Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
SA463F
Subvencións para o desenvolvemento de proxectos de prevención de condutas adictivas promovidos por entidades privadas sen ánimo de lucro que desenvolven o seu labor no eido da prevención na Comunidade Autónoma de Galicia.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar, en réxime de cofinanciamento e concorrencia competitiva, a concesión de subvencións a proxectos de prevención de condutas adictivas que se desenvolvan en Galicia nos anos 2017, 2018 e 2019, en consonancia coas áreas de actuación prioritarias establecidas pola Dirección Xeral de Saúde Pública. Esta orde regula o procedemento recollido na sede electrónica da Xunta de Galicia.
De acordo co establecido na carteira de servizos en materia de prevención do Plan de Galicia sobre drogas:
1. Serán programas básicos os seguintes:
a) Ámbito escolar: «PPCDE/Saúde na escola» e «Non pasa nada, pasa algo?».
b) Familiar: «Máis que un teito», «En familia todos contan» e «Entre todos».
c) Xuvenil: «Activa» e «Cambio de sentido».
2. Serán programas complementarios:
a) Os seguintes programas da carteira de servizos: «Ao alcance», «Cine e saúde», «Odisea», «Creative», «Acais», «Información-sensibilización» e «Formación de mediadores».
b) Calquera outro que a entidade solicitante considere oportuno desenvolver.
Poderanse presentar ata un máximo de 5 programas complementarios.
Os programas da carteira de servizos «Alternativa», «Itínere» e «Penélope» non serán valorados nesta convocatoria de axudas. O programa «Sísifo» soamente será valorado para as entidades que opten á clase 2.
3. Serán programas e actividades de diminución de riscos e redución de danos dirixidos a drogodependentes en situación de emerxencia social (programa Sísifo), os seguintes:
a) Programa de captación activa e intervención en medio aberto.
b) Programa de centro de encontro e acollida.
c) Programa de intercambio de material de inxección, dispensa e distribución de kits hixiénicos, preservativos, etc.
d) Programa de información-formación ás persoas destinatarias do proxecto.
4. Todos os programas e actividades que se planifiquen deberán prever necesariamente a perspectiva de xénero.
Conceptos subvencionables.
1. Considéranse gastos subvencionables aqueles que de maneira indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen no prazo establecido no artigo 8.5. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.
En particular, subvencionaranse os seguintes conceptos de gasto:
a) Gastos de persoal. Ás retribucións en nómina sumaranse os gastos de seguridade social correspondentes á empresa e o seu total constituirá o gasto subvencionable por custos de persoal.
b) Axudas de custo, sempre que garden relación co proxecto e sexan debidamente xustificadas.
c) Gastos materiais. Neste sentido admitiranse gastos derivados da difusión e visualización do proxecto, así como gastos de material preventivo ou divulgativo.
d) Gastos xerais derivados do mantemento do servizo tales como os correspondentes aos alugamentos dos locais, asesoría, electricidade, gas, auga, telefonía, lixo ou comunidade.
e) Custos indirectos, sempre que sexan imputados á actividade subvencionada na parte que razoablemente corresponda.
f) Gastos financeiros, de asesoría xurídica ou financeira, gastos notariais e rexistrais e gastos periciais se están directamente relacionados coa actividade subvencionada e son indispensables para a súa preparación ou execución.
g) Os tributos consideraranse gastos subvencionables cando a/s entidade/s beneficiaria/s desta axuda os aboe/n efectivamente e sempre que, no caso dos impostos indirectos, non sexan pola súa parte susceptible de recuperación ou compensación.
h) En ningún caso terán a consideración de gastos subvencionables os xuros debedores de contas bancarias, así como os xuros, recargas ou sancións administrativas ou os gastos de procedementos xudiciais.
2. Considerarase gasto realizado o que fose efectivamente pagado con anterioridade á finalización do prazo de xustificación correspondente. Exceptuaranse aqueles gastos cuxos pagamentos deban efectuarse nun momento posterior, por axustárense aos calendarios de recadación, como os ingresos á conta do IRPF ou cotas por seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación. O importe destes ingresos ou cotas considerarase xustificado coa presentación do documento de gasto (factura ou documento equivalente) no cal se reflicta o importe de retención ou cotizacións devindicadas na data de xustificación, quedando obrigada a entidade subvencionada a presentar os documentos acreditativos da súa liquidez nos dez días seguintes ao remate dos prazos legalmente establecidos para o seu ingreso no período voluntario; en todo caso, esta presentación terá como data límite o derradeiro día do mes seguinte ao último trimestre do exercicio da convocatoria.
Poderán concorrer á concesión destas subvencións todas aquelas entidades privadas sen ánimo de lucro de Galicia que desenvolvan o seu labor no eido da prevención das condutas adictivas que pretendan desenvolver, individualmente ou agrupadas, un proxecto de prevención obxecto da presente orde.
A asignación económica da subvención terá carácter individual para cada entidade privada, agás no caso das agrupacións de entidades, en que se asignará unha única subvención para realizar un proxecto común. Nestes casos, as entidades privadas integrantes da agrupación nomearán unha representante única do proxecto conxunto, que actuará como coordinadora e interlocutora ante a Consellería de Sanidade.
Ningunha entidade privada poderá figurar nunha solicitude colectiva e subscribir outra individual. De darse o caso, prevalecerá a solicitude realizada de forma conxunta.
Obrigas dos beneficiarios, compatibilidade e reintegro.
1. As entidades beneficiarias quedan obrigadas a someterse ás accións de control, comprobación e inspección que efectuará a Consellería de Sanidade, ás de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, a achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores e demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
2. As subvencións serán compatibles con calquera subvención ou axuda para a mesma finalidade.
3. Procederá a revogación das subvencións, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora nos casos e nos termos previstos nos artigos 32 e 33 da citada Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
Xunta de Galicia
Consellería de Sanidade
Dirección Xeral de Saúde Pública
Subdirección Xeral de Estilos de Vida Saudables
Servizo de Prevención de Condutas Aditivas
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881541859 / 881541862
Fax: 881546571
Prazo de presentación: PECHADO
08/07/2017 00:00 - 07/08/2017 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
1. A creación ou existencia dunha unidade ou servizo de prevención de condutas adictivas. Este requisito non será de aplicación no caso das entidades privadas que pretendan desenvolver programas e actividades de diminución de riscos e redución de danos na rúa e espazos abertos, aos cales se refire o artigo 5.3.
2. Esa unidade ou servizo estará constituída, polo menos, por un/unha profesional con titulación universitaria e formación específica en condutas adictivas, que actuará como representante técnico/a do proxecto ante a Consellería de Sanidade.
3. Contar coa infraestrutura física e de medios axeitada para o desenvolvemento das funcións, os programas e as actividades que deberá levar a cabo.
4. A presentación dun proxecto de actuación para os anos 2017, 2018 e 2019 orientado á prevención das condutas adictivas.
5. O proxecto de prevención incluirá os seguintes programas:
a) Clases 1, 3 e 4: os programas definidos nos números 1 e 2 do artigo 5 que a entidade solicitante considere oportunos (ata un máximo de 12), dentro dos cales necesariamente se incluirá como mínimo un do ámbito escolar, outro do familiar e outro do xuvenil.
b) Clase 2: os 4 programas enumerados no artigo 5.3.
6. Estar inscrita, no momento da solicitude de subvención, no Rexistro de Entidades Colaboradoras do Plan de Galicia sobre Drogas regulado no Decreto 74/2002, do 28 de febreiro, polo que se crea o Rexistro de Entidades Colaboradoras do Plan de Galicia sobre Drogas, e se regula o procedemento para a súa declaración de interese, modificado polo Decreto 58/2005, do 24 de febreiro. No caso das solicitudes presentadas por agrupacións de entidades será suficiente con que este requisito sexa cumprido por unha das entidades privadas.
7. O proxecto presentado deberá abranguer unha área de actuación mínima de 10.001 habitantes, podendo ser de carácter municipal ou abarcar varios concellos para os cales se presenta un proxecto común. As entidades pertencentes ás clases 1 e 2 quedarán exentas de cumprir este requisito. A acreditación da poboación destinataria dos proxectos da clase 3 farase mediante certificado municipal da poboación que abrangan. Para a acreditación da clase 4 revisarase o padrón municipal que figure no Instituto Galego de Estatística na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
8. A entidade solicitante deberá manifestar de xeito expreso a clase a que opta, segundo o indicado no artigo 9. Se unha entidade privada se asocia con outra co fin de desenvolver un proxecto común nun mesmo ámbito territorial de actuación, deberán determinar cal delas será a interlocutora coa Consellería de Sanidade e receptora da subvención.
9. As intervencións que se desenvolverán neste proxecto preventivo non poderán dirixirse á poboación que xa sexa beneficiaria de intervencións similares desenvoltas por outras institucións ou entidades, de carácter público ou privado, ao mesmo tempo.
10. Non incorrer en ningún dos supostos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
11. Presentar a solicitude no prazo e forma que establece o artigo 12.
12. Todos os materiais e publicacións (en formatos físicos ou electrónicos) que se elaboren no contexto das axudas reguladas por esta orde deberán ser revisados e aprobados polo Servizo de Prevención de Condutas Adictivas. Os materiais que utilicen a imaxe corporativa da Consellería de Sanidade deberán cumprir, ademais, cos criterios oficiais de identidade corporativa da Xunta de Galicia.
As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Memoria explicativa do proxecto, que se axustará ás características definidas no artigo 14 desta orde.
b) Anexo II de declaración de axudas e consentimento. Este anexo presentarase unicamente no caso de solicitudes conxuntas. Achegarase un exemplar por cada unha das entidades acompañantes á solicitante da subvención, no cal se dará o consentimento para que a entidade que asina o anexo I actúe como representante.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) NIF da/s entidade/s solicitante/s.
b) DNI da/s persoa/s representante/s da/s entidade/s solicitante/s.
c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas fronte á Axencia Estatal de Administración Tributaria.
d) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas fronte á Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas fronte á Axencia Tributaria de Galicia.
2. No caso de que as entidades interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro habilitado nos anexos I e II, segundo corresponda, e achegar os documentos correspondentes.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás entidades interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas entidades interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
A documentación complementaria presentarase por vía electrónica. As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir de maneira motivada a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 26 de xuño de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas adictivas promovidos por entidades privadas sen ánimo de lucro que desenvolven o seu labor no eido da prevención na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 129 do 7 de xullo de 2017).
-
Extracto da Orde do 26 de xuño de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas adictivas promovidos por entidades privadas sen ánimo de lucro que desenvolven o seu labor no eido da prevención na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 129 do 7 de xullo de 2017)
-
Resolución do 20 de marzo de 2018 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas e denegadas en virtude da Orde do 26 de xuño de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas adictivas promovidos por entidades privadas sen ánimo de lucro que desenvolven o seu labor no eido da prevención na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 66 do 5 de abril de 2018)
-
Outros procedementos relacionados
Programa Ignicia proba de concepto.
Prazo aberto: 29/04/2025 00:00 - 28/05/2025 23:59
Autorización de veterinario/a para expedición de autorizacións de traslado de animais
Aberto todo o ano
Fusións de agrupacións de defensa sanitaria gandeiras.
Aberto todo o ano
Integración de explotacións pertencentes a un concello diferente daquel onde unha ADSG estea recoñecida.
Aberto todo o ano