Guía de procedementos e servizos

SA101J

Autorización de instalación de centros, servizos e establecementos sanitarios.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Sanidade

Regular o réxime xurídico xeral e o procedemento de autorización de instalación, funcionamento, modificación e peche dos centros, servizos e establecementos sanitarios, públicos ou privados, de calquera clase ou natureza, localizados na Comunidade Autónoma de Galicia.

Os centros, servizos e establecementos sanitarios defínense e clasifícanse de acordo coa nomenclatura que establecen os anexos I e II do Real decreto 1277/2003, do 10 de outubro, polo que se establecen as bases xerais sobre autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios.

Quedan excluídos do ámbito de aplicación deste decreto, rexéndose pola súa normativa específica:

a) Os establecementos dedicados á importación ou elaboración de medicamentos ou produtos sanitarios.

b) Os servizos e unidades técnicas de protección radiolóxica.

c) Os centros, servizos e establecementos integrados na rede de sanidade militar.

d) As oficinas de farmacia, a excepción das disposicións referentes ao rexistro de centros, servizos e establecementos sanitarios, que serán de obrigado cumprimento.

Interesados en crear e por en marcha centros, servizos e establecementos sanitarios.

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de A Coruña

Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria de A Coruña

R/Durán Loriga, 3

15003  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981155817/ 981155823

Fax: 981155869

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo

Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria de Lugo

Montevideo, 9

27001  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982292107

Fax: 982292115

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Ourense

Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria de Ourense

Avda. Zamora, 13

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988066321

Fax: 988386302

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra

Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria de Pontevedra

Avda. María Victoria Moreno, 43-1º

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986885880

Fax: 986814186

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Ata o 1 de maio de 2014 a presentación será exclusivamente presencial e a partir do 1 de maio exclusivamente electrónica.

Os requisitos xerais e específicos que, en función da súa actividade, deberán cumprir os centros, servizos e establecementos sanitarios serán os contidos nos anexos I e II do Decreto 12/2009, do 8 de xaneiro.

  • Solicitude segundo o Anexo IA deste Decreto.

  • Copia do NIF para o caso de que o titular sexa unha persoa xurídica ou do DNI para o caso de que o titular sexa persoa física e non autorice a consulta no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

  • Acreditación do representante legal cando sexa o caso.

  • Memoria descritiva en que conste: Actividade, instalacións, equipamento e tecnoloxía (detallado por unidades e/ou dependencias).

  • Memoria tecnica, que comprenderá:

    • a) Planos de conxunto e de detalle que permitan a perfecta identificación e localización do centro ou servizo sanitario, con especificación de accesos tendo en conta a normativa de supresión de barreiras arquitectónicas, distribución de espazos segundo a finalidade e localización do equipamento sanitario.

    • b) Relación de residuos tóxicos ou perigosos que se prevexa vai xerar a actividade e forma en que se van xestionar.

    • c) No suposto de unidades móbiles de atención sanitaria, a memoria incluirá ademais, as especificacións tecnicas, permiso de circulación e inspección tecnica dos vehículos con que se prestarán os servizos.

  • Relación de profesionais sanitarios que ten previsto incorporar a cada unidade asistencial, indicando a súa titulación.

  • Xustificante de aboar a taxa correspondente.

  • Esta entidade titular dispón e se compromete a facilitar á Administración a seguinte documentación, que así o acredita e a manter dito cumprimento: Se o titular e persoa xurídica:

    • Escritura de constitución da sociedade.

    • Certificación de inscrición no Rexistro Mercantil.

  • Documento acreditativo da propiedade ou dispoñibilidade xurídica do centro ou servizo sanitario: copia do contrato de arrendamento ou escritura de compravenda do local.

  • No caso de balnearios disporán dun documento que acredite posuír os dereitos que comporta a concesión ou autorización de aproveitamento das augas minero-medicinais ou termais para usos terapeuticos, e a designación do perímetro de protección con plano de situación.

  • A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a traves do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de conformidade ao establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente do formulario principal, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

    No caso de que algún dos documentos que se van presentar por parte da persoa solicitante, de forma electrónica, superase os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

  • Prazo de resolución: Cinco meses

    Sentido do silencio: Negativo

    Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

    • Ámbito Autonómico
      • Decreto 12/2009, do 8 de xaneiro, polo que se regula a autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).

      • Decreto 42/2014, do 27 de marzo, polo que se modifica o Decreto 12/2009, do 8 de xaneiro, polo que se regula a autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios (DOG nº 71 do 11 de abril de 2014).

    • Ámbito Estatal
      • Real Decreto 1277/2003, do 10 de outubro, polo que se establecen as bases xerais sobre autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios (BOE nº 254 do 23 de outubro de 2003).

      • Corrección de erros do Real Decreto 1277/2003, do 10 de outubro, polo que se establecen as bases xerais sobre autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios (BOE nº 279 do 21 de novembro de 2003).

      • Corrección de erros do Real Decreto 1277/2003, do 10 de outubro, polo que se establecen as bases xerais sobre autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios (BOE nº 162, do 6 de xullo de 2004).

      • Orde SCO/1741/2006, do 29 de maio, pola que se modifican os anexos do Real Decreto 1277/2003, do 10 de outubro, polo que se establecen as bases xerais sobre autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios (BOE nº 134, do 6 de xuño de 2006).

    Outros procedementos relacionados

    MR203B

    Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

    Tramitar en liña

    Aberto todo o ano

    MR435D

    Inspección periódica dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios.

    Tramitar en liña

    Aberto todo o ano

    MR553C

    Indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades

    Tramitar en liña

    Prazo aberto: 16/01/2025 00:00 - 28/11/2025 23:59

    MR561A

    Autorización de laboratorios de autocontrol de salmonelas nas explotacións gandeiras.

    Tramitar en liña

    Aberto todo o ano