Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
PR320A - Inscrición no Rexistro de Empresas de Máquinas de Xogo da Comunidade Autónoma de Galicia, seccións I a V.
As sociedades mercantís dedicadas á fabricación, comercialización, distribución, importación, instalación, operación ou servizo técnico de máquinas de xogo ou prestadoras de servizos de interconexión, así como á explotación de salóns recreativos e de xogo, que desenvolvan a súa actividade no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, deberán de figurar inscritas no Rexistro de Empresas de Máquinas de Xogo que, para tal efecto, levará a dirección xeral competente en materia de xogo.
O rexistro, que será público, contará coas seguintes seccións:
a) Sección I: empresas fabricantes e importadoras.
b) Sección II: empresas comercializadoras e distribuidoras.
c) Sección III: empresas operadoras de máquinas de xogo e de servizos técnicos.
d) Sección IV: empresas titulares de salóns recreativos e de xogo.
e) Sección V: empresas prestadoras de servizos de interconexión.
f) Sección VI:Establecementos autorizados
Cada sección do Rexistro de Empresas de Máquinas de Xogo disporá de subseccións para inscribir as autorizacións que, segundo este regulamento, lle corresponda a cada tipo de empresa. Estas subseccións recollerán a evolución da situación xurídica de cada autorización e serán desenvoltas nunha orde do conselleiro competente en materia de xogo sobre procedementos e desenvolvemento do Rexistro de Empresas de Máquinas de Xogo da Comunidade Autónoma de Galicia.
As empresas de xogo para inscribirse, deberán constituír a favor da consellería competente en materia de xogo e depositar na Caixa de Depósitos da Xunta de Galicia, as fianzas nos importes que se indican:
a) Empresas de fabricación, importación, distribución e comercialización de máquinas e material de xogo: 30.000 euros.
b) Empresas operadoras de máquinas de xogo e de servizos técnicos en función do número de máquinas que pretendan ter en explotación, polos seguintes importes:
Ata 50 máquinas, 39.000 euros.
De 51 a 100 máquinas, 78.000 euros.
De 101 a 250 máquinas, 120.000 euros.
De 251 a 500 máquinas, 150.000 euros.
De 501 a 1.000 máquinas, 200.000 euros.
De 1.001 máquinas en diante, 310.000 euros.
c) Empresas operadoras de máquinas que deban ser explotadas segundo o artigo 2.2º deste regulamento deberán constituír unha fianza de 6.000 euros.
d) Empresas titulares de salóns recreativos e de xogo ou empresas prestadoras de servizos de interconexión: deberán constituír unha fianza por unha contía de 12.000 euros (doce mil euros) ou 24.000 euros (vinte e catro mil) por cada unha das autorizacións de instalación de salón que obtiveren, segundo se trate dun salón recreativo ou dun salón de xogo, respectivamente.
Empresas fabricantes ou importadoras, comercializadoras, distribuidoras, empresas operadoras de máquinas de xogo e de servizos técnicos ou empresas prestadoras de servizos de interconexión, e empresas titulares de salón recreativo ou de xogo,
a) Estar constituída baixo a forma xurídica de sociedade mercantil, de conformidade cos requisitos establecidos na lexislación mercantil vixente. O capital social deberá estar totalmente subscrito e desembolsado.
b) Ter como obxecto social, en cada caso, a fabricación ou a importación de elementos de xogo, a súa comercialización, a operación e instalación de máquinas de xogo e prestación de servizos técnicos, ou a explotación de salóns recreativos e salóns de xogo.
c) O capital social mínimo requirido para cada unha das empresas anteriormente referidas será o seguinte:
-Empresas de fabricación, importación, distribución e comercialización de máquinas de xogo: 60.000 euros (sesenta mil euros).
-Empresas operadoras de máquinas de xogo e de servizos técnicos ou empresas prestadoras de servizos de interconexión: 60.000 euros (sesenta mil euros).
-Empresas operadoras de máquinas que deban ser explotadas segundo o artigo 2.2º deste regulamento: 24.000 euros (vinte e catro mil euros).
-Empresas titulares de salóns recreativos e de xogo: 30.000 euros (trinta mil euros), por cada salón.
d) A participación de capital, proveniente de persoas físicas ou xurídicas que non se atopen domiciliadas no espazo económico da Unión Europea, non poderá exceder en ningún caso a proporción establecida na lexislación vixente do Estado.
e) No caso das empresas importadoras, ter unha representación legal con domicilio permanente dentro do territorio do reino de España e, no caso das empresas comercializadoras, ter aberta no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia polo menos unha oficina, almacén ou sucursal con suficientes medios técnicos e materiais para o exercicio da súa actividade comercial.
f) Ter constituída e depositada fianza a favor da consellería competente en materia de xogo, co importe establecido no seguinte artigo. A fianza poderá constituírse en metálico, ou mediante aval bancario ou de sociedade de garantía recíproca, e debe manterse vixente, pola integridade do seu importe, durante a vixencia da inscrición no Rexistro de Empresas de Máquinas de Xogo da Comunidade Autónoma de Galicia.
Os casinos de xogo, os salóns recreativos e de xogo e as salas de bingo, terán a consideración de empresas operadoras, exclusivamente, respecto das máquinas que exploten directamente nestes.
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro
Subdirección Xeral de Xogo
Servizo de Xogo
R/ Roma, 25-27 - Polígono de Fontiñas
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546410/ 981546442
Fax: 981546486
Email: xogosc@xunta.es
Dirección Xeral de Emerxencias e Interior
Lei 14/1985, de 23 de outubro, Reguladora dos Xogos e Apostas en Galicia (DOG nº 222 de 20 de novembro de 1985).
Lei 6/2014, do 26 de xuño, pola que se modifica a Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia (DOG nº 124 do 2 de xullo de 2014).
Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 48 de 7 de marzo de 2008).
Corrección de erros.-Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 211 do 30 de outubro de 2008).
Decreto 147/2013, do 19 de setembro, polo que se modifica o Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 181 do 23 de setembro de 2013).
Orde do 2 de xullo de 2014 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Presidencia da Xunta de Galicia e da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG nº 132 do 14 de xullo de 2014).
Orde do 16 de decembro de 2008 pola que se aproban os modelos normalizados de solicitudes e autorizacións previstas no Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 39/2008, do 21 de febreiro (DOG nº 252 de 30 de decembro de 2008).
Orde do 25 de setembro de 2013 pola que se modifica a Orde do 16 de decembro de 2008, pola que se aproban os modelos normalizados de solicitudes e autorizacións previstas no Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, e a Orde do 28 de marzo de 2011 pola que se regula a homologación e autorización de instalación de sistemas de interconexión de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 190 do 4 de outubro de 2013).
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Este procedemento está suxeito ao pago dunha taxa. A continuación móstrase a listaxe de taxas aplicables:
- Autorizacións (Código taxa: 30.08.01)
Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.
-
Solicitude segundo o Anexo XIV.
-
Copia da escritura pública de constitución e estatutos sociais, así como a acreditación da súa inscrición no Rexistro Mercantil correspondente.
-
Relación das persoas socias segundo modelo anexo XIV-bis. Cando se trate de persoas físicas achegarase ademáis un certificado de conduta cidadá e declaración complementaria de cada unha delas. Cando se trate de persoas xurídicas, achegarase unha copia da escritura pública de constitución e certificado expedido polo Ministerio de Xustiza no que se acredite que carecen de antecedentes penais. No caso de persoas estranxeiras, achegar copia do documento para acreditar a súa identidade.
-
Declaración responsable das persoas, administradoras, directivas, xerentes ou apoderadas, de non ser condenadas mediante sentenza firme, dentro dos cinco anos anteriores á data de solicitude da autorización, por delito de falsidade contra a propiedade ou contra a Facenda Pública, así como cualquera infracción penal derivada da xestión ou explotación de xogos non autorizados.
-
Resgardo do depósito da fianza prevista no artigo 32 do Decreto 39/2008.
-
No caso de empresas comercializadoras ou de servizos técnicos ou empresas prestadoras de servizos de interconexión, memoria xustificativa dos medios técnicos, materiais e persoais de que dispoñan para levar a cabo a súa actividade na Comunidade Autónoma, así como da localización das oficinas, almacéns.
-
Xustificante do pagamento da taxa administrativa.
Comprobación de datos .
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.
-
DNI/NIE da entidade solicitante.
-
Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
-
Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.
-
Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo XIV)
- Comprobación de datos das persoas socias (Anexo XIV-bis)
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Un mes
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Procedementos e servizos relacionados
Cancelación de inscrición no Rexistro de Empresas de Máquinas de Xogo, seccións I a V.
Modificación de inscrición no Rexistro de Máquinas de Xogo, seccións I a V.