Guía de procedementos e servizos

PR947B

Auditorías das federacións deportivas galegas.

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Prazo pechado: 23/04/2024 00:00 - 29/11/2024 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

A presente resolución ten por obxecto aprobar o Plan de auditorías das federacións deportivas de Galicia para o período 2021-2024 e establecer o procedemento para a presentación dos informes de auditoría.

Serán obxecto de auditoría as contas anuais correspondentes ao exercicio inmediatamente anterior ao da presentación.

O Plan de auditorías das federacións deportivas galegas será de aplicación obrigatoria para todas as federacións deportivas galegas incluídas no ámbito de aplicación da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, nos termos e co detalle que se establecen nesta resolución.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Secretaría Xeral para O Deporte

Rúa Madrid 2-4 Fontiñas, 2ª andar

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996362

Secretaría Xeral para O Deporte

Prazo de presentación: PECHADO

24/12/2020 00:00 - 30/11/2021 23:59

13/01/2022 00:00 - 31/01/2022 23:59

02/06/2022 00:00 - 30/11/2022 23:59

24/03/2023 00:00 - 29/11/2023 23:59

23/04/2024 00:00 - 29/11/2024 23:59

De conformidade co artigo 5.2 da Orde do 12 de abril de 2024 (DOG nº 79 do 22 de abril de 2023) o prazo de presentación dos informes de auditoría, nos termos establecidos nesta orde, abrirase a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, e terá como data límite para a súa presentación o 30 de xullo de 2024 para as auditorías das contas anuais de 2023, e a do 29 de novembro de 2024 para as auditorías operativas.

1. Están obrigadas á presentación do informe de auditoría das contas anuais en todos os exercicios comprendidos no período 2021-2024 as federacións deportivas en que concorra algunha das seguintes circunstancias:

a) Federacións deportivas que obtivesen axudas públicas ou subvencións da Administración autonómica por contía igual ou superior aos 100.000 euros no exercicio que se vai auditar, ou nas cales a subvención, axudas ou outro tipo de ingresos da Administración autonómica represente o 60 % ou máis do total de ingresos do exercicio que se vai auditar.

b) Federacións deportivas que teñan en vigor un plan de viabilidade aprobado polo departamento autonómico con competencias no ámbito deportivo.

c) Federacións deportivas que obtivesen, no informe de auditoría inmediatamente anterior, unha opinión con salvidades, desfavorable ou denegada.

2. De conformidade co artigo 37.2 do Regulamento do Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, aprobado mediante o Decreto 85/2014, do 3 de xullo, durante a vixencia do presente plan todas as federacións deportivas galegas deberán auditar, polo menos unha vez, as súas contas. Para estes efectos, o departamento autonómico con competencias en materia de deporte incorporará anualmente ao Plan de auditorías aquelas federacións deportivas que, a pesar de non estaren comprendidas nas circunstancias definidas no número un, resulten obrigadas a presentar un informe de auditoria das contas anuais do exercicio correspondente.

3. A resolución anual pola que se acorde a incorporación de novas federacións deportivas ao presente Plan de auditorías, así como as federacións que deban de someterse a auditorías operativas ou de xestión, será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

4. Non obstante o disposto no punto 1.a) deste artigo, na resolución anual pola que se determinen as federacións deportivas que teñan que presentar informe de auditoría das súas contas anuais, a Secretaría Xeral para o Deporte poderá exceptuar desta obriga cando concorran causas motivadas.

Presentación solicitudes.

As comunicacións do informe de auditoría das contas anuais presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, segundo o modelo normalizado que se inclúe como anexo I.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa comunicación presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da comunicación aquela en que foi realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa comunicación a seguinte documentación:

a) Informe de auditoría das contas anuais do exercicio corresponde, se é o caso.

b) Informe de auditoría operativa ou de xestión, se é o caso.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade comunicante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade representante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación da comunicación.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da comunicación deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 5 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se aproba o Plan de auditoría das federacións deportivas de Galicia para o período 2021-2024 e pola que se establece o procedemento para a presentación do informe de auditoría das contas anuais (DOG nº 208 do 15 de outubro de 2020).

    • Resolución do 18 de febreiro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se modifica a Resolución do 5 de outubro de 2020 pola que se aproba o Plan de auditoría das federacións deportivas de Galicia para o período 2021-2024 e pola que se establece o procedemento para a presentación do informe de auditoría das contas anuais (DOG nº 38 do 25 de febreiro de 2021).

    • Resolución do 15 de decembro de 2020, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se determinan as federacións deportivas que teñen que presentar informe de auditoría das contas anuais de 2020 (DOG nº 257 do 23 de decembro de 2020).

    • Resolución do 18 de febreiro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se modifica a Resolución do 15 de decembro de 2020 pola que se determinan as federacións deportivas que teñen que presentar informe de auditoría das contas anuais de 2020 (DOG nº 38 do 25 de febreiro de 2021).

    • Resolución do 23 de maio de 2022, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se determinan as federacións deportivas que teñen que presentar informe de auditoría das contas anuais de 2021 e auditorías operativas (DOG nº 104 do 1 de xuño de 2022).

    • Orde do 17 de novembro de 2022 pola que se modifican a Resolución do 5 de outubro de 2020 pola que aproba o Plan de auditoría das federacións deportivas de Galicia para o período 2021/2024 e pola que se establece o procedemento para a presentación do informe de auditoría das contas anuais (código de procedemento PR947B), e a Resolución do 23 de maio de 2022, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se determinan as federacións deportivas que teñen que presentar informe de auditoría das contas anuais de 2021 e auditorías operativas (DOG nº 225 do 25 de novembro de 2022).

    • Orde do 15 de marzo de 2023 pola que se determinan as federacións deportivas que teñen que presentar informe de auditoría das contas anuais de 2022 e auditorías operativas (DOG nº 58 do 23 de marzo de 2023).

    • Corrección de erros. Orde do 15 de marzo de 2023 pola que se determinan as federacións deportivas que teñen que presentar informe de auditoría das contas anuais de 2022 e auditorías operativas (DOG nº 62 do 29 de marzo de 2023).

    • Orde do 27 de abril de 2023 pola que se modifica a Orde do 15 de marzo do 2023 pola que se determinan as federacións deportivas que teñen que presentar informe de auditoría das contas anuais de 2022 e auditorías operativas (DOG nº 88 do 9 de maio de 2023).

    • Orde do 12 de abril de 2024 pola que se determinan as federacións deportivas que deberán presentar informe de auditoría das contas anuais de 2023 e auditorías operativas (DOG nº 79 do 22 de abril de 2024).

Outros procedementos relacionados

DE001A

Inscrición no Rexistro de Instalacións Deportivas de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR940A

Recoñecemento/adaptación á Lei 7/2013 da galeguidade.

Aberto todo o ano

PR940B

Revogación do recoñecemento.

Aberto todo o ano

PR940C

Inscrición no rexistro da galeguidade.

Aberto todo o ano