Guía de procedementos e servizos

PR816A

Prazas para o desenvolvemento dunha actividade formativa de especialización en financiamento comunitario do Programa TecEuropa.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2018 - Prazo pechado: 11/08/2018 00:00 - 10/09/2018 23:59
TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Estas bases regulan as condicións polas que se rexerán no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a concesión en réxime de concorrencia competitiva, de prazas de formación para o desenvolvemento durante o 2018 das actividades formativas do programa TecEuropa.

Esta actividade formativa pretende constituír unha rede de técnicos de proxectos europeos en Galicia con que facilitar os contactos entre xestores dos proxectos europeos, a presentación de proxectos conxuntos e un mellor aproveitamento e impacto dos fondos europeos na nosa comunidade.

Poderán solicitar a participación no programa TecEuropa as persoas que reúnan os requisitos sinalados no artigo 5, que deberán posuír no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

Fundación Galicia Europa

Rúa do Hórreo, nº 61

15701  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541012 / 981957854

Fax: 981541013

Email: santiago@fundacióngaliciaeuropa.eu

Fundación Galicia Europa
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

11/08/2018 00:00 - 10/09/2018 23:59

O prazo de presentación de solicitudes é o establecido na convocatoria, que será dun mes contado desde o día seguinte á publicación da mesma no Diario Oficial de Galicia

Pertenecer a algunha das seguintes categorías:

a) Persoal con relación laboral nalgunha das entidades membros do padroado da FGE: Xunta de Galicia, Abanca, Consorcio Zona Franca de Vigo, Deputación da Coruña, Deputación de Lugo e Axencia Galega de Innovación (Gain).

b) Persoal con relación laboral nalgunha das entidades locais galegas.

c) Persoal con relación laboral nalgunha das entidades pertencentes ao terceiro sector en Galicia.

d) Persoal vinculado con algunha das demais entidades públicas ou privadas galegas sen ánimo de lucro. Por persoal vinculado entenderase aquel que teña unha relación laboral ou ben que acredite unha relación de cooperación coa entidade.

As persoas solicitantes deberán, ademais, cumprir os seguintes requisitos:

a) Non ter participado no programa formativo de especialización en materia de financiamento comunitario convocado pola FGE en convocatorias anteriores.

b) Contar co apoio da entidade onde traballa (anexo III).

Co fin de asegurar unha representación equilibrada do persoal das distintas entidades, a FGE fixará en cada convocatoria que publique o número de prazas destinadas á reserva mínima para cada categoría.

As solicitudes realizaranse mediante o modelo que se incorpora como anexo II a esta orde e presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas empregadas das administracións públicas nos trámites realizados pola súa condición de empregado público.

Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requeriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Xunto co anexo II, formulario de solicitude, achegarase a seguinte documentación complementaria:

a) Memoria explicativa da motivación e interese da acción formativa para a entidade para a que traballa.

b) Breve exposición dos proxectos europeos para os que está a preparar unha proposta de proxecto ou proxectos europeos en que participou.

c) Formación específica en asuntos europeos e idiomas que poida acreditar documentalmente.

d) Anexo III. Autorización e apoio da entidade onde a persoa solicitante presta servizo.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 20 de xullo de 2018 pola que se autoriza a Fundación Galicia Europa a realizar durante o ano 2018 actividades formativas de especialización en financiamento comunitario, programa TecEuropa, e se aproban as bases reguladoras para a súa convocatoria (DOG nº 147 do 2 de agosto de 2018).

    • Anuncio do 3 de agosto de 2018 polo que se convocan, en réxime de concorrencia competitiva, corenta prazas de formación para o desenvolvemento no ano 2018 das actividades formativas de especialización en financiamento comunitario, programa TecEuropa (DOG nº 153 do 10 de agosto de 2018).

    • Extracto do Anuncio do 3 de agosto de 2018 polo que se convocan, en réxime de concorrencia competitiva, corenta prazas de formación para o desenvolvemento no ano 2018 das actividades formativas de especialización en financiamento comunitario, programa TecEuropa (DOG nº 153 do 10 de agosto de 2018).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

PR462A

Homologación de cursos pola Academia Galega de Seguridade Pública

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR810A

Alta no sistema de inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia a través da internet utilizando certificados dixitais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SA701C

Inicio de actividade, cese de actividade e modificación da actividade de formación do persoal encargado da realización de operacións de mantemento hixiénico-sanitario de: instalacións susceptibles de propagar a lexionelose, prácticas de tatuaxe, micropigmentación, piercing e outra práctica de decoración persoal que implique a perforación da pel, mucosa ou tecidos, e aparellos de bronceado artificial mediante radiacións ultravioleta.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SA701D

Inicio de cursos para o personal encargado da realización de operacións de mantemento hixiénico-sanitario de: instalacións susceptibles de propagar a lexionelose, prácticas de tatuaxe, micropigmentación, piercing e outras prácticas de decoración persoal que impliquen a perforación da pel, mucosas ou tecidos, e manexo de aparellos de bronceado artificial mediante radiacións ultravioleta

Tramitar en liña

Aberto todo o ano