Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR305E
Modificación da inscrición no rexistro de casinos de xogos.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Facenda e Administración Pública
Mediante este procedemento as empresas titulares dunha autorización de instalación de casinos de xogos cumprirán coa súa obriga de comunicar ao órgano competente en materia de xogo calquera variación dos datos que consten no certificado de inscrición no Rexistro de Casinos de Xogos non comprendidos no artigo 19.1 o que deberán facer no prazo máximo dun mes desde que se produzan.
Empresas explotadoras de casinos de xogos.
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro
Subdirección Xeral de Xogo
Servizo de Xogo
R/ Pastoriza, 8
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546410/ 981546442
Email: xogosc@xunta.es
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
No prazo dun mes desde que se produzan os cambios que se comunican.
Comunicación segundo o Anexo V do Decreto 37/2016, do 17 de marzo
Copia do NIF da entidade comunicante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
Copia ou testemuño notarial da escritura de modificación da escritura de constitución da sociedade e dos seus estatutos, debidamente inscrita no Rexistro Mercantil.
Relación das persoas socias e copia do seu DNI ou NIE, só no caso de non autorizar a súa consulta (segundo modelo anexo IX) ou documento equivalente no caso de persoas estranxeiras. Cando se trate de persoas xurídicas, copia da escritura pública de constitución e do seu NIF, só no caso de que non se autorice a súa consulta (segundo modelo anexo IX).
Certificado que acredite que as persoas socias non teñen antecedentes penais expedido polo Ministerio de Xustiza e declaración complementaria de conduta cidadá.
Relación de persoas ás que se lle conferise o poder de representación da empresa e copia do DNI ou NIE, só no caso de non autorizar a súa consulta (segundo modelo anexo IX) ou documento equivalente no caso de persoas estranxeiras, así como prazo da súa permanencia no cargo e copia ou testemuño notarial da escritura en virtude da cal se lle outorga a capacidade de representación.
No caso de que as persoas ás que se lle conferise o poder de representación fosen persoas xurídicas, copia da escritura pública de constitución e copia do seu NIF, só no caso de que non se autorice a súa consulta (segundo modelo anexo IX) ou documento equivalente no caso de persoas estranxeiras.
Resgardo acreditativo do depósito da nova fianza nos termos esixidos polo artigo 8 deste decreto.
Documento polo que se comunica a nova relación de persoal que vai prestar servizos no casino, con especificación da súa categoría profesional e identidade do persoal de dirección de xogos.
Documento polo que se comunica a nova relación de xogos no casino de xogo (segundo o modelo anexo V bis).
Documento polo que se comunica a nova relación de servizos complementarios que se van prestar no casino de xogo (segundo o modelo anexo V ter).
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 37/2016, do 17 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de casinos de xogo da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 67 do 8 de abril de 2016).
-
Corrección de erros. Decreto 37/2016, do 17 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de casinos de xogo da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 79 do 26 de abril de 2016).
-
Lei 3/2023, do 4 de xullo, reguladora dos xogos de Galicia (DOG nº 128 do 6 de xullo de 2023).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Aberto todo o ano
Autoprestación do servizo ó pasaxe, que comprende o embarque e desembarque de pasaxeiros e pasaxeiras, así como a carga e descarga de equipaxes e vehículos.
Aberto todo o ano
Tarxeta de identidade marítima náutica de lecer.
Aberto todo o ano
Permiso de apertura e inscrición da autorización de instalación dunha sala de bingo en Galicia.
Aberto todo o ano