Guía de procedementos e servizos

PR946A

Inscrición no rexistro de entidades deportivas

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Aberto todo o ano

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Inscrición das Entidades Deportivas de Galicia: constitución e modificacións sucesivas.

O Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia ten por finalidade a inscrición das entidades deportivas reguladas na Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, así como dos actos e datos relativos a estas, nos termos establecidos na lei.

Teñen a consideración de entidades deportivas galegas: os clubs deportivos, as agrupacións deportivas escolares, as seccións deportivas e as federacións deportivas.

Poderán igualmente inscribirse no dito rexistro, as entidades mercantís legalmente constituídas que teñan no seu obxecto social a práctica da actividade deportiva, coa finalidade da súa participación en competicións oficiais autonómicas, así como de ser beneficiarias das actuacións de fomento das administracións públicas galegas que aparecen recollidas no artigo 69 da Lei 3/2012.

Serán obxecto de asento e depósito no rexistro os actos e datos das entidades, nos termos establecidos no artigo 5 do Decreto 85/2014, do 3 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.

- Entidades deportivas de Galicia.

- Entidades mercantís legalmente constituidas.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Secretaría Xeral para O Deporte

Rúa Madrid, 2-4, 2º andar

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996338/ 881996357/ 881996358

Email: xuridico.deporte@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Coruña

Servizo de Deporte da Coruña

Praza de Agustín Díaz nº 1

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881960771/ 881960772/ 881960773/ 881960767

Email: deportes.coruna@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Lugo

Servizo de Deporte de Lugo

Rolda da Muralla nº 70-1º

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294566/ 982294567/ 982294568

Email: deportes.lugo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Ourense

Servizo de Deporte de Ourense

Avda. da Habana, nº 79 - 4º andar

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386048/ 988386050

Email: deportes.ourense@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Pontevedra

Servizo de Deporte de Pontevedra

Avda. Mª Victoria Moreno, 43 – 6º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 886206527/ 986803926

Email: deportes.pontevedra@xunta.es

Secretaría Xeral para O Deporte

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

- O recoñecemento oficial das entidades deportivas galegas prodúcese pola súa inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.

- Como paso previo á solicitude de inscrición, as persoas promotoras das entidades deportivas deberán obter do dito rexistro unha certificación acreditativa de que non figura inscrita outra entidade coa mesma denominación que a se pretende constituír.

- A inscrición dos actos que deban acceder ao rexistro debe solicitarse no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ao que se produce o acto, salvo que, por disposición legal ou regulamentaria, se estableza outro prazo.

Exceptúase do disposto no punto anterior, o prazo para solicitar a inscrición da escritura de constitución e da escritura de modificación de estatutos que será de dous meses desde o seu outorgamento.

- A inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, é un requisito indispensable para optar ás axudas, ás subvencións e asesoramento ou para a participación en competicións oficiais autonómicas.

- As federacións deportivas galegas adquirirán personalidade xurídica coa súa inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, que será condición previa e necesaria para a integración, se é o caso, na federación española correspondente.

- As federacións deportivas galegas exixiranlles aos clubs que desexen afiliarse a elas a súa inscrición previa no Rexistro de Entidades Deportivas, sen prexuízo dos demais requisitos que federativamente lle correspondan.

  • Inscrición en rexistros oficiais. Primeira inscrición. Modificacións da primeira inscrición. ( 30.02.00)
  • Expedición de certificados e diplomas ( 30.04.01)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

Presentación de solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado PR946A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, se algunha das entidades presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluido o sistema de usuario e chave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Non xeran pago de taxas:

- Cambio de xunta directiva.

- Cambio de domicilio social (se non implica modificación de estatutos)

- Inscrición do Protocolo de protección dos nenos, nenas e adolescentes (NNA), fronte a violencia no deporte.

- Regulamentos e código de bo goberno

- Modificación de regulamentos e código de bo goberno

- Presentación de contas e/ou orzamentos

Documentación complementaria

1. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

2. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

3. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

4. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude, e o número de expediente, se se dispón del.

6. Xunto coa solicitude deberase achegar a seguinte documentación:

EN TODAS AS SOLICITUDES:

- Documento acreditativo da representación, no seu caso.

- Xustificante do pago da taxa correspondente, no seu caso. Poderá realizarse o pago da taxa na sede electrónica, como un dos pasos da tramitación en línea, ou na Oficina Virtual Tributaria.

E segundo o tipo de solicitude:

INSCRICIÓN CLUB DEPORTIVO

- Acta fundacional ou de constitución asinado por todas as persoas promotoras.

- Acta de aprobación dos estatutos da entidade.

- Estatutos asinados por todas as persoas promotoras.

- Protocolo de protección dos nenos, nenas e adolescentes (NNA), fronte á violencia no deporte.

- Autorización para a comprobación de datos de identidade das persoas fundadoras. (Anexo II).

-No caso de persoas xurídicas promotoras, deben presentar a certificación do acordo do órgano competente para constituir a entidade e da designación da persoa física representante.

INSCRICIÓN SECCIÓN DEPORTIVA

- Autorización expresa da persoa que ostente a representación da entidade pública ou privada no que se constituíu e acreditación de que o fin ou obxeto social principal de dita entidade non sexa deportivo.

- Acta fundacional debidamente formalizada, ou certificación do acordo do órgano de goberno que manifeste a súa intención de crear unha sección deportiva conforme a os requisitos de la Ley 3/2012, de 2 de abril del deporte de Galicia.

- Os regulamentos de réxime interno das seccións deportivas.

- Acta do acordo de aprobación dos estatutos ou normas reguladoras ou ou certificado expedido ao respecto

- Documentación acreditativa das personas que compoñen o órgano directivo da sección deportiva.

- Protocolo de protección dos nenos, nenas e adolescentes (NNA), fronte á violencia no deporte.

- Autorización para a comprobación de datos de identidade das persoas que compoñen o órgano directivo. (Anexo II).

INSCRICIÓN FEDERACIÓN DEPORTIVA

-Acta fundacional outorgada ante notario.

-Estatutos da federación deportiva asinados.

-Documentos acreditativos do cumplimento dos requisitos do artígo 54.5 da lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia.

-Documentación acreditativa das personas que compoñen a xunta directiva da federación.

-Código de bo goberno.

- Protocolo de protección dos nenos, nenas e adolescentes (NNA), fronte á violencia no deporte.

- Autorización para a comprobación de datos de identidade dos membros da xunta directiva. (Anexo II)

INSCRICIÓN ENTIDADE MERCANTIL

- Certificación do Rexistro Mercantil.

- Copia da escritura de constitución e dos seus estatutos.

- Composición do órgano de dirección da entidade mercantil.

- Autorización para a comprobación de datos de identidade das persoas do órgano directivo. (Anexo II)

INSCRICIÓN DA MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS

-Versión íntegra dos novos estatutos da entidade asinados.

-Acta ou certificación do acordo de aprobación do novo texto estatutario.

-Documentación acreditativa da inscripción da modificación estatutaria noutros rexistros cando sexa preceptiva.

INSCRICIÓN DA XUNTA DIRECTIVA OU ÓRGANO DE XESTIÓN

- Acta ou certificación do acordo de nombramento que contén a aceptación expresa dos/das titulares entrantes e a conformidade dos/das titulares saíntes.

- Autorización para a comprobación dos datos de identidade das persoas titulares da xunta directiva ou do órgano de xestión (Anexo II).

- Certificación do correspondente rexistro por defunción ou extinción da personalidade xurídica.

-Testimonio da correspondente resolución xudicial ou administrativa.

INSCRICIÓN DE TRANSFORMACIÓN DE ENTIDADES DEPORTIVAS POR CAMBIO DE RÉXIME XURÍDICO

- Instancia dirixida ao Rexistro de Entidades Deportivas coa solicitude de cancelación.

- Certificación do acordo de transformación.

INSCRICIÓN POR FUSIÓN/CONSTITUCIÓN DUNHA NOVA ENTIDADE

- Instancia dirixida ao Rexistro de Entidades Deportivas coa solicitude de cancelación de todas as entidades deportivas implicadas.

- Acta ou certificación dos acordos, nas que consten os respectivos acordos de fusión e as datas de aprobación, con indicación de que a fusión aprobouse conforme os estatutos.

- Acta ou certificación da composición da xunta directiva ou órgano de representación da entidade resultante.

-Autorización para a comprobación dos datos de identidade das persoas titulares da xunta directiva (Anexo II)

-Estatutos da nova entidade asinados polas persoas representantes das entidades promotoras da fusión.

INSCRICIÓN POR ABSORCIÓN (No caso dunha entidade que absorbe a outras)

-Instancia dirixida ao Rexistro de Entidades Deportivas coa solicitude de cancelación da entidade absorbida.

- Acta ou certificación dos acordos, nas que consten os respectivos acordos de absorción e as datas de aprobación, con indicación de que a absorción aprobouse conforme aos estatutos.

-Novos estatutos ou, no seu caso, certificación na que conste que siguen vixentes os estatutos da entidade absorbente.

INSCRICIÓN POR ESCISIÓN/CONSTITUCIÓN DUNHA ENTIDADE (No caso de que se constitúa unha nova entidade)

- Instancia dirixida ao Rexistro de Entidades Deportivas coa solicitude de cancelación da entidad deportiva que se va a dividir.

-Acta ou certificación dos acordos, nas que consten os respectivos acordos de escisión e as datas de aprobación, con indicación de que a escisión aprobouse conforme aos estatutos.

-Acta ou certificación da composición da xunta directiva ou órgano de representación de cada entidade resultante

-Autorización para a comprobación dos datos de identidade das persoas titulares da xunta directiva (Anexo II).

-Estatutos de cada nova entidade asinados polas persoas representantes das entidades resultantes da escisión.

INSCRICIÓN DE DISOLUCIÓN OU EXTINCIÓN

- Certificación dos oportunos acordos de disolución e liquidación.

- O nomeamento, suspensión e cesamento das persoas liquidadoras, se e o caso.

- Certificación, por parte das persoas liquidadoras, se é o caso, do destino dado o remanente existente.

- Acta ou certificación do acordo de disolución adoptado pola asamblea xeral, no que conste o cese das persoas titulares da xunta directiva u órgano de representación.

- Documento xustificativo da aplicación do patrimonio remanente, no seu caso, ou indicación de que carece de patrimonio.

INSCRICIÓN PROTOCOLO DE PROTECCIÓN DOS NENOS, NENAS E ADOLESCENTES (NNA), FRONTE Á VIOLENCIA NO DEPORTE

- Protocolo de protección dos nenos, nenas e adolescentes (NNA), fronte á violencia no deporte

INSCRICIÓN CAMBIO DE DOMICILIO SOCIAL (Se non implica modificación dos estatutos)

- Acta ou certificación do acordo de aprobación do novo domicilo social.

INSCRICIÓN REGULAMENTOS E CÓDIGO DE BO GOBERNO (Só federacións)

- Regulamentos.

- Código de bo goberno.

-Acta ou certificación do acordo de aprobación dos regulamentos ou do código de bo goberno.

INSCRICIÓN MODIFICACIÓN REGULAMENTOS E CÓDIGO DE BO GOBERNO (Só federacións)

- Regulamentos.

- Código de bo goberno.

-Acta ou certificación do acordo de aprobación dos regulamentos ou do código de bo goberno.

SÍMBOLOS E ELEMENTOS REPRESENTATIVOS

- Símbolos e elementos representativos.

PRESENTACIÓN DE CONTAS E/OU ORZAMENTOS (SÓ OBRIGATORIO PARA FEDERACIÓNS)

- Contas anuais asinadas.

- Orzamento económico anual asinado.

- Liquidación do orzamento do exercicio anterior.

- Acta asinada ou certificación dos acordos, nas que consten aprobación dos orzamentos e/ou das contas anuais.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

- DNI/NIE da persoa representante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

3. Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta:

Consentimento para a comprobación de datos

A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta, deberá achegar o documento correspondente:

- NIF da entidade solicitante.

- NIF da entidade representante.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia (DOG nº 71 do 13 de abril de 2012).

    • Decreto 85/2014, do 3 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia (DOG nº 136 do 18 de xullo de 2014).

Outros procedementos relacionados

DE500A

Remisión da declaración responsable para o inicio da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

DE500B

Remisión da documentación necesaria para o recoñecemento oficial da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF500A

Autorización de ocupación de dominio público portuario competencia da Comunidade Autónoma de Galicia con destino á realización de espectáculos públicos e actividades recreativas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR940A

Recoñecemento/adaptación á Lei 7/2013 da galeguidade.

Aberto todo o ano