Guía de procedementos e servizos

PR945C

Subvencións a clubs, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e núcleos de adestramento deportivo especializado de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Convocatoria 2022 - Prazo pechado: 06/01/2022 00:00 - 07/02/2022 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

1. O obxecto destas bases é establecer o réxime das axudas a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e núcleos de adestramento deportivo especializados de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas.

2. O réxime xurídico das subvencións contidas na presente norma está constituído pola Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións, e as bases aprobadas pola presente resolución. No que respecta ás sociedades anónimas deportivas, este réxime de axudas queda suxeito ao Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión da Unión Europea, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE nº L352/1, do 24 de decembro).

3. As subvencións concedidas conforme as presentes bases outorgaranse polo procedemento de concorrencia non competitiva, conforme o disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e a finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e a prelación das solicitudes presentadas.

Actuacións subvencionables e compatibilidade.

1. Na Liña de actuación I serán subvencionables os gastos derivados da participación en competicións de carácter oficial en 2021.

2. Na Liña de actuación II serán subvencionables os gastos correntes do núcleo de adestramento deportivo especializado.

3. As subvencións concedidas ao abeiro destas bases poderán ser concorrentes con subvencións doutras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, incluídas as axudas ás sociedades anónimas suxeitas ao réxime de minimis, sen prexuízo da obriga de comunicar ao órgano concedente a súa obtención. O importe total das subvencións en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, ingresos ou recursos, supere o gasto realizado pola entidade beneficiaria. Esta circunstancia deberá ser acreditada pola entidade beneficiaria conforme o establecido no artigo 14 destas bases.

4. As axudas desta orde reguladas nas liñas I e II son compatibles entre si, polo que unha mesma entidade poderá optar á subvención pola participación en competicións de carácter oficial e, de ser o caso, coma núcleo de adestramento deportivo especializado.

Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e núcleos de adestramento deportivo especializados de Galicia, inscritos, en todos os casos, no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Coruña

Servizo de Deporte da Coruña

Praza de Agustín Díaz nº 1

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881960768

Fax: 981132527

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Lugo

Servizo de Deporte de Lugo

Rolda da Muralla nº 70-1º

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294568

Fax: 982294565

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Ourense

Servizo de Deporte de Ourense

Avda. da Habana, nº 79-4º andar

32004  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386050/ 988386046

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Pontevedra

Servizo de Deporte de Pontevedra

Rúa Fernández Ladreda, 43-6º andar

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 886206529/ 886206527

Fax: 988805548

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Pontevedra

Servizo de Deporte de Pontevedra

Sección de Promoción Deportiva en Vigo

Fotógrafo Luis Ksado, 17

36209  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 886218282/ 886218281

Fax: 886218288

Secretaría Xeral para O Deporte

Prazo de presentación: PECHADO

06/01/2022 00:00 - 07/02/2022 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

1. De igual forma, para ser persoa beneficiaria destas axudas, é necesario que a entidade estea dada de alta como xestor externo nas seguintes aplicacións tecnolóxicas de «promoción dunha vida activa e saudable» vinculadas co Plan Galicia Saudable da Xunta de Galicia:

– Galicia Activa: aplicación de recursos, servizos e instalacións deportivas en Galicia (http://galiciactiva.xunta.es/xestor.php).

– Plataforma de xestión de plans, programas, actividades e eventos de Galicia Saudable (https://galiciasaudable.xunta.es/actividades/).

2. Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias destas subvencións:

a) Os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia nos cales concorra algunha das circunstancias sinaladas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) Os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas que fosen sancionados pola federación deportiva correspondente no ano anterior á convocatoria, cando a sanción teña a súa orixe en condutas violentas, racistas, xenófobas ou intolerantes provocadas polas persoas espectadoras e asistentes.

c) Os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas que discriminen nos premios ou recoñecementos que outorguen ás persoas deportistas por razón de xénero.

d) Os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas que non teñan adaptados os seus estatutos á Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, no momento da solicitude.

e) Os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas que non teñan actualizados os datos da súa xunta directiva no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, no momento da solicitude.

Solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación :

a) Todas as solicitudes deberán presentar:

– Declaración de adhesión ao manifesto pola igualdade no deporte (anexo III).

– Poder de representación, no caso de que non sexa a persoa presidenta da entidade quen actúe como persoa representante na tramitación deste procedemento.

b) Liña de actuación I:

– Declaración de actuacións desenvolvidas a prol da igualdade de xénero e contra a violencia machista, de ser o caso (anexo IV).

– Certificado acreditativo de que a presidencia, vicepresidencia, secretaría xeral ou tesouraría da entidade está ocupada por unha muller, de ser o caso (anexo V).

– Certificado acreditativo da participación da entidade en calquera dos dous anos anteriores á convocatoria na actividade denominada «Coñece o meu club», integrada dentro do programa Xogade, de ser o caso (anexo VI).

– Certificado acreditativo de non ter a sede social nunha instalación ou edificio de titularidade pública, ou estando localizado nelas, devindiquen un canon ou prestación económica pola súa ocupación, se é o caso (anexo VII).

c) Liña de actuación II:

– Resolución do recoñecemento do núcleo de adestramento especializado.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade representante.

d) Certificado de estar ao día do pagamento das obrigas tributarias coa AEAT.

e) Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.

f) Certificado de estar ao día do pagamento das obrigas tributarias coa Atriga.

g) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

h) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

i) Consulta de concesións pola regra de minimis.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario de solicitude e achegar os documentos correspondentes.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 13 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e núcleos de adestramento deportivo especializado de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 3 do 5 de xaneiro de 2022).

    • Extracto da Resolución do 13 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e núcleos de adestramento deportivo especializado de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 3 do 5 de xaneiro de 2022).

    • Resolución do 13 de maio de 2022, da Subdirección Xeral de Plans e Programas da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes de solicitudes suxeitas á emenda, as solicitudes inadmitidas e as solicitudes admitidas, presentadas ao abeiro da Resolución do 13 de decembro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e núcleos de adestramento deportivo especializado de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 100 do 25 de maio de 2022).

    • Resolución do 12 de setembro de 2022 pola que se fan públicas as listaxes definitivas de subvencións a entidades deportivas convocadas pola Resolución do 13 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e núcleos de adestramento especializado de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas, e se convocan para o ano 2022 (DOG nº 190 do 5 de outubro de 2022).

Outros procedementos relacionados

DE500A

Remisión da declaración responsable para o inicio da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

DE500B

Remisión da documentación necesaria para o recoñecemento oficial da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF500A

Autorización de ocupación de dominio público portuario competencia da Comunidade Autónoma de Galicia con destino á realización de espectáculos públicos e actividades recreativas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR940A

Recoñecemento/adaptación á Lei 7/2013 da galeguidade.

Aberto todo o ano