Guía de procedementos e servizos

PR483C

Fondo de compensación ambiental. Subvencións en réxime de concorrencia competitiva a Entidades Locais

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Convocatoria 2024 - Prazo pechado: 25/01/2024 00:00 - 26/02/2024 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Subvencións a concellos, mancomunidades e consorcios locais destinadas á realización de actuacións de investimento e a custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do medio ambiente e do espazo natural.

Convocatoria de subvencións de natureza competitiva, destinada:

1. Aos concellos de Galicia que formulen petición de maneira individual.

2. Aos concellos de Galicia que formulen petición de maneira conxunta mediante agrupacións ou asociacións de concellos, nos termos do artigo 9.

3. Ás mancomunidades de concellos de Galicia.

4. Aos consorcios locais de Galicia, constituídos de acordo coa Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, sempre que estean participados por un ou varios concellos.

Quedan excluídas do ámbito de aplicación desta orde as deputacións provinciais.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Administración Local

Rúa Madrid, nº 2 - 4, 2º. As Fontiñas

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546579

Email: administracionlocal@xunta.gal

Dirección Xeral de Administración Local

Prazo de presentación: PECHADO

25/01/2024 00:00 - 26/02/2024 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

Para poderen ser beneficiarios destas subvencións, os concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais de Galicia deben cumprir o requisito de ter remitida a conta xeral do exercicio orzamentario 2022 ao Consello de Contas de Galicia. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.

No caso de agrupamentos de concellos ou solicitude conxunta para a xestión compartida, deberán cumprir con este requisito todos os concellos agrupados ou asociados. A falta de acreditación deste requisito por parte dalgún dos concellos participantes na solicitude de subvención suporá a inadmisión desta.

Solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal:

Anexo III: subvencións en réxime de concorrencia competitiva a entidades locais (concellos, mancomunidades ou consorcios) (PR483C).

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 30/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

3. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria

1. As entidades locais interesadas (concellos individualmente, mancomunidades ou consorcios) deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación xeral:

a) Declaración responsable asinada electronicamente pola persoa representante da entidade local solicitante, incluída no anexo I ou III desta orde, segundo proceda, en que se faga constar:

1. O conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas, para as mesmas actuacións solicitadas ao abeiro desta orde, das distintas administracións públicas competentes ou doutros entes públicos e o compromiso de comunicar decontado cantas axudas solicite e/ou obteña doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración.

De haber outros ingresos ou subvencións que financien a actividade subvencionada, deberá incluírse unha relación detallada de tales ingresos ou subvencións, con indicación do importe e da súa procedencia.

2. Que a entidade local non está incursa en ningunha das prohibicións establecidas no artigo 10, números 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para obter a condición de beneficiaria dunha subvención.

Para os efectos do previsto no artigo 11.e) e concordantes da Lei de subvencións de Galicia, esta declaración será documento suficiente para acreditar que a entidade local está ao día nas súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma e que non é debedora por resolución de procedemento de reintegro.

3. Os datos de estimación directa e indirecta do número de empregos creados ou mantidos coas actuacións solicitadas, con especificación do número de contratos e da duración de cada un.

4. Que todos os datos contidos na solicitude, incluídos os relativos á conta bancaria na cal se realizará o pagamento da subvención, de ser o caso, e nos documentos que se presentan son certos.

b) Certificación emitida e asinada electronicamente pola persoa secretaria da entidade local solicitante no modelo do anexo VI, na cal se faga constar:

1. O acordo do órgano competente da entidade local polo cal se solicita a subvención para os gastos de funcionamento, obras ou equipamentos concretos que se pretenden executar ao abeiro desta orde, e se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nela.

No referido acordo deberá constar expresamente que se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos na orde, e o acordo deberá estar adoptado antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes.

O acordo estará referido a todas as actuacións que integran o proxecto, polo que deberá consignarse a denominación e orzamento de cada unha, así como o orzamento total.

O incumprimento destes requisitos constituirá causa de inadmisión da solicitude.

2. A remisión da conta xeral da entidade local ao Consello de Contas de Galicia, correspondentes ao exercicio orzamentario de 2021, a que fai referencia o artigo 8.1 desta orde. No certificado quedará acreditado que a remisión da conta xeral ao Consello de Contas se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes, polo cal se consignará a data de remisión e non se admitirán aquelas en que non se faga constar. O incumprimento destes requisitos constituirá causa de inadmisión da solicitude.

c) Memoria xustificativa: en todos os casos, incluirase unha memoria das actuacións para as cales solicitan subvención, asinada electronicamente pola persoa representante da entidade local, que conterá a xustificación da adecuación das actuacións para as cales se solicita subvención aos criterios de subvencionabilidade establecidos no artigo 4 desta orde.

Nas solicitudes presentadas ao abeiro da liña en concorrencia competitiva, esta memoria deberá redactarse co grao de concreción adecuado para facilitar a súa valoración segundo o criterio establecido no artigo 24.3, para o cal conterá as razóns que xustifican a necesidade das actuacións para as cales se solicita subvención.

Para a valoración da solicitude segundo os criterios establecidos no artigo 24.1.e), nas solicitudes presentadas por mancomunidades de concellos ou consorcios locais esta memoria xustificativa incluirá unha memoria de aforro de custos, na cal se fará constar en cadro comparativo a diferenza dos custos da execución compartida respecto da execución individual por cada concello participante.

Neste cadro comparativo consignaranse o importe do orzamento da actuación conxunta e os importes en euros que representen o cálculo do custo que a execución individual da actuación produciría para cada un dos concellos.

2. Ademais da documentación xeral indicada no número 1 do artigo 19, as entidades locais solicitantes deberán achegar a seguinte documentación específica, segundo proceda:

a) Solicitudes para gastos de funcionamento. Nas solicitudes para gastos de funcionamento, a entidade local solicitante deberá xuntar:

1) Unha memoria dos servizos para os cales se solicita subvención, asinada electronicamente pola persoa representante da entidade local, que conterá a descrición e o orzamento detallado dos gastos de funcionamento para os cales se solicita subvención.

2) Certificación á cal se refire o artigo 6, emitida pola secretaría da entidade solicitante no modelo do anexo VI, asinada electronicamente, relativa á vinculación do gasto co servizo ou servizos municipais que teñan asignadas as funcións de protección do ambiente e do espazo natural.

b) Solicitudes para obras: nas solicitudes para obras deberá achegarse a seguinte documentación:

1. Certificación emitida e asinada electronicamente pola persoa secretaria da entidade local, no modelo do anexo VI, referida á plena dispoñibilidade da entidade solicitante sobre os terreos e predios onde se pretenden realizar as actuacións. Deberá quedar acreditado que a entidade, antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes, ten a plena dispoñibilidade sobre os terreos ou predios. O incumprimento destes requisitos constituirá causa de inadmisión da solicitude.

2. O/os proxecto/s ou anteproxecto/s da/das obra/s que se vaian realizar co seguinte contido mínimo:

a. Memoria explicativa.

b. Orzamento detallado, desagregado a nivel de partida, con indicación das unidades e prezos de cada unha. En ningún caso se admitirán orzamentos a tanto global.

c. Planos a escala e detalle suficientes para describir as actuacións.

c) Solicitudes para equipamento: nas solicitudes para equipamento deberá achegarse unha memoria explicativa dos equipamentos para os cales se solicita subvención, asinada electronicamente pola persoa representante da entidade solicitante, que conterá a descrición e o orzamento detallado do equipamento solicitado.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Catro meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2024, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia (DOG nº 17 do 24 de xaneiro de 2024).

    • Extracto da Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2024, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia (DOG nº 17 do 24 de xaneiro de 2024).

    • Orde do 22 de maio de 2024 pola que se modifica a Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2024, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia. (DOG nº 103 do 29 de maio de 2024).

    • Orde do 21 de outubro de 2024 pola que se modifica a Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2024, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia (códigos de procedemento PR483A, PR483B, PR483C e PR483D) (Diario Oficial de Galicia número 17, do 24 de xaneiro) (DOG nº 210 do 30 de outubro de 2024).

    • Resolución do 4 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se fan públicas as subvencións concedidas en virtude da Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións das liñas en concorrencia non competitiva e concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2024, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 60 do 27 de marzo de 2025).

Outros procedementos relacionados

PR485A

Inscrición no rexistro de plans de autoprotección da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aberto todo o ano

PR483A

Fondo de compensación ambiental. Subvencións en réxime de concorrencia non competitiva a concellos.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 07/02/2025 00:00 - 06/03/2025 23:59

PR483B

Fondo de compensación ambiental. Subvencións en réxime de concorrencia non competitiva a concellos asociados ou agrupados.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 07/02/2025 00:00 - 06/03/2025 23:59

PR483D

Fondo de compensación ambiental. Subvencións en réxime de concorrencia competitiva a concellos asociados ou agrupados.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 07/02/2025 00:00 - 06/03/2025 23:59