Guía de procedementos e servizos

PR005C

Poder para que a persoa apoderada poida actuar en nome da persoa apoderante únicamente para os trámites especificados.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

O presente decreto ten por obxecto a regulación do Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia, creado polo artigo 40 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, e do Rexistro autonómico de persoas titulares de determinados órganos ou cargos, creado polo artigo 41 da Lei 4/2019, do 17 de xullo.

Persoa física ou xurídica.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Subdirección Xeral de Coordinación do Rexistro e Atención á Cidadanía

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881999520/ 881999572

Email: rexistroxeral@xunta.gal

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Os apoderamentos deberán realizarse utilizando os modelos de poder que figuran como anexo III e que estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

De ser o caso, a documentación que acredite os poderes da persoa física representante da entidade poderdante.

Cando se apodere a unha persoa xurídica será preciso achegar os seus estatutos para verificar que neles está prevista a súa capacidade de actuar como representante.

En todos os casos a documentación achegada deberá ser copia electrónica auténtica emitida por algunha Administración pública.

Prazo de resolución:

A inscrición dos apoderamentos no rexistro realizarase mediante actuación administrativa automatizada nos casos en que podan comprobarse automaticamente todos os requisitos necesarios para a inscrición.

De non poder comprobar automaticamente os requisitos, antes de efectuar a inscrición o órgano competente analizará a documentación presentada e poderá solicitar un informe sobre a suficiencia dos poderes e demais documentación xustificativa da personalidade ou da representación á Asesoría Xurídica correspondente.

Unha vez analizada a documentación o órgano competente procederá a efectuar a inscrición no rexistro se esta é correcta, ou, de ser o caso, a requirirlle ao solicitante a emenda dos defectos detectados na documentación ou a denegar a inscrición sinalando a causa na que se fundamenta.

Sentido do silencio: Non especificado

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 52/2021, do 18 de marzo, polo que se regulan o Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia e o Rexistro autonómico de persoas titulares de determinados órganos ou cargos (DOG nº 60 do 30 de marzo de 2021).

Outros procedementos relacionados

AP401A

Premio Axentes TIC da Rede CeMIT.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 20/06/2025 00:00 - 18/07/2025 23:59

BS104A

Acceso á información contida na Historia Social Única Electrónica.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA006A

Punto xeral de entrada de facturas electrónicas e o Rexistro Contable de Facturas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aberto todo o ano

FA009C

Aprobación dos modelos oficiais de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados

Aberto todo o ano