Guía de procedementos e servizos

PR307C

Organización e celebración de bingo social.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Aberto todo o ano

Consellería de Facenda e Administración Pública

Celebración de xogo de bingo que reúna todos os seguintes requisitos:

1º. Que non superen en ningún caso o límite de catro sesións nun mes.

2º. Que as cantidades xogadas non superen os 1.300 euros por sesión e os premios outorgados non superen os 1.000 euros por sesión. Os premios non poderán ser en metálico nin en especie perecedoira.

3º. Que o xogo se desenvolva a través de medios manuais ou mecánicos sen que en ningún caso interveñan aplicacións informáticas ou programas de software.

4º. Que durante o desenvolvemento da sesión, en ningún caso, se atopen presentes na sala menores de idade.

5º. Que teñan lugar na propia residencia da terceira idade ou centro de día ou no local que figure como domicilio da correspondente asociación ou comisión de festas.

Residencias da terceira idade e centros de día, asociacións culturais ou deportivas legalmente inscritas ou comisións de festas legalmente inscritas como asociación.

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Subdirección Xeral de Xogo

Servizo de Xogo

R/ Pastoriza, 8

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546410/ 981546442

Email: xogosc@xunta.gal

Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Procedemento administrativo de prazo aberto desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Documentación para a presentación.

1. As comunicacións presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado recollido no anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede.xunta.gal)

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa comunicación presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da comunicación aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. As persoas interesadas deberán achegar coa comunicación a seguinte documentación:

a) Declaración responsable de que no desenvolvemento do xogo non se permitirá o acceso ao local aos menores de idade

b) Declaración responsable de que no desenvolvemento do xogo non de utilizarán ningún tipo de aplicación informática ou programa de software

c) Declaración responsable do cumprimento dos requisitos exixidos no artigo 2.b) 1º, 2º,5º da Lei 3/2023 reguladora dos xogos de Galicia

d) Certificación acreditativa da inscrición da asociación no Rexistro autonómico de asociacións co carácter de cultural ou deportiva e do local que figura como domicilio da dita asociación.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electrónicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que pre-senten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da comunicación deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da comunicación e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos para presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos pra- zos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

1.  DNI ou NIE da persoa representante

2.  NIF da persoa xurídica comunicante

3.  NIF da persoa xurídica representante

No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación da comunicación.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da comunicación deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 3/2023, do 4 de xullo, reguladora dos xogos de Galicia (DOG nº 128 do 6 de xullo de 2023), modificada pola Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

    • Resolución do 13 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, pola que se regula o procedemento de comunicación de celebración de bingos sociais (DOG nº 244 do 27 de decembro de 2023).

Outros procedementos relacionados

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR303A

Permiso de apertura e inscrición da autorización de instalación dunha sala de bingo en Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR303B

Autorización modificación de sala de bingo.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR303C

Cancelación da inscrición de sala de bingo.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano