Guía de procedementos e servizos

PL500A

Axudas para os proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2024 - Prazo pechado: 16/01/2024 00:00 - 15/02/2024 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Presentación e realización de proxectos de fomento do uso do galego dos centros públicos de ensino de Galicia dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, promovidos polos equipos de dinamización da lingua galega e polo profesorado responsable do proxecto naqueles centros de ensino que conten con menos de seis unidades, durante o curso escolar 2023/24, e o establecemento de axudas que apoien o seu financiamento.

Os centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensino regrado de nivel non universitario.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Coruña

Gabinete de Normalización Lingüística da Coruña

Rua Vicente Ferrer, nº 2 - 7º andar

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184898/ 981182350

Email: sxpl.acoruna@xunta.gal

http://www.lingua.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Lugo

Gabinete de Normalización Lingüística de Lugo

Ronda da Muralla, nº 70

27003  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294162/ 982294146

Email: sxpl.lugo@xunta.gal

http://www.lingua.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Ourense

Gabinete de Normalización Lingüística de Ourense

Rúa Concello, nº 11

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386659/ 988386649

Fax: 988386600

Email: sxpl.ourense@xunta.gal

http://www.lingua.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Pontevedra

Gabinete de Normalización Lingüística de Pontevedra

Rúa Fernández Ladreda, nº 43 - 8º andar

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805537/ 986805529

Fax: 986805548

Email: sxpl.pontevedra@xunta.gal

http://www.lingua.gal

Secretaría Xeral da Lingua

Prazo de presentación: PECHADO

16/01/2024 00:00 - 15/02/2024 23:59

O prazo de presentación das solicitudes e da documentación sinalada na base sexta será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

1. Os proxectos e as actividades que se desenvolvan ao abeiro desta convocatoria deberanse presentar e realizar de acordo coa vixente normativa ortográfica e morfolóxica do idioma galego, fixada pola Real Academia Galega o 12 de xullo de 2003, tal e como se establece na disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística (DOG núm. 84, do 14 de xullo). Así mesmo, respectarán a toponimia oficial nos termos previstos no artigo 10 desta lei.

2. Os centros que reciban axudas para elaborar os proxectos de fomento do uso do galego ao abeiro desta convocatoria integrarán o logotipo oficial dos equipos de dinamización da lingua galega tanto nos seus espazos web como nos documentos que difundan as actividades destes equipos. Para poder facelo, a coordinación territorial dos equipos de dinamización da lingua galega remitiralles aos centros o correspondente arquivo. Da mesma forma, a páxina web do centro incluirá, entre a información das súas instalacións, imaxes e unha descrición mínima do equipo de dinamización da lingua galega, así como dos seus principais recursos e servizos á comunidade educativa.

Presentación de solicitudes.

1. Os centros de ensino público de Galicia que desexen acollerse aos beneficios desta convocatoria deberán formalizar a súa solicitude no modelo normalizado que se publica como anexo I desta resolución.

2. As solicitudes, debidamente asinadas polo director ou directora do centro como representante legal deste, dirixiranse á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da provincia que corresponda.

3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria.

1. Os centros interesados deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Copia do proxecto asinado pola persoa coordinadora do equipo de dinamización, co visto e prace do director ou directora do centro. O proxecto deberá analizar a realidade concreta do centro e, a partir dela, establecer os obxectivos e deseñar as actividades que permitan modificar a situación de partida. Desenvolverá os seguintes puntos:

1º. Breve estudo sociolingüístico actualizado en que se tocarán os puntos que se indican a seguir:

– A contorna sociolingüística do centro.

– A situación do profesorado.

– A situación do alumnado.

– A situación lingüística do centro.

2º. Descrición dos obxectivos adecuados a cada un dos catro puntos anteriores.

3º. Descrición detallada das actividades de dinamización lingüística para cada un dos obxectivos propostos.

b) Cadro resumo das actividades asinado polo director ou directora do centro. No cadro teñen que constar de forma resumida a temporización, o nome da actividade, a persoa ou persoas responsables e o departamento ou departamentos correspondentes, os destinatarios e destinatarias, así como o orzamento previsto e o material necesario para a realización das actividades. O modelo deste cadro resumo figura no anexo II desta resolución.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Catro meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 28 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia a convocatoria de axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2023/24 (DOG nº 10 do 15 de xaneiro de 2024).

    • Resolución do 11 de xuño de 2024, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se conceden as axudas aos proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2023/24 (DOG nº 119 do 20 de xuño de 2024).

Outros procedementos relacionados

ED301G

Modificación da autorización de centros de ensinanzas de técnicos deportivos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301H

Extinción da autorización de centros de ensinanzas de técnicos deportivos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PL500E

Convocatoria de lectorados de lingua, literatura e cultura galegas.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 17/05/2025 00:00 - 16/06/2025 23:59

PL500F

Convocatoria de lectorados de lingua, literatura e cultura galegas.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 17/05/2025 00:00 - 16/06/2025 23:59