Guía de procedementos e servizos

PR329B

Suspensión provisional da autorización de explotación de máquinas recreativas e de azar

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Facenda e Administración Pública

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Cando por avaría ou por calquera outra causa as empresas operadoras desexen suspender temporalmente a explotación dunha máquina do tipo B ou C, retirarana da súa instalación e explotación e solicitarán da correspondente delegación provincial da consellería competente en materia de xogo, a suspensión provisional da autorización de explotación.

Antes de solicitar a suspensión provisional da autorización de explotación a empresa operadora retirará a máquina da súa instalación e explotación e presentaralle á Administración os documentos referidos no punto anterior.

Cando a empresa operadora desexe reiniciar a explotación dunha máquina con autorización de explotación en situación de suspensión provisional deberá formalizar a correspondente solicitude ante a delegación provincial da consellería competente en materia de xogo, que tramitou a suspensión, co obxecto de retirar os exemplares da autorización de explotación.

A duración da suspensión provisional da autorización de explotación das máquinas recreativas non poderá exceder 25 meses desde a presentación da solicitude. Transcorrido o devandito prazo, a empresa operadora deberá solicitar a baixa definitiva.

De non facelo así, a delegación provincial que tramitou a suspensión ordenará a precintaxe da máquina e tramitará a devandita baixa.

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Subdirección Xeral de Xogo

Servizo de Xogo

Unidade Xogo - A Coruña

Edificio Admtvo. Monelos - Praza Luis Seoane, s/n

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981185971

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Subdirección Xeral de Xogo

Servizo de Xogo

Unidade Xogo - Lugo

Ronda da Muralla, nº 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294884

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Subdirección Xeral de Xogo

Servizo de Xogo

Unidade Xogo - Ourense

Avda. da Habana, nº 79 - 6º

32004  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386931

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Subdirección Xeral de Xogo

Servizo de Xogo

Unidade Xogo - Pontevedra

R/ Fernández Ladreda, 43

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805374

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Subdirección Xeral de Xogo

Servizo de Xogo

Unidade Xogo - Pontevedra

Rúa Concepción Arenal, 8-1 (Vigo)

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817071

Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

  • Solicitude de suspensión provisional da autorización de explotación de máquinas recreativas e de azar.

  • Exemplares da autorización de explotación da empresa e da máquina.

  • Exemplares da comunicación de instalación a almacen.

  • Exemplar para a empresa e para a máquina da guía de circulación (para o período transitorio).

  • Xustificante de pago da tasa administrativa.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 48 de 7 de marzo de 2008).

    • Orde do 16 de decembro de 2008 pola que se aproban os modelos normalizados de solicitudes e autorizacións previstas no Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 39/2008, do 21 de febreiro (DOG nº 252 de 30 de decembro de 2008).

    • Decreto 147/2013, do 19 de setembro, polo que se modifica o Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 181 do 23 de setembro de 2013).

Outros procedementos relacionados

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA002A

Subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.

Aberto todo o ano

FA002B

Presentación e pagamento telematico da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos

Aberto todo o ano

FA004A

Pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo.

Aberto todo o ano