Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
SA463G
Subvencións para o desenvolvemento de proxectos de prevención de condutas adictivas promovidos por concellos, macomunidades de concellos ou agrupacións de concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Consellería de Sanidade
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar en réxime de concorrencia competitiva a concesión de subvencións para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas adictivas realizados por entidades locais galegas.
Contidos dos proxectos.
De acordo co establecido na carteira de servizos en materia de prevención do Plan de Galicia sobre drogas:
1. Serán programas básicos os seguintes:
a) Ámbito escolar: «PPCDE/Saúde na escola» e «Non pasa nada ¿pasa algo?».
b) Ámbito familiar: «Máis que un teito», «En familia todos contan» e «Entre todos».
c) Ámbito xuvenil: «Activa» e «Cambio de sentido».
2. Serán programas complementarios:
a) Os seguintes programas da carteira de servizos: «Ao alcance», «Cine e saúde», «Odisea», «Creative» (sempre que sexa desenvolvido con medios propios da entidade), «Acais», «Información-sensibilización» e «Formación de mediadores».
b) Calquera outro que a entidade solicitante considere oportuno desenvolver.
Poderanse presentar ata un máximo de 3 programas complementarios. Neste caso terán unha especial valoración as actividades relacionadas coa prevención do consumo de cannabis, o xogo patolóxico e os problemas relacionados co uso de internet e as TIC.
Os programas da carteira de servizos «Alternativa», «Sísifo», «Itínere» e «Penélope» non serán valorados nesta convocatoria de axudas.
Todos os programas e actividades que se planifiquen deberán prever necesariamente a perspectiva de xénero.
Conceptos subvencionables.
1. Consideraranse gastos subvencionables unicamente aqueles que de maneira indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen no prazo establecido no artigo 9.5.
As subvencións outorgadas nesta convocatoria dirixiranse a financiar gastos correntes, isto é, aqueles necesarios para o desenvolvemento das actividades programadas;quedando excluídos os gastos de capital.
2. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.
3. En particular, subvencionaranse os seguintes conceptos de gasto:
a) Gastos de persoal. Ás retribucións en nómina sumaranse os gastos de seguridade social correspondentes á empresa e o seu total constituirá o gasto subvencionable por custos de persoal.
b) Axudas de custo, sempre que garden relación co proxecto e sexan debidamente xustificadas.
c) Gastos materiais. Neste sentido admitiranse gastos derivados da difusión e visualización do proxecto, así como gastos de material preventivo ou divulgativo.
d) Gastos xerais derivados do mantemento do servizo, tales como os correspondentes aos alugueiros dos locais, asesoría, electricidade, gas, auga, telefonía, lixo ou comunidade.
e) Custos indirectos, sempre que sexan imputados á actividade subvencionada na parte que razoablemente corresponda.
f) Gastos financeiros, de asesoría xurídica ou financeira, gastos notariais e rexistrais e gastos periciais se están directamente relacionados coa actividade subvencionada e son indispensables para a súa preparación ou execución.
g) Os tributos consideraranse gastos subvencionables cando o/os concello/s beneficiario/s desta axuda os aboen efectivamente e sempre que, no caso dos impostos indirectos, non sexan pola súa parte susceptible de recuperación ou compensación.
h) En ningún caso terán a consideración de gastos subvencionables os xuros debedores de contas bancarias, así como os xuros, recargas ou sancións administrativas ou os gastos de procedementos xudiciais.
4. Considerarase gasto realizado o que fose recoñecido como obriga ou efectivamente pagado con anterioridade á finalización do prazo de xustificación correspondente. Exceptuaranse aqueles gastos cuxos pagamentos deban efectuarse nun momento posterior, por axustarse aos calendarios de recadación, como os ingresos a conta do IRPF ou cotas por seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación. O importe destes ingresos ou cotas considerarase xustificado coa presentación do documento de gasto (factura ou documento equivalente) no que se reflicta o importe de retención ou cotizacións devindicadas na data de xustificación, quedando obrigada a entidade subvencionada a presentar os documentos acreditativos da súa liquidez nos dez días seguintes ao remate dos prazos legalmente establecidos para o seu ingreso no período voluntario; en todo caso, esta presentación terá como data límite o derradeiro día do mes seguinte ao último trimestre do exercicio da convocatoria.
Poderán concorrer á concesión destas subvencións todos aqueles concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia que pretendan desenvolver, individualmente ou agrupados, un proxecto de prevención de condutas adictivas e que reúnan os requisitos sinalados no artigo 4 da orde.
A asignación económica da subvención terá carácter individual para cada concello e mancomunidade, agás no caso das agrupacións de concellos, no que se asignará unha única subvención para realizar un proxecto común.
Obrigas das entidades beneficiarias, compatibilidade e reintegro.
1. As entidades interesadas quedan obrigados a someterse ás accións de control, comprobación e inspección que efectuará a Consellería de Sanidade, ás de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, a achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores e demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
2. As subvencións serán compatibles con calquera subvención ou axuda para a mesma finalidade.
3. Procederá a revogación das subvencións, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora nos casos e nos termos previstos nos artigos 32 e 33 da citada Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
Xunta de Galicia
Consellería de Sanidade
Dirección Xeral de Saúde Pública
Subdirección Xeral de Estilos de Vida Saudables
Servizo de Prevención de Condutas Aditivas
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881541858
Fax: 881546571
Prazo de presentación: PECHADO
28/09/2019 00:00 - 28/10/2019 23:59
1. O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
2. Ningún concello poderá figurar nunha solicitude conxunta (agrupación ou mancomunidade) e subscribir outra individual. De darse o caso prevalecerá a solicitude realizada de forma conxunta.
1. Os requisitos para obter a condición de beneficiario da subvención son os seguintes:
a) A existencia, ou creación, se é o caso, dunha unidade de prevención de condutas adictivas, que contará coa infraestrutura física e de medios axeitada para o desenvolvemento dos programas e as actividades que deberá levar a cabo.
b) A unidade á que fai referencia a epígrafe anterior estará constituída, polo menos, por unha persoa, profesional con titulación universitaria e formación específica en condutas adictivas, que actuará como representante técnica do proxecto ante a Consellería de Sanidade.
En cumprimento da prohibición establecida no punto 5 do artigo 13 da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, as entidades beneficiarias de subvención garantirán que as persoas traballadoras que vaian participar en programas cuxo desenvolvemento implique contacto directo con persoas menores de idade non posúan antecedentes penais por delitos sexuais. A Consellería de Sanidade resérvase o dereito de requirir durante a fase de resolución os certificados que acrediten esta situación.
c) A presentación dun proxecto de actuación para os anos 2019, 2020, 2021 e 2022 orientado á prevención das condutas adictivas.
d) O proxecto de prevención comprenderá entre 4 e 8 dos programas definidos no artigo 6.
1º. Este proxecto incluirá obrigatoriamente algún de 2 dos 3 ámbitos principais de intervención: escolar, familiar e xuvenil.
2º. Se a Consellería de Sanidade actualizase a carteira de servizos en materia de prevención do Plan de Galicia sobre drogas o compromiso de realización de programas ao que se refire o punto 4 deste artigo extenderíase aos programas equivalentes incluídos na nova carteira. De ser o caso e co fin de facilitar a transición, a consellería establecería unha táboa de equivalencias entre programas antigos e novos, de xeito que se garantiría a continuidade das actividades programadas.
e) Estar inscrito/a, no momento da solicitude da subvención, no Rexistro de Entidades Colaboradoras do Plan de Galicia sobre Drogas regulado no Decreto 74/2002, do 28 de febreiro, polo que se crea o Rexistro de Entidades Colaboradoras do Plan de Galicia sobre Drogas, e se regula o procedemento para a súa declaración de interese, modificado polo Decreto 58/2005, do 24 de febreiro. No caso das solicitudes de agrupacións ou mancomunidades de concellos será suficiente con que este requisito sexa cumprido por un dos concellos.
f) O proxecto presentado deberá abranguer unha área de actuación mínima de 10.001 habitantes, podendo ser de carácter municipal ou abarcar varios concellos para os cales se presente un proxecto común. A poboación destinataria do proxecto comprobarase no último padrón municipal publicado polo Instituto Galego de Estatística o día que remate o prazo de presentación de solicitudes.
g) A entidade solicitante optará necesariamente á clase que lle corresponda en función da poboación que abranga o seu proxecto.
h) As intervencións que se desenvolverán neste proxecto preventivo non poderán dirixirse a poboación que xa sexa beneficiaria de intervencións similares realizadas por outras institucións ou entidades, de carácter público ou privado, ao mesmo tempo.
i) As entidades solicitantes deberán ter remitido ao Consello de Contas as contas xerais do último exercicio ao que estean legalmente obrigadas, de acordo co disposto no artigo 4.1 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas. No caso das solicitudes presentadas por agrupacións de concellos, este requisito deberá ser cumprido por cada un dos concellos integrantes.
j) Non incorrer en ningún dos supostos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. No caso das solicitudes presentadas por agrupacións de concellos, este requisito deberá ser cumprido por cada un dos concellos integrantes.
k) Presentar a solicitude no prazo e forma que establece o artigo 13.
l) Enviar á Consellería de Sanidade todos os materiais e publicacións (en formatos físicos ou electrónicos) que se elaboren no contexto das axudas reguladas por esta orde para que sexan revisados e aprobados. Os materiais que utilicen a imaxe corporativa da Consellería de Sanidade deberán cumprir ademais cos criterios oficiais de identidade corporativa da Xunta de Galicia.
2. Os requisitos para ser beneficiarios da subvención deberán cumprirse antes do final do prazo de presentación de solicitudes.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (anexo I).
A solicitude poderá ser presentada por un concello de forma individual, por un concello en representación dunha agrupación de concellos, ou por unha mancomunidade de concellos.
Se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.
As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) No caso de que a solicitude sexa presentada por un concello de forma individual ou por unha mancomunidade:
1º. Memoria explicativa do proxecto, que se axustará ás características definidas no artigo 15 desta orde.
2º. Declaración responsable da persoa representante da entidade local solicitante, segundo o formulario normalizado no anexo II, na que se faga constar:
– As axudas solicitadas e concedidas, para as mesmas actuacións solicitadas ao abeiro desta orde, ás distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou privados e o compromiso de comunicar inmediatamente cantas axudas solicite ou obteña doutras administracións ou doutros entes públicos ou privados a partir da data desta declaración. Se houbese outros ingresos que financien a actividade subvencionada, deberá incluírse una relación detallada de tales ingresos, con indicación do importe e da súa orixe.
– Que a entidade local non está incursa en ningunha das prohibicións establecidas no artigo 10, números 2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para obter a condición de beneficiaria da subvención.
Para os efectos do previsto no artigo 11.e) e concordantes da Lei de subvencións de Galicia, esta declaración será documento suficiente para acreditar que a entidade local está ao día das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma e que non é debedora por resolución de procedemento de reintegro.
3º. Certificado emitido pola persoa titular da secretaría da entidade local, segundo o formulario normalizado no anexo III, no que se faga constar:
– O acordo do órgano competente da entidade local polo que se solicita a subvención para os gastos que se pretenden executar ao abeiro desta orde, e que se aceptan expresamente as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nela.
Neste acordo deberá constar expresamente que se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos na orde, e deberá estar adoptado antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes.
– A remisión das contas da entidade local do último exercicio ao que está legalmente obrigada ao Consello de Contas.
No certificado quedará acreditado que a remisión das contas ao Consello de Contas efectuouse antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes, polo que se consignará a data de remisión ao Consello de Contas e non se admitirán aquelas nas que non se faga constar a data de remisión.
b) No caso de solicitudes conxuntas presentadas por unha agrupación de concellos:
1º. Memoria explicativa do proxecto, que se axustará ás características definidas no artigo 15 desta orde.
2º. Declaración responsable da persoa representante da agrupación de concellos, segundo o formulario normalizado no anexo II, na que se faga constar:
– As axudas solicitadas e concedidas, para as mesmas actuacións solicitadas ao abeiro desta orde, ás distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou privados e o compromiso de comunicar inmediatamente cantas axudas solicite ou obteña doutras administracións ou doutros entes públicos ou privados a partir da data desta declaración. Se houbese outros ingresos que financien a actividade subvencionada, deberá incluírse una relación detallada de tales ingresos con indicación do importe e da súa orixe.
– Que ningún dos concellos integrantes da agrupación está incurso en ningunha das prohibicións establecidas no artigo 10, números 2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para obter a condición de beneficiaria da subvención.
Para os efectos do previsto no artigo 11.e) e concordantes da Lei de subvencións de Galicia, esta declaración será documento suficiente para acreditar que a entidade local está ao día das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma e que non é debedora por resolución de procedemento de reintegro.
As declaracións orixinais emitidas polos concellos integrantes da agrupación deberán quedar en poder do concello representante para a súa achega no procedemento de subvencións, no caso de que sexa requirido polo órgano tramitador.
3º. Certificado emitido, segundo o formulario normalizado no anexo III, pola persoa titular da secretaría do concello representante da agrupación no que se faga constar que, segundo os acordos adoptados polos órganos competentes de cada un dos concellos agrupados e/ou os certificados emitidos polas persoas titulares da secretaría de cada un destes, os concellos integrantes da agrupación:
– Acordan solicitar a subvención para os gastos que se pretenden executar ao abeiro desta orde, e aceptan expresamente as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nela.
Neste acordo deberá constar expresamente que se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos na orde, e o acordo deberá estar adoptado antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes.
– Acordan o nomeamento da persoa titular da alcaldía como representante con poder suficiente para cumprir os deberes que como entidade beneficiaria corresponden á agrupación, e que actuará como coordinadora, interlocutora, perceptora e xustificadora da axuda.
– Acordan o compromiso solidario da execución e da aplicación solidaria da subvención.
– Remitiron as contas xerais do último exercicio ao que están legalmente obrigados ao Consello de Contas.
No certificado quedará acreditado que a remisión das contas ao Consello de Contas efectuouse antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes, polo que se consignará a data de remisión ao Consello de Contas e non se admitirán aquelas nas que non se faga constar a data de remisión.
Os acordos orixinais emitidos polos concellos integrantes da agrupación, así como as certificacións emitidas polas persoas titulares da secretaría de cada concello, deberán quedar en poder do concello representante para a súa achega no procedemento de subvencións, no caso de que sexa requirido polo órgano tramitador.
4º. Copia do convenio de colaboración subscrito polas partes (potestativo no momento da solicitude).
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, as entidades interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas entidades interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
A documentación complementaria presentarase por vía electrónica. As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir de maneira motivada a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que hai que presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI da persoa representante da entidade solicitante.
c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas fronte á Axencia Estatal de Administración Tributaria.
d) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas fronte á Tesourería Xeral da Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas fronte á Axencia Tributaria de Galicia.
2. No caso de que as entidades interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no anexo I, segundo corresponda, e achegar os documentos correspondentes.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás entidades interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Gal
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 22 de xuño de 2020 pola que se modifica a Orde do 16 de setembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas adictivas promovidos por concellos, mancomunidades de concellos ou agrupacións de concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 129 do 1 de xullo de 2020).
-
Orde do 16 de setembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas adictivas promovidos por concellos, mancomunidades de concellos ou agrupacións de concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 184 do 27 de setembro de 2019).
-
Extracto da Orde do 16 de setembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas adictivas promovidos por concellos, mancomunidades de concellos ou agrupacións de concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 184 do 27 de setembro de 2019).
-
Corrección de erros. Orde do 16 de setembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas adictivas promovidos por concellos, mancomunidades de concellos ou agrupacións de concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento SA463G) (DOG nº 137 do 10 de xullo de 2020)
-
Outros procedementos relacionados
Recoñecemento de interese sanitario para actos de carácter científico.
Aberto todo o ano
Informe sanitario para concesión de augas para abastecemento.
Aberto todo o ano
Acreditación para desenvolvemento de actividades con agonistas opiáceos.
Aberto todo o ano
Renovación da acreditación para desenvolvemento de actividades con agonistas opiáceos.
Aberto todo o ano