Guía de procedementos e servizos

PR485A

Inscrición no rexistro de plans de autoprotección da Comunidade Autónoma de Galicia.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Desde a opción "Tramitar en liña" pode acceder ao formulario para realizar a presentación electrónica de solicitudes de inscrición no rexistro de plans de autoprotección de Galicia. 

Se ten dúbidas coa presentación de solicitudes pode consultar:

Esta orde ten por obxecto crear o Rexistro electrónico de plans de autoprotección, que dependerá da dirección xeral da Xunta de Galicia con competencias en materia de protección civil e regular o seu procedemento.

A inscrición neste rexistro é obrigatoria para todos centros, establecementos e instalacións dedicados a actividades que se determinan no catálogo de actividades, recollido no anexo I do Decreto 171/2010, do 1 de outubro, sobre plans de autoprotección na Comunidade Autónoma de Galicia. As non incluídas no devandito catálogo poderán, así mesmo, inscribirse no rexistro con carácter voluntario.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

Rúa Roma nº 25-27 - Polígono de Fontiñas

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546497

Fax: 981546486

Email: regape.proteccioncivil.pr@xunta.es

Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

Desde a opción "Tramitar en liña" pode acceder ao formulario para realizar a presentación electrónica de solicitudes de inscrición no rexistro de plans de autoprotección de Galicia. 

Se ten dúbidas coa presentación de solicitudes pode consultar:

Prazo de presentación: ABERTO

Os/as titulares de centros, establecementos e instalacións dedicados ás actividades que se determinan no catálogo de actividades recollido no anexo I do Decreto 171/2010, do 1 de outubro, deberán solicitar a inscrición no Rexistro de plans de autoprotección con carácter previo ao inicio da súa actividade ou á modificación do exercicio da xa autorizada.

  • Inscrición en rexistros oficiais. Primeira inscrición. Modificacións da primeira inscrición. ( 30.02.00)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

Solicitude.

1. As solicitudes de inscrición no rexistro presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

3. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)».

Documentación.

1. A solicitude de inscrición no Rexistro de plans de autoprotección componse dos datos recollidos no formulario do anexo I da presente orde e dos documentos que deben acompañala. O formulario (de inscrición, modificación de datos ou baixa) incorpora os datos relativos ao centro, establecemento ou evento en que se realiza a actividade exercida que determina a inscrición no Rexistro, datos das persoas responsables da dirección do plan, e da dirección do plan de actuación en emerxencias, e da persoa redactora do plan, así como datos relativos á actividade exercida, contorno, accesibilidade, datos estruturais, focos de perigo e vulnerabilidades e instalacións técnicas de protección contra incendios.

2. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

– Certificado de implantación.

– Declaración responsable da persoa redactora en que ela mesma declara a súa habilitación e capacitación, consonte o artigo 3.2 do Decreto 171/2010, do 1 de outubro.

– Declaración da persoa titular da actividade, ou da persoa que exerza a súa representación legal, de que se entregou o documento ante o órgano que outorga a licenza, permiso ou autorización determinante para a explotación ou inicio da actividade.

– Plano de descrición dos accesos ao centro.

– Plano de elementos vulnerables.

– Plano de focos de perigo.

– Plano de localización e contorno do centro.

– Taxas administrativas devindicadas pola inscrición no rexistro, código da taxa 30.02.00, de ser o caso.

– Acreditación da representación legal, se for o caso.

Comprobación de datos.

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade solicitante.

d) NIF da entidade representante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites posteriores á presentación da solicitude.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia (DOG nº 94 do 16 de maio de 2007).

    • Decreto 171/2010, do 1 de outubro, sobre plans de autoprotección na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 203 do 21 de outubro de 2010).

    • Orde do 27 de febreiro de 2012 pola que se crea o Rexistro electrónico de plans de autoprotección na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula o seu procedemento (DOG nº 50 do 12 de marzo de 2012).

    • Orde do 8 de xuño de 2021 pola que se modifica a Orde do 27 de febreiro de 2012 pola que se crea o Rexistro electrónico de plans de autoprotección na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula o seu procedemento (DOG nº 114 do 17 de xuño de 2021).

    • Decreto 172/2022, do 6 de outubro, polo que se aproba o Catálogo de actividades que deben adoptar medidas de autoprotección e polo que se fixa o contido desas medidas (DOG nº 200 do 20 de outubro de 2022).

Outros procedementos relacionados

IG402A

Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027

Prazo aberto: 21/01/2025 09:00 - 17/11/2025 14:00

IN608B

Rexistro de posta en servizo de guindastre torre para obras ou outras aplicacións.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR560B

Inscrición no rexistro dos centros de cría, subministradores e usuarios de animais de experimentación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR486E

Distribución do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinado a entidades locais para investimentos de carácter estratéxico

Tramitar en liña

Prazo aberto: 22/04/2025 00:00 - 21/05/2025 23:59