Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PL400A
Subvencións ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
O obxecto desta orde é aprobar as bases e convocar as axudas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a fomentar a prestación dun servizo lingüístico, mediante a súa creación ou o mantemento ou reforzamento dos existentes, ou a promover a planificación e o desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega, para o ano 2021, en concellos ou en agrupamentos de concellos con poboación igual ou superior aos 3.000 habitantes.
Modalidades de axuda.
1. As modalidades que adoptan estas axudas son as que se relacionan a seguir:
a) Creación dun servizo lingüístico.
b) Mantemento ou reforzamento dun servizo lingüístico.
c) Desenvolvemento de dinamización lingüística dunha entidade local carente de servizo lingüístico.
2. Para os efectos desta subvención considéranse:
a) Servizo lingüístico: departamento técnico inserido na entidade local, dotado de recursos materiais e humanos, que ten as funcións de planificar, xestionar, executar e avaliar medidas e accións co obxectivo de incrementar o uso da lingua galega en todos os ámbitos de actuación da organización, tanto interna como externamente.
b) Creación dun servizo: contratación de persoal técnico en entidades locais que o 31 de decembro de 2020 non estean dotadas de servizo lingüístico e, polo tanto, non conten con persoal contratado para este fin. Incluiranse tamén nesta modalidade aqueles servizos creados no ano 2020 que non percibisen unha subvención ao abeiro da convocatoria dese ano e que continúen coa súa actividade na data de publicación da convocatoria do ano 2021. As entidades locais ás cales lles fose concedida e percibisen unha subvención ao abeiro da convocatoria de 2020 non poderán acceder a unha axuda para a creación dun servizo lingüístico na presente convocatoria.
c) Mantemento dun servizo: dotación de continuidade a un servizo lingüístico creado con anterioridade á data de publicación desta convocatoria de subvencións. Considerarase nesta modalidade sempre que o servizo lingüístico estivese aberto ata o mes de outubro do ano inmediatamente anterior á publicación desta orde e retomada a súa ocupación dentro do primeiro trimestre da convocatoria anual.
d) Reforzamento dun servizo: incorporación de máis persoal técnico, mediante a súa contratación, a un servizo lingüístico xa existente na data de publicación desta convocatoria.
Cada entidade local ou agrupamento de concellos poderá solicitar unha única modalidade de axuda ao abeiro desta convocatoria, desestimaranse as solicitudes que non cumpran este requisito. Así mesmo, tendo en conta que a prestación de servizos lingüísticos implica a planificación e o desenvolvemento de actividades de dinamización lingüística, todas as modalidades de axuda incluirán a súa realización. Ademais, serán inadmitidas aquelas solicitudes conxuntas en que non se acredite a realización conxunta dunha actuación ou servizo e que supoñan actuacións independentes en cada entidade local. Nos supostos de mancomunidades, consorcios ou áreas metropolitanas, deberá acreditarse que o servizo se presta de xeito mancomunado, metropolitano ou consorciado e que, en todo caso, non supón unha actuación illada ou independente.
3. Os proxectos obxecto de subvención que impliquen a realización de actividades en formato presencial deberán previrn as posibles restricións ou limitación de mobilidade persoal ou de capacidade que impidan a correcta execución de proxectos presenciais por razón da crise sanitaria derivada da COVID-19, neste caso, presentarán obrigatoriamente unha alternativa de execución da dita actividade en formato dixital ou combinado (dixital-material) que garanta a súa execución.
Entenderase por formato dixital as creacións culturais e/ou artísticas en lingua galega e/ou outros bens concibidos dixitalmente para seren exhibidos en páxinas web, redes sociais ou outras plataformas dixitais (libros electrónicos, tabletas, teléfonos móbiles etc.).
No caso de produtos audiovisuais (vídeos), o formato será MP4 con resolución para web, mais tamén se admitirán outros formatos (MPG, MOV, AVI, WMV e EPUB3).
No caso de produtos só de audio, o formato será MP3 e tamén se admitirán outros formatos coa mesma calidade.
No caso de libros dixitais ou produtos só de texto ou imaxe, admitirase o formato PDF de calidade estándar ou EPUB3.
Entenderase por formato material os produtos en forma de libros, audiolibros, xogos, fotografías, pinturas, produtos de mercadotecnia e/ou calquera outra representación material que incorpore a lingua galega en forma de comentarios, viñetas ou explicacións.
4. Serán obxecto de subvención as actividades realizadas entre o 1 de xaneiro e o 15 de outubro de 2021.
1. As entidades locais de Galicia, excluídas as deputacións provinciais.
2. Os agrupamentos de concellos para a realización dun proxecto común. As súas entidades integrantes nomearán unha entidade representante única que actuará como coordinadora e interlocutora coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e que será a receptora da asignación económica.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Secretaría Xeral da Lingua
Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización Lingüística
Servizo de Xestión e Promoción Lingüística
Rúa de San Roque, 2
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996325/ 881996331/ 881996323
Fax: 881996306
Email: sxpl.subvencions@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
10/04/2021 00:00 - 10/05/2021 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Considerarase último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Se o último día do prazo for inhábil, prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
Lugar de presentación de solicitudes.
1. Só se admitirá unha solicitude por beneficiario, que se presentará conforme o modelo oficial que figura como anexo I da convocatoria. A solicitude irá dirixida á Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (anexo I).
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.
1. Xunto coa solicitude remitirase a seguinte documentación:
a) Acreditación de que a entidade local cumpriu co seu deber de remisión das contas xerais do último exercicio ao Consello de Contas, de acordo co estipulado no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas (DOG núm. 201, do 20 de outubro). As entidades locais deberán ter cumprido este requisito na data do remate do prazo de solicitude. No caso dos agrupamentos deberán probar a realización deste requisito todos os concellos que os forman.
b) Proxecto descritivo da modalidade para a que se solicita a subvención, no cal consten todos os datos referidos a el. Debe incluír o orzamento de gastos, total e desagregado por conceptos de gasto, previsto para a realización das accións para as que se solicita a axuda. Para tal fin cubrirase polo miúdo o anexo II, ao cal se xuntará, de o considerar necesario, unha memoria explicativa do dito proxecto.
De conformidade co previsto no artigo 4.3 desta orde, aqueles proxectos que se presenten a esta convocatoria e que teñan previsto realizar calquera actividade en formato presencial presentarán, nunha memoria complementaria, ademais da proposta inicial de execución preferente, unha segunda alternativa de realización para o mesmo proxecto en formato dixital ou combinado (dixital-material), en previsión das posibles restricións ou limitacións derivadas da crise sanitaria provocada pola COVID-19.
A opción substitutiva describirá na memoria complementaria co mesmo detalle as condicións e as necesidades técnicas para a súa execución e o custo desagregado para a súa execución que debe ser equivalente ao da primeira opción presencial. A falta de presentación desta alternativa comportará a non valoración das accións ou programas que se teña previsto realizar en formato presencial.
c) Certificación expedida polo/a secretario/a xeral da entidade local, relativa ao acordo, adoptado polo órgano competente, polo que se decide a solicitude da subvención para a dinamización lingüística e se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nesta convocatoria.
d) De ser o caso, documento acreditativo do acordo de agrupamento realizado polo Pleno ou pola Xunta de Goberno de cada concello agrupado, así como do nomeamento dunha persoa que actuará como representante única, como coordinadora e interlocutora coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
As entidades supramunicipais xa formadas deberán presentar a solicitude desde esa entidade.
e) No caso dos agrupamentos, deberán achegar as declaracións do anexo III todos os concellos que os forman.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
5. Se a solicitude non cumpre os requisitos dos puntos anteriores ou non reúne os datos de identificación ou algún dos aspectos previstos no artigo 66 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, requirirase a entidade ou o solicitante, de conformidade co establecido no artigo 68 da dita lei, para que nun prazo de 10 días emende as faltas ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se terá por desistido na súa petición, cos efectos previstos no artigo 21 da mesma lei.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) Certificado acreditativo de estar ao día nas súas obrigas tributarias co Estado, emitido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.
b) Certificado acreditativo de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
c) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da comunidade autónoma.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio (anexo I), así como, se é o caso, no anexo III, e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de Xustificación
- Declaración para a xustificación (Anexo V)
- Memoria xustificativa da actividade (Anexo IV)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística (DOG nº 84 do 14 de xullo de 1983).
-
Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia (DOG nº 149 do 5 de agosto de 1997).
-
Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).
-
Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas (DOG nº 201 do 20 de outubro de 2011).
-
Orde do 24 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 66 do 9 de abril de 2021).
-
Extracto da Orde do 24 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 66 do 9 de abril de 2021)
-
Resolución do 5 de xullo de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se conceden subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 24 de marzo de 2021 (DOG nº 134 do 15 de xullo de 2021).
-
Outros procedementos relacionados
Rede de dinamización lingüística.
Aberto todo o ano
Subvencións ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega.
Prazo pechado: 03/04/2018 00:00 - 02/05/2018 23:59
Subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios.
Prazo pechado: 11/04/2025 00:00 - 12/05/2025 23:59