Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PL400A
Subvencións ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
O obxecto desta orde é aprobar as bases e convocar as axudas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a fomentar a prestación dun servizo lingüístico, mediante o mantemento ou reforzamento dos existentes para o ano 2020, en concellos ou en agrupamento de concellos con poboación igual ou superior aos 3.000 habitantes.
Modalidade de axuda.
1. A modalidade que adopta esta axuda é a de mantemento ou reforzamento dun servizo lingüístico.
2. Para os efectos desta subvención, considéranse:
a) Servizo lingüístico: departamento técnico inserido na entidade local, dotado de recursos materiais e humanos, que ten as funcións de planificar, xestionar, executar e avaliar medidas e accións co obxectivo de incrementar o uso da lingua galega en todos os ámbitos de actuación da organización, tanto interna como externamente.
b) Mantemento dun servizo: dotación de continuidade a un servizo lingüístico creado con anterioridade á data de publicación desta convocatoria de subvencións.
c) Reforzamento dun servizo: incorporación de máis persoal técnico, mediante a súa contratación, a un servizo lingüístico xa existente na data de publicación desta convocatoria.
Cada entidade local ou agrupamento de concellos poderá solicitar unha única axuda ao abeiro desta convocatoria, desestimaranse as solicitudes que non cumpran este requisito. Así mesmo, tendo en conta que a prestación de servizos lingüísticos implica a planificación e o desenvolvemento de actividades de dinamización lingüística, esta modalidade de axuda incluirá a súa realización. Ademais, serán inadmitidas aquelas solicitudes conxuntas en que non se acredite a realización conxunta dunha actuación ou servizo e que supoñan actuacións independentes en cada entidade local. Nos supostos de mancomunidades, consorcios ou áreas metropolitanas, deberá acreditarse que o servizo se presta de xeito mancomunado, metropolitano ou consorciado e que, en todo caso, non supón unha actuación illada ou independente.
3. Serán obxecto de subvención as actividades realizadas entre o 1 de xaneiro e o 15 de outubro de 2020.
1. As entidades locais de Galicia, excluídas as deputacións provinciais.
2. Os agrupamentos de concellos para a realización dun proxecto común. As súas entidades integrantes nomearán unha entidade representante única que actuará como coordinadora e interlocutora coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e que será o receptor da asignación económica.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Secretaría Xeral da Lingua
Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización Lingüística
Servizo de Xestión e Promoción Lingüística
Rúa de San Roque, 2
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996325 / 881996331 / 881996323
Fax: 881996306
Email: sxpl.subvencions@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
17/07/2020 00:00 - 17/08/2020 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Considerarase último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da súa publicación.
Se o último día do prazo for inhábil, prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
- Só se admitirá unha solicitude por beneficiario, que se presentará conforme o modelo oficial que figura como anexo I da convocatoria. A solicitude irá dirixida á Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo.
- As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (anexo I).
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. A estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento
1. Xunto coa solicitude remitirase a seguinte documentación:
a) Acreditación de que a entidade local cumpriu co seu deber de remisión das contas xerais do último exercicio ao Consello de Contas, de acordo co estipulado no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas (DOG núm. 201, do 20 de outubro). As entidades locais deberán ter cumprido este requisito na data do remate do prazo de solicitude. No caso dos agrupamentos, deberán probar a realización deste requisito todos os concellos que os forman.
b) Proxecto descritivo para o que se solicita a subvención, no cal consten todos os datos referidos a el. Debe incluír o orzamento de gastos, total e desagregado por conceptos de gasto, previsto para a realización das accións para as que se solicita a axuda. Para tal fin, cubrirase polo miúdo o anexo II, ao que se achegará, de o considerar necesario, unha memoria explicativa do dito proxecto.
c) Certificación expedida polo/a secretario/a xeral da entidade local, relativa ao acordo, adoptado polo órgano competente, polo que se decide a solicitude da subvención para a dinamización lingüística e se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nesta convocatoria.
d) De ser o caso, documento acreditativo do acordo de agrupamento realizado polo Pleno ou pola Xunta de Goberno de cada concello agrupado, así como do nomeamento dunha persoa que actuará como representante única, como coordinadora e interlocutora coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
As entidades supramunicipais xa formadas deberán presentar a solicitude desde esa entidade.
e) No caso dos agrupamentos deberán achegar as declaracións do anexo III todos os concellos que os forman.
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
5. Se a solicitude non cumpre os requisitos dos puntos anteriores ou non reúne os datos de identificación ou algún dos aspectos previstos no artigo 66 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, requirirase a entidade ou o solicitante, de conformidade co establecido no artigo 68 da dita lei, para que, nun prazo de 10 días, emende as faltas ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se terá por desistido na súa petición, cos efectos previstos no artigo 21 da mesma lei.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) Certificado acreditativo de estar ao día nas súas obrigas tributarias co Estado, emitido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.
b) Certificado acreditativo de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
c) Certificado acreditativo de estar ao día das súas obrigas tributarias coa Comunidade Autónoma, emitido pola Axencia Tributaria de Galicia.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio (anexo I) así como, de ser o caso, no anexo III, e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de Xustificación
- Declaración para a xustificación (Anexo V)
- Memoria xustificativa da actividade (Anexo IV)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 18 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 141 do 16 de xullo de 2020).
-
Extracto da Orde do 18 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 141 do 16 de xullo de 2020).
-
Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística (DOG nº 84 do 14 de xullo de 1983).
-
Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia (DOG nº 149 do 5 de agosto de 1997).
-
Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).
-
Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas (DOG nº 201 do 20 de outubro de 2011).
-
Orde do 25 de setembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 18 de xuño de 2020, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 203 do 7 de outubro de 2020).
-
Resolución do 1 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se conceden subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 18 de xuño de 2020 (DOG nº 203 do 7 de outubro de 2020).
-
Outros procedementos relacionados
Rede de dinamización lingüística.
Aberto todo o ano
Subvencións ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega.
Prazo pechado: 03/04/2018 00:00 - 02/05/2018 23:59
Subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios.
Prazo pechado: 11/04/2025 00:00 - 12/05/2025 23:59