Guía de procedementos e servizos

PR946C

Legalización dos libros das entidades deportivas

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Os libros de actas dos órganos de goberno e representación, os libros de rexistro dos membros, así como os libros de contabilidade e os libros de inventarios de bens mobles e inmobles das entidades deportivas inscritas, cuxa levanza sexa obrigatoria de conformidade co establecido na Lei 3/2012, do 2 de abril, deberán estar debidamente encadernados e foliados, e deberán estar legalizados polo Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia mediante dilixencia antes de ser utilizados. No entanto, os libros de contabilidade poderán ser legalizados despois sempre que a entidade deportiva leve os libros de maneira informatizada. Neste suposto deberán ser presentados para a súa legalización dentro dos catro meses seguintes á finalización do exercicio económico.

Entidades deportivas de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Secretaría Xeral para O Deporte

Rúa Madrid, 2-4, 2º andar

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996338/ 881996357/ 881996358

Email: xuridico.deporte@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Coruña

Servizo de Deporte da Coruña

Praza de Agustín Díaz nº 1

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881960771/ 881960772/ 881960773/ 881960767

Email: deportes.coruna@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Lugo

Servizo de Deporte de Lugo

Rolda da Muralla nº 70-1º

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294566/ 982294567/ 982294568

Email: deportes.lugo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Ourense

Servizo de Deporte de Ourense

Avda. da Habana, nº 79 - 4º andar

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386048/ 988386050

Email: deportes.ourense@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Pontevedra

Servizo de Deporte de Pontevedra

Avda. Mª Victoria Moreno, 43 – 6º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 886206527/ 986803926

Email: deportes.pontevedra@xunta.es

Secretaría Xeral para O Deporte

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

A legalización dos libros terá lugar mediante dilixencia e selo e asentaranse no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.

A inscrición no rexistro non convalidará os actos que sexan nulos nin os datos que sexan incorrectos de acordo coas leis.

  • Dilixenciado de libros. ( 30.01.00)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

Presentación de solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado PR946C dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, se algunha das entidades presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

3. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia incluido o sistema de usuario e chave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. Na solicitude debe indicarse:

- a relación de libros cuxa legalización se solicita, con indicación de se se atopan en branco ou se foron formados mediante a encadernación de follas anotadas, así como do número de folios ou follas legalizadas que compoñen cada libro.

- a data da apertura e, se for o caso, de peche dos últimos libros legalizados da mesma clase dos que se solicita a legalización. Non se legalizarán novos libros en branco se previamente non se acredita pola persoa titular da secretaría da entidade a íntegra utilización do anterior, agás no caso de subtracción ou de consignación en acta notarial do seu extravío ou destrución.

Documentación complementaria

1. Xunto coa solicitude deberase achegar a seguinte documentación:

- Libros para dilixenciar

- Documento acreditativo da representación, no seu caso.

- Xustificante do pago da taxa (código taxa: 30.01.00). Poderá realizarse o pago da taxa na sede electrónica, como un dos pasos da tramitación en línea, ou na Oficina Virtual Tributaria.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

3. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

4. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude, e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

- DNI/NIE da persoa representante.

2.No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

3. Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Consentimento para a comprobación de datos

A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta, deberá achegar o documento correspondente.

- NIF da entidade solicitante.

- NIF da entidade representante.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia (DOG nº 71 do 13 de abril de 2012).

    • Decreto 85/2014, do 3 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia (DOG nº 136 do 18 de xullo de 2014).

Outros procedementos relacionados

DE001B

Modificación ou baixa no Rexistro de Instalacións Deportivas de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF500A

Autorización de ocupación de dominio público portuario competencia da Comunidade Autónoma de Galicia con destino á realización de espectáculos públicos e actividades recreativas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE405A

Concesión de licenza de pesca marítima de recreo.

PE405B

Autorización para inmersión e concursos ou campionatos de pesca marítima de recreo.