Guía de procedementos e servizos

PR451A

Equipamento de vehiculos e motocicletas a concellos de menos de 50.000 habitantes, que conten con Corpo de Policía Local (Fondos Feder 2007-2013).

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Convocatoria 2015 - Prazo pechado: 10/02/2015 00:00 - 09/03/2015 23:59
O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras para a adxudicación, en réxime de concorrencia competitiva, de vehículos policiais de emerxencias aos concellos galegos que conten con corpo de policía local, de acordo coas previsións contidas na Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, e a súa convocatoria para o ano 2015.

O equipamento que se vai ceder distribúese nas seguintes liñas de axudas:

Liña 1: 50 vehículos tipo turismo.

Liña 2: 26 motocicletas tipo trail.

Os concellos de menos de 50.000 habitantes.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

Subdirección Xeral de Interior e Seguridade

Servizo de Seguridade

Rúa Roma, nº 25-27 - Fontiñas

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546017

Fax: 981546486

Email: emerxencias.interior@xunta.es

Servizo de Seguridade

Prazo de presentación: PECHADO

10/02/2015 00:00 - 09/03/2015 23:59

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

a) Que o solicitante dispoña de corpo de policía local, conforme a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais.

b) Ter presentadas as contas a que se refire o artigo 208 e seguinte do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, correspondentes ao exercicio orzamentario 2013 no Consello de Contas de Galicia.

c) Que non recibisen axudas por parte da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para o mesmo fin nos seis últimos anos.

  • Solicitude no modelo normalizado que se xunta como anexo I (PR 451A) a esta orde.

  • Certificación ou declaración responsable asinada polo representante do concello, do acordo da entidade pola que se solicita a subvención en especie e se aceptan as condicións e demais requisitos exixidos nesta convocatoria (recollidos no anexo I) en que se faga constar:

    • a) O conxunto de todas as axudas concedidas, para as mesmas actuacións solicitadas ao abeiro desta orde, polas distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou privados e o compromiso de comunicar de contado cantas axudas solicite e/ou obteña doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración.

    • b) Que o concello non está incurso en ningunha das prohibicións establecidas no artigo 10.2 e 10.3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para obter a condición de beneficiario dunha subvención.

      Para os efectos do previsto no artigo 11.e) e concordantes da Lei de subvencións de Galicia, esta declaración será documento suficiente para acreditar que concello está ao día das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra debeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma e que non e debedor por resolución de procedemento de reintegro.

  • Certificado do/a secretario/a do concello da presentación das contas deste no Consello de Contas de Galicia, a que fai referencia o artigo 3 desta Orde.

  • Certificación do/a secretario/a do concello respecto ao número de habitantes deste en 31 de decembro de 2014.

  • Certificación do/da secretario/a do concello respecto da actual configuración da RPT do cadro de persoal do corpo de policía local, con indicación dos postos vacantes actualmente.

  • Certificación do/a secretario/a do concello respecto dos vehículos e motocicletas para servizo do corpo de policía local que recibise o concello nos últimos 10 anos desde a Xunta de Galicia, con indicación do ano de matriculación.

  • Certificación do/a secretario/a do concello respecto do equipamento actual de vehículos e motocicletas para servizo do corpo de policía local, con indicación do ano de matriculación.

  • Os defectos nas solicitudes seranlles notificados aos interesados pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior que e o órgano competente para a instrución do procedemento e, de conformidade co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, daráselles un prazo improrrogable de dez días para emendar os erros ou omisións.

    Transcorrido o dito prazo e de non producirse a dita emenda, as peticións serán arquivadas conforme o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

  • A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

  • A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

  • No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 6 de febreiro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2015 para a adxudicación de vehículos e motocicletas a concellos de menos de 50.000 habitantes, que conten con corpo de policía local, en réxime de concorrencia competitiva, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2007-2013 (DOG nº 26 do 9 de febreiro de 2015).

Outros procedementos relacionados

IF206B

Informe de usos especiais da estrada

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF505A

Acceso, modificación e baixa, ás instalacións portuarias controladas por barreiras físicas e para uso de puntos de fornecemento de auga e electricidade.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR870A

Outorgamento de licenzas para a prestación do servizo público de comunicación audiovisual radiofónica por entidades locais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA500A

Subvencións para a prestación de servizos bancarios básicos.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 23/06/2021 00:00 - 22/07/2021 23:59