Guía de procedementos e servizos

PR946B

Modificacións do rexistro de entidades deportivas.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Pechado

Desde o 23/09/2024, incluído, as solicitudes relativas a este procedemento PR946B - Modificacións do Rexistro de Entidades deportivas deberán formularse a través do procedemento PR946A - Inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas.

Comunicar ao Rexistro de Entidades Deportivas e Deportistas de Galicia as modificacións xurdidas no clube que afecten a este rexistro, como: cambio de denominación, de xunta directiva, de enderezo social, de estatutos e creación de seccións deportivas.

Entidades deportivas.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Secretaría Xeral para O Deporte

Subdirección Xeral de Xestión Deportiva

San Lázaro, s/n. Estadio Multiusos

15890  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981542626

Fax: 981542638

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Coruña

Servizo de Deporte da Coruña

Praza de Agustín Díaz nº 1

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981132443

Fax: 981132527

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Lugo

Servizo de Deporte de Lugo

Rolda da Muralla nº 70-1º

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294559

Fax: 982294565

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Ourense

Servizo de Deporte de Ourense

Avda. da Habana, nº 79-4º andar

32004  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386044

Fax: 988386051

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Pontevedra

Servizo de Deporte de Pontevedra

R/ Fernández Ladreda nº 43-5º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986803926

Fax: 986803924

Subdirección Xeral de Xestión Deportiva

Desde o 23/09/2024, incluído, as solicitudes relativas a este procedemento PR946B - Modificacións do Rexistro de Entidades deportivas deberán formularse a través do procedemento PR946A - Inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas.

Prazo de presentación: PECHADO

O 22/09/2024 ás 23:59 horas péchase o prazo para realizar as solicitudes de “Modificacións do Rexistro de Entidades Deportivas “ a través do procedemento PR946B.

A partir desta data as solicitudes deberán formularse a través do procedemento PR946A ”Inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas”: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR946A&gateway=true

  • Inscrición en rexistros oficiais. Primeira inscrición. Modificacións da primeira inscrición. ( 30.02.00)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

  • Solicitude segundo o Anexo III deste Decreto.

  • Documentos necesarios para a inscrición das modificacións estatutarias das entidades deportivas e entidades mercantís

    Para a inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia das modificacións estatutarias das entidades, deberase presentar a instancia de solicitude de inscrición da modificación estatutaria, ademais da seguinte documentación:

    • a) A versión integra dos novos estatutos da entidade.

    • b) Certificación polo/a secretario/a da entidade co visto e prace do/a presidente/a do acordo de aprobación do novo texto estatutario.

    • c) Documentación acreditativa da inscrición da modificación estatuaria noutros rexistros cando sexa preceptiva.

  • Documentos necesarios para a inscrición da composición de órganos de gobernó

    • A composición inicial do órgano de representación e administración das entidades deportivas e das entidades mercantís previstas pola Lei do deporte, e todas as variacións posteriores, serán inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.

    • A inscrición dos nomeamentos practicarase mediante certificación do acordo de nomeamento.

    • Non se inscribirá o nomeamento dos membros do órgano de administración e representación dos que non conste a aceptación expresa dos/das titulares entrantes.

    • A inscrición do cesamento dos membros do órgano de goberno por morte, declaración de defunción ou extinción da personalidade xurídica practicarase logo de certificación do correspondente rexistro.

    • Se o cesamento fose acordado por resolución xudicial ou administrativa practicarase mediante testemuño desta.

    • A inscrición da renuncia practicarase mediante comunicación á persoa encargada do rexistro pola entidade deportiva ou a persoa interesada ou mediante comparecencia ante a persoa encargada do Rexistro.

    • Se o cesamento ou suspensión fose acordado por outras causas distintas das expostas, practicarase mediante a oportuna certificación e deberá constar a notificación do cesamento á persoa interesada.

    • A falta de inscrición da nova composición ou reelección dos órganos de representación e administración das entidades deportivas por causas imputables a estas, comportará, a partir da entrada en vigor do presente regulamento, a cancelación rexistral da entidade se nun prazo de un ano a partir da fin do mandato do anterior órgano directivo non se produce ningunha comunicación ao Rexistro.

  • Disolución ou extinción das entidades deportivas

    Para recoller a disolución, liquidación e extinción dunha entidade deportiva achegarase, ademais da instancia dirixida ao Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, da solicitude da baixa da entidade, a seguinte documentación:

    • a) A certificación dos oportunos acordos de disolución e liquidación.

    • b) O nomeamento, suspensión e cesamento das persoas liquidadoras.

    • c) Certificación por parte das persoas liquidadoras, do destino dado, se e o caso, ao remanente existente.

  • Documentos para a inscrición da declaración de utilidade pública e de outras declaracións análogas

    Para a inscrición da declaración de utilidade pública dunha entidade deportiva, declaración de institución privada de carácter cultural ou outras de análoga natureza, deberá presentarse testemuña da resolución administrativa correspondente.

  • Transformación de entidades deportivas en asociacións de rexime xeral

    A transformación dunha entidade deportiva inscrita no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia nunha asociación de rexime xeral suporá a cancelación rexistral, para o que se achegará a seguinte documentación:

    • a) Instancia dirixida ao Rexistro coa solicitude de cancelación.

    • b) Certificación do acordo de transformación.

  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos e do 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e das entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

    Alternativamente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

    Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente do formulario principal, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

  • * O prazo para solicitar a inscrición da escritura de constitución e da escritura de modificación de estatutos será de dous meses desde o seu outorgamento.

Desde o 23/09/2024, incluído, as solicitudes relativas a este procedemento PR946B - Modificacións do Rexistro de Entidades deportivas deberán formularse a través do procedemento PR946A - Inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas.

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia (DOG nº 71 do 13 de abril de 2012).

    • Decreto 85/2014, do 3 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia (DOG nº 136 do 18 de xullo de 2014).

Outros procedementos relacionados

DE500A

Remisión da declaración responsable para o inicio da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

DE500B

Remisión da documentación necesaria para o recoñecemento oficial da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF500A

Autorización de ocupación de dominio público portuario competencia da Comunidade Autónoma de Galicia con destino á realización de espectáculos públicos e actividades recreativas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR940A

Recoñecemento/adaptación á Lei 7/2013 da galeguidade.

Aberto todo o ano