Guía de procedementos e servizos

PL500B

Axudas para os proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Pechado

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

O establecemento de subvencións para a realización de proxectos de fomento do uso do galego dos centros privados de ensino de Galicia, promovidos polos equipos de dinamización da lingua galega e polo profesorado responsable do proxecto naqueles centros de ensino que conten con menos de seis unidades, durante o curso escolar 2021/22 (PL500B). As subvencións reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

Estas axudas serán compatibles con outras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou de entes públicos ou privados. En todo caso, a suma das contías recibidas non pode superar o 100 % do custo total das actividades do proxecto.

Os centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensino regrado de nivel non universitario, sexan persoas físicas ou xurídicas, que cumpran os requisitos e as condicións que se establecen nesta orde.

As persoas beneficiarias deberán cumprir os requisitos e as obrigas sinalados nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Coruña

Gabinete de Normalización Lingüística da Coruña

R/ Vivente Ferrer, 2 7º andar

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184898/ 981182350/ 981184720

Email: sxpl.acoruna@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Lugo

Gabinete de Normalización Lingüística de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27003  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294162/ 982294146

Email: sxpl.lugo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Ourense

Gabinete de Normalización Lingüística de Ourense

R/ Concello, 11- 4º andar

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386659/ 988386649

Fax: 988386600

Email: sxpl.ourense@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Pontevedra

Gabinete de Normalización Lingüística de Pontevedra

Avda. María Victoria Moreno, 43, 6º andar

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805537/ 986805529

Fax:

Email: sxpl.pontevedra@xunta.es

Secretaría Xeral da Lingua

Prazo de presentación: PECHADO

CONVOCATORIA 2022 (30/12/2021 - 31/01/2022)

O prazo de presentación das solicitudes e da documentación sinalada na base sexta será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

1. Os proxectos e as actividades que se desenvolvan ao abeiro desta convocatoria deberanse presentar e realizar de acordo coa vixente normativa ortográfica e morfolóxica do idioma galego, fixada pola Real Academia Galega o 12 de xullo de 2003, tal e como se establece na disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística (DOG núm. 84, do 14 de xullo). Así mesmo, respectarán a toponimia oficial nos termos previstos no artigo 10 desta lei.

2. Para cumprir coa obriga da adecuada publicidade que impón o artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os centros que reciban subvencións para elaboraren os proxectos de fomento do uso do galego ao abeiro desta convocatoria están obrigados a integrar o logotipo oficial dos equipos de dinamización da lingua galega tanto nos seus espazos web como nos documentos que difundan as actividades destes equipos. Para podelo facer, a coordinación territorial dos equipos de dinamización da lingua galega remitiralles aos centros o correspondente arquivo. Da mesma forma, a páxina web do centro deberá incluír, entre a información das súas instalacións, imaxes e unha descrición mínima do equipo de dinamización da lingua galega, así como dos seus principais recursos e servizos á comunidade educativa.

Presentación de solicitudes.

1. Os centros de ensino privado de Galicia que desexen acollerse aos beneficios desta convocatoria deberán formalizar a súa solicitude no modelo normalizado que se publica como anexo I desta orde.

2. As solicitudes, debidamente asinadas pola persoa solicitante ou representante, dirixiranse á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da provincia que corresponda.

3. As persoas xurídicas presentarán as súas solicitudes obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Así mesmo, en aplicación do previsto no número 3 do artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 10.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas físicas, titulares dun centro educativo, dispoñen da capacidade económica e técnica que lles permite acceder e dispoñer dos medios electrónicos necesarios para relacionarse coas administracións. Polo tanto, as persoas físicas presentarán as súas solicitudes da mesma forma prevista no parágrafo anterior.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria.

1. Os centros interesados deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Copia do proxecto asinado pola persoa coordinadora do equipo de dinamización, co visto e prace do director ou directora do centro. O proxecto deberá analizar a realidade concreta do centro e, a partir dela, establecer os obxectivos e deseñar as actividades que permitan modificar a situación de partida. Desenvolverá os seguintes puntos:

1º. Breve estudo sociolingüístico actualizado, en que se tocarán os puntos que se indican a seguir:

– O contorno sociolingüístico do centro.

– A situación do profesorado.

– A situación do alumnado.

– A situación lingüística do centro.

2º. Descrición dos obxectivos adecuados a cada un dos catro puntos anteriores.

3º. Descrición detallada das actividades de dinamización lingüística para cada un dos obxectivos propostos.

b) Cadro resumo das actividades, asinado pola persoa solicitante ou representante. No cadro teñen que constar de forma resumida a temporización, o nome da actividade, a persoa ou persoas responsables e o departamento ou departamentos correspondentes, os destinatarios e destinatarias, así como o orzamento previsto e o material necesario para a realización das actividades. O modelo deste cadro resumo figura no anexo II desta orde.

2. A documentación complementaria deberase presentar electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa titular do centro, se é unha persoa física.

b) NIF do centro, se é unha persoa xurídica.

c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á Axencia Estatal da Administración Tributaria.

d) Certificado de estar ao día no pagamento á Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á Axencia Tributaria de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Catro meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 30 de novembro de 2021 pola que se anuncia a convocatoria de subvencións para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2021/22 (DOG nº 249 do 29 de decembro de 2021).

    • Extracto da Orde do 30 de novembro de 2021 pola que se anuncia a convocatoria de subvencións para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2021/22 (DOG nº 249 do 29 de decembro de 2021).

    • Resolución do 7 de xuño de 2022 pola que se conceden as subvencións aos proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade privada de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2021/22 (DOG nº 116 do 17 de xuño de 2022).

Outros procedementos relacionados

ED301A

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301B

Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301C

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301D

Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano