Guía de procedementos e servizos

PR306A

Permiso de apertura e funcionamiento dun casino de xogo.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Facenda e Administración Pública

Mediante este procedemento as empresas autorizadas para a instalación dun casino de xogos solicitarán ao órgano competente en materia de xogo o permiso necesario para poder abrir o casino que lle foi autorizado e inscribir o casino máis a propia empresa autorizada no Rexistro de Casinos da Comunidade Autónoma de Galicia

Despois da petición da adxudicataria, o órgano competente en materia de xogo poderá prorrogar o prazo de apertura por un período máximo de seis meses cando existan causas alleas á vontade da adxudicataria que o xustifiquen, que esta non puido coñecer no momento da adxudicación e que deberán quedar debidamente acreditadas. A petición de prórroga terase que efectuar necesariamente con anterioridade á data máxima prevista para a apertura do casino.

Empresas explotadoras de casinos de xogos.

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Subdirección Xeral de Xogo

Servizo de Xogo

R/ Pastoriza, 8

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546410/ 981546442

Email: xogosc@xunta.es

Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Este decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A solicitude deberá ser realizada pola empresa autorizada cunha antelación mínima de tres meses á data máxima prevista na autorización de instalación para a apertura do casino ou, de ser o caso, no prazo que se indique no acordo de prórroga do prazo de apertura.

  • Permiso de apertura ou traslado ( 30.11.02)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

  • Solicitude segundo o Anexo III.

  • Relación inicial do persoal que vai prestar servizos no casino, con especificación da súa categoría profesional e identidade do persoal de dirección de xogos.

  • Certificación de final de obra.

  • Certificado de técnico competente, visado polo colexio profesional respectivo, se procede,acreditativo do funcionamento idóneo de todas as instalacións relacionadas co xogo, así como das medidas de seguridade do casino.

  • Relación detallada dos xogos que se van practicar, con indicación, de ser o caso, da banda de flutuación de mínimos, así como do número mínimo de mesas e de máquinas que se van instalar.

  • Xustificante acreditativo do depósito da fianza.

  • Licenza ou habilitación municipal de apertura e funcionamento.

  • Xustificante acreditativo do pagamento da taxa administrativa correspondente.

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI/NIE da persoa representante.

  • NIF da entidade representante.

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 37/2016, do 17 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de casinos de xogo da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 67 do 8 de abril de 2016).

    • Orde do 2 de xullo de 2014 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Presidencia da Xunta de Galicia e da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG nº 132 do 14 de xullo de 2014).

    • Lei 3/2023, do 4 de xullo, reguladora dos xogos de Galicia (DOG nº 128 do 6 de xullo de 2023).

Outros procedementos relacionados

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA002A

Subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.

Aberto todo o ano

FA002B

Presentación e pagamento telematico da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos

Aberto todo o ano

FA004A

Pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo.

Aberto todo o ano