á procura de emprego das persoas cun trastorno adictivo, mediante a adquisición de valores, competencias e habilidades.
c) Programas de inserción social e laboral destinados e orientados a persoas con problemas xurídicos ou exreclusas.
d) Programas de incorporación social de apoio ao tratamento e reinserción de pacientes estabilizados.
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades do terceiro sector de acción social definidas no artigo 2 da Lei 43/2015, do 9 de outubro, do terceiro sector de acción social, e outras organizacións, sempre que cumpran os seguintes requisitos:
a) Estar legalmente constituídas, polo menos, con dous anos de antelación á data da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia e debidamente inscritas no correspondente rexistro administrativo de ámbito autonómico. As entidades solicitantes deberán estar inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS). O cumprimento deste requisito será comprobado de oficio pola Administración. Este requisito entenderase cumprido coa presentación da solicitude de inscrición dentro do prazo de presentación das solicitudes que establece o artigo 8.3. En todo caso, a entidade deberá estar debidamente inscrita no momento de pagamento da subvención.
b) Carecer de ánimo de lucro.
c) Ter o seu domicilio social ou delegación na Comunidade Autónoma de Galicia.
d) Non atoparse en ningunha das situacións establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. A acreditación de non estaren incursas nas ditas circunstancias realizarase mediante declaración responsable da persoa representante da entidade.
e) Que teña explicitamente entre os seus fins estatutarios actividades de axuda e apoio aos colectivos aos que se dirixe a subvención: persoas con trastorno mental ou adiccións.
f) As entidades que formen parte dunha federación ou persoa xurídica similar de ámbito autonómico deberán solicitar as axudas a través de estas.
g) Desenvolver as súas actividades de xeito efectivo, contando con medios persoais e materias necesarios, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Todos os requisitos sinalados deberán cumprirse na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse durante todo o período de execución do programa subvencionado.
2. Dentro dos límites da lexislación autonómica tamén poderán ser beneficiarias as agrupacións de organizacións sen personalidade xurídica nos seguintes termos:
a) Cada un dos seus membros deberá cumprir os requisitos establecidos no punto anterior.
b) Deberán indicar os compromisos asumidos por cada un dos seus membros e o importe da subvención que se lle vai aplicar a cada un deles.
c) Deberán nomear unha persoa en representación con poderes bastantes para cumprir coas obrigas que, como entidade beneficiaria, corresponden á agrupación.
d) Non poderán disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 39 e 65 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
3. No caso de que algunha das entidades solicitantes sexa unha federación, confederación ou persoa xurídica similar que integre no seu seo a varias entidades, poderá propoñer de entre estas unha ou varias entidades para executar os programas, as cales actuarán no nome e por conta da entidade solicitante.
4. Non se entenderán incluídos dentro da tipoloxía destas entidades do terceiro sector de acción social os organismos ou entidades de dereito público adscritos ou vinculados a unha Administración pública, as universidades, os partidos políticos e as fundacións deles dependentes, os colexios profesionais, as cámaras oficiais de comercio, industria e navegación, as sociedades civís, as organizacións empresariais e os sindicatos, e outras entidades con análogos fins específicos e natureza que os citados anteriormente.
Obrigas das entidades beneficiarias
1. Sen prexuízo das demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, as entidades beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro desta orde estarán obrigadas a:
a) Executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención e cumprir o seu obxectivo.
b) Comunicar as variacións das datas de inicio e remate das actuacións previstas na solicitude, así como as variacións no cadro de persoal que realiza o programa.
c) Solicitar, de ser o caso, á Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria a autorización das modificacións que afecten as actuacións subvencionadas cunha antelación de cinco días respecto á data en que se produza.
d) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento da finalidade da subvención, a realización da actividade ou adopción do comportamento que fundamentou a súa concesión e o seu custo real, de acordo co establecido no artigo 24.
e) Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos e realizar as actuacións que integran o proxecto subvencionado, segundo o estipulado no artigo 41 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
f) No suposto de adquisición, construción, rehabilitación e mellora de bens inventariables, destinar os ditos bens ao fin concreto para o que se concedeu a subvención durante un prazo que non pode ser inferior a cinco anos no caso de bens susceptibles de inscrición nun rexistro público nin a dous anos para o resto de bens. O incumprimento deste requisito dará lugar á revogación da subvención, co reintegro das cantidades percibidas e a exixencia dos xuros de demora legalmente establecidos desde o momento do pagamento da subvención.
g) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan axiña como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
h) Consentir expresamente a inclusión dos datos relevantes da subvención nos rexistros públicos que proceda, conforme coa disposición adicional do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, dos orzamentos xerais da comunidade autónoma para o exercicio 2006, e artigo 16 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
i) Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente e ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
j) Incorporar de forma visible no material de difusión dos programas subvencionados o seu financiamento público.
k) Ter subscrito unha póliza de seguro de accidentes e de enfermidade e de responsabilidade civil a favor do persoal voluntario que participe nos programas subvencionados conforme ao previsto nos artigos 7 letra g) e 11 letra i) da Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria.
l) Cumprir coa obriga de subministración de información nos termos establecidos no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro.
m) Calquera outra obriga imposta ás entidades beneficiarias na normativa estatal ou autonómica aplicable así como nesta orde.
2. Os servizos da Consellería de Sanidade poderán efectuar as comprobacións que consideren oportunas en canto ao cumprimento por parte das entidades dos requisitos exixidos.
Xunta de Galicia
Consellería de Sanidade
Servizo Galego de Saúde (SERGAS)
Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria
Subdirección Xeral de Atención á Saúde Mental
Servizo de Atención a Saúde Mental e Integración Psicosocial e Trastorno Mental Grave
San Lázaro, s/n
Teléfono: 881541824
Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria
Orde do 19 de outubro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais e as adiccións, orientados a minimizar o impacto que a pandemia pola COVID-19 ten na saúde mental da poboación galega (DOG nº 218 do 29 de outubro de 2020).
Extracto da Orde do 19 de outubro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais e as adiccións, orientados a minimizar o impacto que a pandemia pola COVID-19 ten na saúde mental da poboación galega (DOG nº 218 do 29 de outubro de 2020).
Orde do 17 de decembro de 2020 pola que se fai pública a ampliación do crédito previsto na Orde do 19 de outubro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais e as adiccións, orientados a minimizar o impacto que a pandemia pola COVID-19 ten na saúde mental da poboación galega (código de procedemento SA463I).(DOG núm. 259 do 28 de decembro de 2020).
Resolución do 29 de decembro de 2020 pola que se modifica a Resolución do 15 de decembro de 2020 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 19 de outubro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais e as adiccións, orientados a minimizar o impacto que a pandemia por COVID 19 ten na saúde mental da poboación galega (Diario Oficial de Galicia número 218, do 29 de outubro).(DOG núm. 13 do 21 de xaneiro de 2021).
Prazo de presentación: PECHADO
30/10/2020 00:00 - 30/11/2020 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. Os sábados e os festivos considéranse inhábiles para todos os efectos.
Solicitudes
1. As entidades deberán achegar a solicitude segundo o modelo normalizado que figura como anexo II dirixida á Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, á que se acompañará a documentación complementaria que se indica no artigo seguinte. A súa presentación implica a aceptación da totalidade de prescricións previstas nesta orde así como na demais normativa aplicable.
2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,
https://sede.xunta.gal.
Se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considérase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
3. Na solicitude, anexo II, asinada pola persoa representante da entidade, deberán figurar datos identificativos e acreditativos de determinados aspectos sinalados nesta orde e demais normativa aplicable:
a) A identificación da entidade solicitante, da persoa representante da entidade, o enderezo electrónico para notificacións e os datos bancarios.
b) Os datos do/s programa/s respecto do/s que se solicita subvención: denominación, liña e importe solicitado.
c) As declaracións sobre:
1º. Outras subvencións solicitadas ou concedidas, veracidade dos datos, inexistencia de causa que implique prohibición para ser beneficiaria, cumprimento de requisitos, coñecemento de obrigas e acordo coas actuacións de control.
2º. Que todo o persoal contratado que vai participar no proxecto non foi condenado por sentenza firme por ningún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, que inclúe a agresión e o abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos, en aplicación do artigo 13.5 da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación parcial do Código civil e da Lei de axuizamento civil, así como que as persoas voluntarias que van participar no proxecto e que están relacionadas con menores de idade non teñen antecedentes penais non cancelados por delitos de violencia doméstica ou de xénero, por atentar contra a vida, a integridade física, a liberdade, a integridade moral ou a liberdade e indemnidade sexual do outro cónxuxe ou dos/das fillos/as, ou por delitos de tráfico ilegal ou inmigración clandestina de persoas, ou por delitos de terrorismo en programas cuxas persoas destinatarias fosen ou poidan ser vítimas destes delitos, en aplicación do previsto no artigo 8.4 da Lei 45/2015, do 14 de outubro, de voluntariado.
d) A indicación da documentación complementaria que se xunta e, se é o caso, constancia dos datos relativos a documentos achegados anteriormente con indicación do tipo, órgano administrativo ante o que se presentou, código de procedemento e data de presentación e/ou manifestación da oposición á consulta dos documentos sinalados no artigo 9.1.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento
1. As entidades deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) A documentación acreditativa da representatividade da persoa solicitante para actuar en nome da entidade para o caso de que esta se atribúa a persoa distinta á designada no Rexistro administrativo da comunidade autónoma.
b) O certificado de posuír certificados de calidade en vigor en base á norma ONG con calidade, ISO 9001:2015, EFQM ou outros sistemas de calidade que garantan o control de procesos e programas, de ser o caso.
c) O certificado de estar sometido a auditoría externa de contas, de ser o caso.
d) O plan de igualdade actualizado, de ser o caso.
e) O documento dos compromisos de execución asumidos por cada membro e importe da subvención para aplicar a cada un, no caso das agrupacións sen personalidade xurídica segundo o modelo do anexo VI.
f) O documento específico para valoración das entidades (anexo V).
g) Estatutos debidamente dilixenciados.
2. No caso de solicitar subvención para programas das liñas II ou III, ademais da documentación especificada no punto 1 do presente artigo, deberán achegar unha memoria explicativa por cada programa respecto dos que se solicita subvención, segundo o modelo do anexo III.
3. No caso de solicitar axudas para programas da liña I, ademais da documentación especificada no punto 1 do presente artigo, deberán achegar:
a) Memoria do investimento segundo o modelo do anexo IV.
b) A seguinte documentación dependendo do tipo de proxecto presentado:
1. Proxectos de investimento para a realización de obras de reforma, restauración, rehabilitación ou gran reparación para a prestación de servizos de atención a persoas con trastornos mentais e/ou adictivos e proxectos de investimento para a realización de obras de conservación e mantemento de centros e servizos de atención a persoas con trastornos mentais e/ou adictivos (liña 1 letras a) ou b):
1.1º. Certificado do Rexistro da Propiedade que acredite que o inmoble onde se realizan as obras é propiedade da entidade ou contrato de alugueiro ou cesión e autorización do propietario no caso de que a obra se realice nun local alugado ou cedido.
1.2º. Planos de actuación.
1.3º. Anteproxecto orzamentado ou proxecto de obras, axustado á normativa vixente e coas especificacións técnicas e arquitectónicas axeitadas aos usuarios do centro. Cando se trate de obras de menor contía (conservación e reparación de menor contía) deberá presentarse, no seu lugar, orzamento detallado e memoria asinada polo contratista.
1.4º. O informe sobre a viabilidade urbanística e a acreditación da posibilidade legal de obter as licenzas e os permisos necesarios.
Cando o custo da obra sexa superior aos 40.000 euros, deberán achegarse como mínimo tres ofertas distintas de provedores distintos, debendo xustificarse a elección dunha de estas, de acordo co artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
2. Proxectos de adquisición de subministracións, equipamento e vehículos que faciliten a prestación de servizos a persoas con trastornos mentais e/ou adictivos (liña 1 letra c):
2.1º. O orzamento da empresa subministradora, con indicación do custo por unidade e do importe total das adquisicións que se pretenden realizar. Cando o custo sexa superior aos 15.000 euros, deberán achegarse como mínimo tres ofertas distintas de provedores distintos, debendo xustificarse a elección dunha destas, de acordo co artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
6. No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. De conformidade coa normativa de protección de datos, para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) O NIF da entidade solicitante.
b) O DNI ou NIE da persoa representante.
c) O certificado sobre cumprimento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
d) O certificado sobre cumprimento de obrigas coa Seguridade Social.
e) O certificado sobre cumprimento de obrigas tributarias coa Administración pública da comunidade autónoma.
f) Consulta de concesión de subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente (anexo II) e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada situada na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo II)
- Memoria de investimento programas liña I (Anexo IV)
- Información para a valoración das entidades (Anexo V)
- Anexo I
- Memoria do programa segundo o modelo do Anexo III
- Documento dos compromisos de execución asumidos por cada membro, e o importe da subvención a aplicar a cada un, no caso das agrupacións sen personalidade xurídica segundo o modelo do anexo VI
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Procedementos e servizos relacionados
Cancelación no rexistro de entidades colaboradoras do plan de Galicia sobre drogas.
Inscrición no rexistro de entidades colaboradoras do plan de Galicia sobre drogas.
Modificación no rexistro de entidades colaboradoras do Plan de Galicia sobre drogas
Subvencións para o desenvolvemento de proxectos de prevención de condutas adictivas promovidos por entidades privadas sen ánimo de lucro que desenvolven o seu labor no eido da prevención na Comunidade Autónoma de Galicia.
Subvencións para o desenvolvemento de proxectos de prevención de condutas adictivas promovidos por concellos, mancomunidades de concellos ou agrupacións de concellos da Comunidade Autónoma de Galicia
Subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito das drogodependencias e os trastornos aditivos, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.