Guía de procedementos e servizos

SA202E

Cambio de titularidade dunha entidade de distribución de uso humano.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Comunicación do cambio de titularidade das entidades de distribución de medicamentos de uso humano

Entidades de distribución de medicamentos de uso humano domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade

Subdirección Xeral de Inspección de Servizos Sanitarios

Servizo de Inspección Farmacéutica

Edificio Administrativo San Lázaro, s/n

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881542702

Email: servizo.inspeccion.farmaceutica@sergas.es

Subdirección Xeral de Inspección de Servizos Sanitarios

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

O Decreto 22/2023, do 16 de febreiro entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación das comunicacións comezará o día 11 de abril de 2023.

Os cambios de titularidade das entidades de distribución de medicamentos deberán ser comunicados.

  • Autorización de cambio de titularidade dunha entidade de distribución de medicamentos de uso humano ( 31.11.05)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

Comunicación segundo o Anexo V.

Documento válido en dereito acreditativo da transmisión da titularidade da entidade de distribución de medicamentos.

Documento acreditativo do abono da taxa 31.11.05 “Autorización de cambio de titularidade dunha entidade de distribución de medicamentos de uso humano”.

Documentación acreditativa do representante legal.

Escritura da constitución da sociedade comunicante.

Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No ca o de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente do Anexo e achegar unha copia dos documentos.

DNI/NIE da persoa representante da entidade.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Estatal
    • Real decreto 782/2013, do 11 de outubro, sobre distribución de medicamentos de uso humano (BOE nº 251 do 19 de outubro de 2013).

    • Real Decreto Lexislativo 1/2015, do 24 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de garantías e uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios (BOE nº 177 de 25 de xullo de 2015).

    • Corrección de erros do Real Decreto Lexislativo 1/2015, de 24 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de garantías e uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios (BOE nº 306 de 23 de decembro de 2015).

  • Ámbito Europeo
    • Directrices do 5 de novembro de 2013 sobre prácticas correctas de distribución de medicamentos para uso humano (2013/C 343/01).

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 22/2023, do 16 de febreiro, polo que se regulan os procedementos de autorización e comunicación relativos ás entidades de distribución de medicamentos de uso humano (DOG nº 57 do 22 de marzo de 2023).

Outros procedementos relacionados

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR435D

Inspección periódica dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR553C

Indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades

Tramitar en liña

Prazo aberto: 16/01/2025 00:00 - 28/11/2025 23:59

MR561A

Autorización de laboratorios de autocontrol de salmonelas nas explotacións gandeiras.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano