Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
SA200A
Reintegro de gastos de prestación farmacéutica ao abeiro do artigo 4 do real decreto lei 16/2012, do 20 de abril, que engade un novo artigo 94.bis á lei 29/2006, do 26 de xullo.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Xunta de Galicia
Consellería de Sanidade
Servizo Galego de Saúde (SERGAS)
Xerencia do Servizo Galego de Saúde
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes comezará ou día 24 de agosto de 2016.
a) 8 euros para as persoas que teñan a condición de asegurado como pensionistas da Seguridade Social e os seus beneficiarios cuxa renda sexa inferior a 18.000 euros.
b) 18 euros para as persoas que teñan a condición de asegurado como pensionistas da Seguridade Social, e os seus beneficiarios, cuxa renda sexa igual ou superior a 18.000 euros e inferior a 100.000 euros.
c) 60 euros para as persoas que teñan a condición de asegurado como pensionistas da Seguridade Social e os seus beneficiarios cuxa renda sexa igual ou superior a 100.000 euros.
2. Acadado polo usuario o seu límite mensual de achega, non continuará realizando máis achegas económicas durante o resto de días do mes en curso en todas aquelas dispensacións que se produzan a través de receita electrónica do Sistema Público de Saúde de Galicia, sen prexuízo de que poderá percibir os reintegros que lle puideran corresponder polas achegas efectuadas nos casos previstos nestas instrucións.
O usuario con tarxeta sanitaria en vigor do Servizo Galego de Saúde poderá cursar solicitude de reintegro de gastos cando concorra algún dos seguintes supostos:
a) Que por motivos de viaxe ou desprazamentos a outras comunidades autónomas, aboase unha achega superior á que lle correspondería de acordo cos topes máximos de achega establecidos na norma de aplicación.
b) Que non lle fora aplicada correctamente a porcentaxe de achega ou o tope máximo mensual que lle corresponda no momento da dispensación do medicamento ou produto sanitario, por cambio da situación do usuario ou outra causa debidamente xustificada, que este debe acreditar.
c) Calquera outro suposto que xustifique que a achega efectuada polo usuario supere a porcentaxe ou importe que lle corresponda de acordo coa normativa de aplicación.
Solicitude segundo o Anexo I.
Copia do DNI ou NIE, só no caso de non autorizar a súa consulta.
Tarxeta sanitaria individual do solicitante.
Ticket-factura (recibo) da oficina de farmacia, consonte o sinalado no apartado sexto punto 2.a das Instrucións sobre o procedemento de xestión do reintegro de gastos da prestación farmaceutica ambulatoria previsto no artigo 4 do Real decreto lei 16/2012, do 20 abril, que engade un novo artigo 94.bis á Lei 29/2006, do 26 de xullo ........
Volante de instrucións ao paciente (copia da receita) ou folla de medicación activa que acredite a existencia da receita con selo estampillado da oficina de farmacia como xustificación de que o produto foi dispensado.
Certificación do INSS, no caso de incidencia por cambio de situación ou por outra causa na porcentaxe de achega ou no tope máximo mensual recollidos na base de datos de tarxeta sanitaria para o usuario, con indicación da data desde que se produciu a incidencia.
Calquera outro documento que acredite a causa da solicitude de reintegro.
Prazo de resolución: 3 meses
Sentido do silencio: Non especificado
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 28 de xullo de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Sanidade (DOG nº 147 do 4 de agosto de 2016).
-
Resolución do 27 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se acorda dar publicidade ás instrucións sobre o procedemento de xestión do reintegro de gastos da prestación farmacéutica ambulatoria previsto no artigo 4 do Real decreto Lei 16/2012, do 20 abril, que engade un novo artigo 94.bis á Lei 29/2006, do 26 de xullo (DOG nº 124 do 29 de xuño de 2012).
-
Outros procedementos relacionados
Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Inspección periódica dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades
Prazo aberto: 16/01/2025 00:00 - 28/11/2025 23:59
Autorización de laboratorios de autocontrol de salmonelas nas explotacións gandeiras.
Aberto todo o ano