Guía de procedementos e servizos

PR607A

Bolsas para a realización de prácticas formativas en empresas do sector TIC (bolsas DigiTalent) dirixidas a estudantes do sistema universitario de galicia no curso 2019/20 no marco do Plan DigiTalent

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2020 - Prazo pechado: 01/06/2020 00:00 - 23/06/2020 23:59

Consellería de Facenda e Administración Pública

Esta resolución ten por obxecto regular a convocatoria e a selección, en réxime de concorrencia competitiva, das persoas bolseiras para a realización de prácticas formativas nas empresas do sector TIC do programa de bolsas DigiTalent, no marco do Plan DigiTalent (código de procedemento PR607A).

Estas prácticas formativas están orientadas a estudantes universitarios/as das tres universidades públicas de Galicia que teñan máis do 75 % e menos do 100 % de créditos aprobados e que cumpran os requisitos establecidos no artigo 4. As persoas bolseiras realizarán as prácticas formativas en empresas do sector TIC por un período de 3 meses.

As bolsas reguladas nesta resolución concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

Obrigas das persoas beneficiarias

Os bolseiros, polo feito de solicitar as bolsas, comprométense a aceptar o contido das bases da convocatoria, así como a cumprir as seguintes obrigas:

a) Aceptar por escrito a bolsa concedida, dentro do prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da súa concesión no lugar fixado na convocatoria. De non aceptarse a beca dentro do dito prazo, entenderase que renuncia a ela e concederase ao suplente que figure en primeiro lugar na resolución de concesión.

b) Iniciar a actividade formativa para a que se lle concede a bolsa na data que se estableza na oportuna comunicación.

c) Realizar a actividade formativa que fundamenta a concesión da bolsa con arranxo ao programa de formación que se estableza, con pleno respecto ao persoal, medios e normativa da empresa na que se desenvolven as prácticas.

As prácticas terán una duración de 20 horas semanais e no seu desenvolvemento o bolseiro atenderá as instrucións recibidas polo/a titor/a asignado/a.

En caso de incumprimentos debidos a ausencias sen xustificar, practicaranse no importe mensual as deducións correspondentes á parte proporcional correspondente aos días de ausencia. Adicionalmente, no caso de que a ausencia inxustificada sexa dunha duración que impida ou dificulte gravemente a formación que é o fundamento da bolsa, extinguiranse a axuda económica á formación e a acción formativa. Entenderanse causas xustificadas as continxencias previstas no réxime xeral da Seguridade Social, de acordo co artigo 3 do Real decreto 1493/2011, do 24 de outubro. O tempo de ausencia por causas xustificadas computarase igualmente para os efectos da duración máxima da bolsa.

d) Someterse ás actuacións de comprobación e control que poidan resultar pertinentes, facilitando canta información lle sexa requirida para o efecto.

e) Non adquirir durante o período da bolsa ningún compromiso ou obriga, tal como outra bolsa, contrato laboral ou outro de natureza análoga, que impida o cumprimento íntegro e continuado do obxecto dela.

f) Observar a necesaria reserva en canto aos asuntos, feitos ou informacións de que tivese coñecemento durante o período da bolsa. A confidencialidade da documentación ou información a que tivesen acceso subsistirá unha vez finalizada a bolsa.

g) Elaborar e presentarlle á Feuga ao remate do primeiro mes da bolsa, en colaboración co/coa seu/súa titor/a, un informe parcial dos traballos realizados durante ese período.

h) Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións.

i) Elaborar e presentarlle á Feuga ao final da bolsa, en colaboración co/coa seu/súa titor/a, unha memoria final dos traballos realizados durante todo o período da bolsa e completar a enquisa de avaliación que recibirán ao finalizar este.

A comprobación da inexactitude ou falsidade dos méritos alegados, as ausencias repetidas sen xustificar e o incumprimento de calquera das obrigas establecidas nos puntos anteriores ou a non realización dos traballos para a súa formación práctica en condicións satisfactorias poderá supor, unha vez oído o bolseiro, a privación da bolsa polo tempo que queda pendente, ademais doutras responsabilidades que resultasen exixibles.

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)

Dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)

Xerencia Da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)

Teléfono: 981534180

https://digitalent.xunta.gal/gl/iniciativa/bolsas-

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)

Prazo de presentación: PECHADO

06/03/2020 00:00 - 06/04/2020 23:59

01/06/2020 00:00 - 23/06/2020 23:59

Reanúdase o prazo de presentación de solicitudes dende o 01-06-2020 ata o 23-06-2020 en virtude do disposto no artigo 9 do Real Decreto 537/2020, de 22 de maio, polo que se prorroga o estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (BOE núm.145 de 23 de maio de 2020).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Poderán presentar solicitude para acollerse ao programa de bolsas aqueles estudantes que cumpran os seguintes requisitos no momento de terminar o prazo de presentación de solicitudes:

• Estar matriculado no curso 2019/20 nunha das tres universidades públicas da nosa Comunidade Autónoma, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao.

• Ser menor de 31 anos.

• Non ter desfrutado doutra beca de formación de Feuga para estudantes universitarios, por período superior a 9 meses.

• Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea e estar empadroado/a nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.

• Cumprir os requisitos do artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, para ser considerado/a beneficiario/a de subvencións.

• Ter aprobados, na data en que finaliza o prazo de presentación de solicitudes, máis do 75 % e menos do 100 % dos créditos dalgunha titulación universitaria de grao nalgunha das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), nas áreas de coñecemento seguintes:

– Artes e Humanidades: grao en Información e Documentación, grao en Filosofía, etc.

– Ciencias: Física, Química, Matemáticas, Bioloxía, etc.

– Ciencias da Saúde: grao en Medicina, grao en Psicoloxía, etc.

– Ciencias Sociais e Xurídicas: grao en Administración e Dirección de Empresas, grao en Economía, grao en Consultoría e Xestión da Información, etc.

– Enxeñaría e Arquitectura.

• Non ter sido beneficiario dunha beca da Xunta de Galicia ou da Amtega co mesmo obxecto da convocada. Exceptúanse aqueles supostos en que, por razón non imputables ao beneficiario, non puidese desfrutar da beca concedida.

• Os/as interesados/as deberán estar rexistrados no portal de bolsas Feuga, no enderezo da internet www.becasfeuga.es, ter cubertos correctamente os datos de perfil e curriculo e achegar a documentación requirida no punto quinto.

Para calquera consulta relacionada, os/as interesados/as poden dirixirse ao número de teléfono da Feuga (981 53 41 80) así como obter información adicional sobre o programa de bolsas DigiTalent na páxina web https://digitalent.xunta.gal/gl/iniciativa/bolsas-digitalent.

1. As persoas interesadas presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a súa candidatura ás oportunidades ofertadas polas empresas TIC seleccionadas como entidades colaboradoras do programa de bolsas DigiTalent publicadas no portal de bolsas Feuga a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (formulario normalizado que figura no anexo I desta resolución).

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude e/ou memoria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. Para calquera consulta relacionada, os/as interesados/as poden dirixirse ao número de teléfono da Feuga (981 53 41 80) así como obter información adicional sobre o programa de bolsas DigiTalent na páxina web https://digitalent.xunta.gal/gl/iniciativa/bolsas-digitalent.

3. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, se a solicitude ou o formulario non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, requirirase o/a interesado/a para que, nun prazo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se terá desistido/a da súa petición, logo da correspondente resolución.

Documentación complementaria e comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI da persoa solicitante ou número de identificación de estranxeiría (NIE), no caso de que o/a solicitante sexa nacional doutro Estado membro da Unión Europea. No caso de non conceder a dita autorización, o interesado deberá achegar copia deles.

b) Datos de residencia con data de última variación padroal do solicitante. No caso de non conceder a dita autorización, o interesado deberá achegar certificado de empadroamento para acreditar o cumprimento da veciñanza administrativa en Galicia.

c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da comunidade autónoma.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no modelo de solicitude e achegar os documentos correspondentes.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia ou incidencia técnica imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

– Solicitude participación no programa a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (formulario normalizado que figura no anexo I desta resolución).

– Expediente académico oficial expedido polo centro ou institución onde o/a solicitante realizou os seus estudos universitarios superiores. Para a súa valoración, no expediente académico deberá constar a nota media, calculada segundo o sistema establecido no Real decreto 1125/2003, do 5 de setembro.

– Memoria explicativa sobre a motivación do/da solicitante para realizar a práctica formativa e os resultados que pretende acadar. Esta memoria non poderá superar unha (1) folla en formato A4, en tipografía libre cun alto dos caracteres de 10 a 12, e rango de interliñado de sinxelo a 1,5 liñas.

– Certificado de vida laboral expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social emitido con posterioridade á data de convocatoria.

– Xustificante de matrícula do curso académico 2019/20.

– Declaración responsable de que a persoa solicitante cumpre os criterios de participación definidos na presente convocatoria (anexo I).

5. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que se presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

7. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

8. Adicionalmente, a documentación recollida no punto 1 deste artigo deberá achegarse polos solicitantes a través do seu perfil no portal de bolsas Feuga.

A documentación deberá engadirse no perfil de usuario dos/das solicitantes no portal web da Feuga. Para iso, os/as solicitantes deberán achegar as copias dixitalizadas dos documentos. O/a solicitante responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente.

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 24 de febreiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de bolsas para a realización de prácticas formativas en empresas do sector TIC (bolsas DigiTalent) dirixidas a estudantes do Sistema universitario de Galicia no curso 2019/20 no marco do Plan DigiTalent (DOG nº 44 do 5 de marzo de 2020).

    • Extracto da Resolución do 24 de febreiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de bolsas para a realización de prácticas formativas en empresas do sector TIC (bolsas DigiTalent) dirixidas a estudantes do Sistema universitario de Galicia no curso 2019/20 no marco do Plan DigiTalent (DOG nº 44 do 5 de marzo de 2020).

    • Resolución do 30 de decembro de 2020 pola que se dá publicidade á proposta de resolución definitiva de concesión das persoas beneficiarias das bolsas DigiTalent e das solicitudes denegadas.(DOG núm. 20 do 1 de febreiro de 2021).

Outros procedementos relacionados

PR600A

Comunicación de necesidades de infraestruturas en estradas por parte dos operadores.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR601A

Tramitación dos convenios de colaboración subscritos pola AMTEGA.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR602A

Adhesión de 'Aliados Dixitais'

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SA655B

Formación práctica de alumnos en centros asistenciais dependentes do Servizo Galego de Saúde.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano