Guía de procedementos e servizos

PL500D

Bolsas de formación para proxectos de investigación no centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2020 - Prazo pechado: 08/08/2020 00:00 - 07/09/2020 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Por medio desta orde establécense as bases reguladoras e procédese á convocatoria correspondente ao ano 2020, de dez bolsas de formación nos proxectos de investigación que se desenvolven no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (código de procedemento PL500D).

Os proxectos concretos inclúense no anexo I á presente orde e nel detállanse os requisitos específicos que deben reunir os solicitantes, coa finalidade de contribuír á especialización na súa formación académica, profesional ou investigadora.

As bolsas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

Dotación das bolsas e orzamento

A contía das bolsas, por todos os conceptos, será de 990 euros ao mes, incluídos os custos da Seguridade Social, en aplicación do previsto no Real decreto 1493/2011, do 24 de outubro, polo que se regulan os termos e as condicións de inclusión no réxime xeral da Seguridade Social das persoas que participen en programas de formación, en desenvolvemento do previsto na disposición adicional terceira da Lei 27/2011, do 1 de agosto, sobre actualización, adecuación e modernización do sistema da Seguridade Social e quedan asimilados a traballadores por conta allea, para os efectos da súa inclusión no réxime xeral da Seguridade Social.

Para o gasto que se proxecta habilitarase o crédito adecuado e suficiente por unha contía total de 237.600 € que se imputará ás aplicacións orzamentarias 11.40.151A.480.0 e 11.40.151A.484.0 e que se destinarán ao pagamento das mensualidades e da cota patronal da Seguridade Social, respectivamente. Isto desagrégase nas seguintes anualidades:

– Ano 2020: 19.800 € dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, dos cales, 18.831,80 € financiaranse con cargo á aplicación 11.40.151A.480.0 e 968,20 €, con cargo á 11.40.151A.484.0.

– Ano 2021: 118.800 € dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021, dos cales, 112.990,80 € financiaranse con cargo á aplicación 11.40.151A.480.0 e 5.809,20 €, con cargo á 11.40.151A.484.0.

– Ano 2022: 99.000,00 € dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, dos cales, 94.159,00 € financiaranse con cargo á aplicación 11.40.151A.480.0 e 4.841,00 €, con cargo á 11.40.151A.484.0.

A distribución entre as dúas aplicacións faise con base no recollido na Orde TMS/83/2019, do 31 de xaneiro, pola que se desenvolven as normas legais de cotización á Seguridade Social, para o exercicio 2019, prorrogada para o exercicio 2020, e na cal se establecen os importes das cotas empresarial e obreira por continxencias comúns e profesionais, a cargo da empresa e do traballador, para o persoal en formación de bolsa. Nos anos sucesivos, estarase ao dispor das ordes TMS vixentes en cada exercicio, para os efectos de realizar as actualizacións que procedan.

Duración

As actividades de formación iniciaranse coa incorporación da persoa seleccionada tal e como dispón a base décimo cuarta desta convocatoria; a data estimada de comezo é o 1 de novembro de 2020 e rematarán, en calquera caso, o 31 de outubro de 2022. A data de incorporación ao centro establecerase na notificación da adxudicación da bolsa.

Serán as destinatarias destas bolsas as persoas licenciadas ou graduadas universitarias nas titulacións exixidas nos distintos proxectos de investigación.

Condicións, incompatibilidades, obrigas e cumprimento dos/das bolseiro/as

1. As persoas beneficiarias das bolsas comprométense a cumprir todas as condicións recollidas nesta orde.

2. O secretario xeral de Política Lingüística poderá conceder ou denegar, en función das necesidades do proxecto de investigación a que está adscrito, a interrupción temporal da bolsa, por petición razoada da persoa interesada, logo do informe do seu director de proxecto. O tempo máximo de interrupción será de dous (2) meses e unicamente poderá fraccionarse en dous bloques dun (1) mes. En ningún caso existirá a posibilidade de recuperar o período interrompido e tampouco terá dereito a percibir as mensualidades correspondentes ao período que dure a súa suspensión.

3. Se a formación e o aproveitamento non ten unha evolución positiva nin acada os obxectivos mínimos previstos no programa de formación que lle asignen, a bolsa poderá ser revogada. Isto deberá ser confirmado mediante un informe do director do proxecto, logo de audiencia ao interesado, co visto e prace do coordinador científico do centro. Esta revogación seralle comunicada por escrito no prazo de quince (15) días previos á fin da bolsa. Tamén se poderá revogar a bolsa cando o proxecto ao que está vinculado deixe de estar vixente, cambie as liñas de investigación ou así o determinen as dispoñibilidades orzamentarias.

4. Estas bolsas son incompatibles con outras bolsas ou axudas financiadas con fondos públicos ou privados, así como soldos ou salarios que impliquen vinculación contractual ou estatutaria do bolseiro ou calquera tipo de ingresos habituais pola prestación de servizos profesionais ou a realización de traballo remunerado, excepto con aquelas bolsas ou axudas destinadas a cubrir algunha das accións formativas que o/a solicitante vai realizar segundo os seus estudos (asistencia a reunións, congresos, seminarios ou cursos de especialización).

5. O/a bolseiro/a está obrigado a:

a) Formarse no Centro Ramón Piñeiro, en horario de mañá e/ou tarde, a non ser cando a natureza do proxecto obrigue a desprazar a investigación a outro lugar.

b) Realizar as actividades previstas nos programas de formación e cumprir os obxectivos destes mesmos con aproveitamento.

c) Comunicarlle ao Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades a causa que determine a incompatibilidade dentro das 24 horas seguintes ao momento en que teña coñecemento da concorrencia desta e, dentro dos tres (3) días naturais seguintes, deberá notificar por escrito a renuncia á bolsa acompañada da documentación xustificativa das actividades de formación realizadas durante o período anterior á renuncia (declaración responsable do conxunto de bolsas concedidas e informe do director do proxecto en relación coas actividades de formación realizadas).

d) Facer constar na produción escrita derivada dos traballos en que participe ou realice no seu proceso de formación, a expresión: «Co apoio do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia», e achegar un exemplar do traballo publicado.

e) Deberá dar cumprimento ás obrigas de publicidade que se establecen no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, modificado polo artigo 30 da Lei estatal 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa.

f) Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control de destino das bolsas, así como as demais que deriven do artigo 45 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6. No caso de incumprimento das súas obrigas, deberá proceder ao reintegro das cantidades xa percibidas xunto cos xuros de mora que lle correspondan en cada caso, salvo en casos excepcionais autorizados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

7. O incumprimento de calquera das condicións recollidas nesta orde e demais normas aplicables, poderá constituír causa determinante de revogación da axuda e do reintegro total ou parcial das cantidades percibidas xunto cos xuros de mora que lle puidesen corresponder en cada caso, en aplicación do disposto no artigo 33 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Secretaría Xeral da Lingua

Servizo do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

Rúa de San Roque, 2

15704  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996139

Fax: 881996140

Email: cillrp@cirp.es

Secretaría Xeral da Lingua

Prazo de presentación: PECHADO

08/08/2020 00:00 - 07/09/2020 23:59

O prazo de presentación das solicitudes e da documentación sinalada na base sexta será de un (1) mes, que se contará a partir do seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase que o prazo vence o día cuxo ordinal coincida co que serviu de partida, que é o de publicación no Diario Oficial de Galicia e, se for festivo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Poderán solicitar estas bolsas as persoas licenciadas ou graduadas universitarias en que non concorra ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e sempre que reúnan ademais dos requisitos específicos que para cada proxecto se sinalan no anexo I desta orde, os seguintes requisitos xerais, que deberán posuír no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes:

a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.

b) Estar en posesión do título universitario de licenciatura ou de grao exixido no proxecto para o que presente a solicitude. A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición ao remate do prazo de presentación de solicitudes, e ter rematado os estudos conducentes a el no curso académico 2007/08 ou posterior.

c) Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4, agás os que acrediten estar en posesión do título de licenciatura en Filoloxía Galega ou graos equivalentes.

d) Non resultar beneficiario dunha bolsa en concursos anteriores ou contratos no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

e) Posuír unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 6,5 puntos, calculada de acordo cos parámetros publicados pola Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 15 de setembro de 2011 (DOG nº 188, do 30 de setembro).

As persoas solicitantes que cursasen os seus estudos en universidades non pertencentes ao Sistema universitario de Galicia e posúan certificación académica nun idioma distinto do galego ou do castelán, deberán xuntar a correspondente tradución xuramentada. A certificación do expediente académico indicará a data de iniciación e remate dos estudos, os créditos superados e as cualificacións obtidas; e deberá axustarse aos criterios estatais, tanto aos do Real decreto 1125/2003, do 5 de setembro, polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional (BOE nº 224, do 18 de setembro) como aos que deben incluírse no suplemento europeo ao título (SET), e a nota media do expediente académico calcularase de acordo cos parámetros fixados pola devandita Resolución do 15 de setembro de 2011.

A capacidade técnica e formación das persoas ás cales van dirixidas estas bolsas permítenlle o acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios para se relacionaren por este medio co sector público autonómico. Polo tanto, ao abeiro do artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e do artigo 10.2 e 3 da Lei 4/2019, do 14 de xullo, de administración dixital de Galicia, as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude, a seguinte documentación complementaria:

a) Certificación académica oficial completa (non extracto de expediente virtual), en que que se fará constar a nota media do expediente académico da titulación, obtida de acordo co establecido na base cuarta e) desta orde. Os titulados que accederon a estudos de 2º ciclo desde unha titulación de 1º ciclo deberán enviar, ademais, a certificación dese 1º ciclo, igualmente con expresión da nota media do expediente académico.

b) Documentación acreditativa dos requisitos específicos.

c) Currículo, acompañado da documentación que acredite os méritos que desexe alegar.

d) Certificado do coñecemento da lingua galega, Celga 4 ou equivalente, recoñecido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, deberase indicar en que momento e ante que órgano administrativo foron presentados os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude haberá que indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou de quen a represente.

b) Títulos oficiais universitarios.

c) Certificados do coñecemento da lingua galega, Celga 4 ou perfeccionamento cando sexan expedidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

d) Títulos oficiais non universitarios.

e) Estar ao día do pagamento das obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

f) Estar ao día do pagamento das obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

g) Estar ao día do pagamento das obrigas coa Axencia Tributaria Galega.

De se opoñer a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario e achegar os documentos.

Excepcionalmente, se algunha circunstancia imposibilita a obtención dos citados datos poderá solicitárselles a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Rematado o prazo de presentación de instancias, o Servizo do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades revisará as solicitudes recibidas e a documentación achegada. No suposto de que as solicitudes estean incompletas, conteñan erros ou non acheguen toda a documentación acreditativa, poderán ser requiridos para que, nun prazo de dez (10) días, emende a falta ou acompañe os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se terá por desistente da súa petición de bolsa e arquivarase o seu expediente na forma e termos indicados no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Non serán obxecto de requirimento os documentos acreditativos dos méritos alegados no currículo.

Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os citados requirimentos de emenda realizaranse mediante publicación na páxina web do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (www.cirp.gal).

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 29 de xullo de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán o concurso público, correspondente ao ano 2020, de dez bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PL500D) (DOG núm. 158, do 7 de agosto de 2020)

    • Extracto da Orde do 29 de xullo de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán o concurso público, correspondente ao ano 2020, de dez bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PL500D) (DOG núm. 158, do 7 de agosto de 2020)

    • Resolución do 19 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia a adxudicación de dez bolsas de formación en proxectos de investigación do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades ((DOG nº 217 do 28 de outubro de 2020).

Outros procedementos relacionados

ED317A

Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial

Aberto todo o ano

ED317B

Solicitude de exención de módulos de formación en centros de traballo (FCT) pola correspondencia coa practica laboral

Aberto todo o ano

ED330B

Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Prazo aberto: 16/05/2025 00:00 - 20/06/2025 23:59

ED333B

Programa retorna talento FP.

Prazo aberto: 28/03/2025 00:00 - 25/06/2025 23:59