Guía de procedementos e servizos

SA206A

Elección de persoal médico de familia, pediatra e persoal de enfermaría de atención primaria no sistema público de saúde de Galicia.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Sanidade

O obxecto do presente decreto é a regulación do procedemento para o exercicio do dereito á libre elección de persoal médico de familia, pediatra e persoal de enfermaría en atención primaria e de centro ou complexo hospitalario para un problema de saúde novo, no Sistema público de saúde de Galicia.

Ámbito da libre elección.

1. Para os efectos deste decreto, o ámbito de elección esténdese a:

a) Profesionais de medicina de familia, pediatría, enfermaría e matróns/matronas de todos os centros de atención primaria do Servizo Galego de Saúde.

b) Centros hospitalarios da rede pública do Servizo Galego de Saúde para un problema de saúde novo.

2. A elección de facultativo/a de atención primaria dun centro comporta a asignación do hospital de referencia, e non impide a elección dun hospital distinto para un problema de saúde novo.

3. Non están incluídos na libre elección a atención de urxencia, a atención domiciliaria, o transporte sanitario programado e os servizos de apoio de atención primaria agás a elección de matrón/matrona.

Persoas aseguradas ou beneficiarias incluídas no ámbito do establecido no artigo 3 da Lei 16/2003, do 28 de maio, de cohesión e calidade do Sistema Nacional de Saúde, e dispoñer de tarxeta sanitaria en vigor do Servizo Galego de Saúde.

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Servizo Galego de Saúde (SERGAS)

Área Sanitaria de A Coruña e Cee

Xerencia Da Área Sanitaria de A Coruña e Cee

R/ Xubias de Arriba, 84

15006  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981178010

Fax: 981178012

Email: gerencia.chuac@sergas.es

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Servizo Galego de Saúde (SERGAS)

Área Sanitaria de Ferrol

Avda. Residencia, s/n - Hospital Arquitecto Marcide

15405  Ferrol  (Coruña, A)

Teléfono: 981334003

Fax: 981334015

Email: xerencia.xestion.integrada.ferrol@sergas

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Servizo Galego de Saúde (SERGAS)

Área Sanitaria de Lugo, a Mariña e Monforte de Lemos

Xerencia Da Área Sanitaria de Lugo, a Mariña e Monforte de Lemos

Rúa Doutor Ulises Romero, 1

27003  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982296120

Fax: 982295611

Email: xerencia.lugo@sergas.es

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Servizo Galego de Saúde (SERGAS)

Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Xerencia Da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Ramón Puga, 52

32005  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988385548

Fax: 881547058

Email: xerencia.Ourense@sergas.es

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Servizo Galego de Saúde (SERGAS)

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

Xerencia Da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

Avenida de Vigo, 16

36001  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986800103

Fax: 986800004

Email: secretariaxerencia.pontevedra@sergas.es

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Servizo Galego de Saúde (SERGAS)

Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza

Xerencia Da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza

Travesía da Choupana, s/n

15706  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981950960

Fax: 981950900

Email: xerencia.xxisantiago@sergas.es

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Servizo Galego de Saúde (SERGAS)

Área Sanitaria de Vigo

Xerencia Da Área Sanitaria de Vigo

Rúa Pizarro, 22

36204  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986816016

Fax: 986816029

Email: xerencia.chuvi@sergas.e

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Dende o 21.04.2015 para a libre elección de persoal médico de familia e pediatría de atención primaria. Para a libre elección de enfermaría dende o 20.08. 2015 e para elección de centro ou complexo hospitalario dende o 20.10.2015.

1. Para o exercicio do dereito de libre elección previsto neste decreto, a persoa debe ser asegurada ou beneficiaria incluída no ámbito do establecido no artigo 3 da Lei 16/2003, do 28 de maio, de cohesión e calidade do Sistema Nacional de Saúde, e dispoñer de tarxeta sanitaria en vigor do Servizo Galego de Saúde.

2. No caso de menores de idade non emancipados ou persoas con declaración de incapacidade, o dereito á libre elección corresponderalles aos pais, titores ou representantes legais, de conformidade coa lexislación vixente.

  • Xunto coa solicitude presentarase:

    • a) Copia do documento nacional de identidade ou número de identidade de estranxeiro, en caso de non autorizar a súa consulta.

    • b) Se e o caso, a documentación que acredite a lexitimación da persoa que represente o/a solicitante.

    • c) Calquera outra documentación que a xuízo da persoa solicitante se considere adecuada.

  • A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro.

  • A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a traves do formulario normalizado que figura como anexo I, dispoñible no portal web do Servizo Galego de Saúde (https://www.sergas.es) e accesible tamen desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://www.sede.xunta.es, de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    A dita solicitude telemática poderá ademais ser efectuada no propio centro de saúde en que preste servizo o/a profesional ou profesionais elixidos/as cando as persoas usuarias non dispoñan dos medios tecnicos para realizar a presentación electrónica.

  • A tramitación do procedemento require a incorporación de datos en poder das administracións públicas. Polo tanto, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non se autorice o órgano xestor para realizar esta operación, deberán presentarse os documentos comprobantes dos datos, nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

Prazo de resolución: Trinta (30) días naturais

Sentido do silencio: Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 55/2015, do 26 de marzo, polo que se regula o exercicio do dereito á libre elección de persoal médico de familia, pediatra e persoal de enfermaría en atención primaria, e de centro ou complexo hospitalario por un problema de saúde novo, no Sistema público de saúde de Galicia (DOG nº 73 do 20 de abril de 2015).

Outros procedementos relacionados

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR435D

Inspección periódica dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR553C

Indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades

Tramitar en liña

Prazo aberto: 16/01/2025 00:00 - 28/11/2025 23:59

MR561A

Autorización de laboratorios de autocontrol de salmonelas nas explotacións gandeiras.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano