Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PE607A
Autorización de cursos de titulacións náutico-pesqueiras para entidades.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Establecer as bases e regular o procedemento para a obtención das titulacións profesionais náutico-pesqueiras de mariñeiro/a pescador/a, patrón/patroa local de pesca e patrón/patroa costeiro polivalente na Comunidade Autónoma de Galicia.
A autorización, organización, seguimento, control e avaliación dos cursos e actividades formativas reguladas nesta orde correspóndenlle á consellería con competencias en materia de pesca a través da dirección xeral con competencias en materia de ensino náutico e marítimo-pesqueiro.
Titulacións e contidos formativos
1. Mariñeiro/a pescador/a: para a obtención desta titulación o alumnado deberá realizar satisfactoriamente un curso de formación sobre os coñecementos teórico-prácticos establecidos no anexo III desta orde, superar a proba de natación e aprobar o exame teórico-práctico establecido para o efecto.
A duración do curso non será inferior a 50 horas lectivas, das cales 35 serán de coñecementos teóricos e 15 de contidos prácticos.
2. Patrón/patroa local de pesca: para a obtención desta titulación o alumnado deberá realizar satisfactoriamente un curso de formación sobre os coñecementos teórico-prácticos establecidos no anexo IV desta orde e superar o exame teórico-práctico establecido para o efecto.
A duración do curso non será inferior a 250 horas lectivas, das cales 130 horas corresponderán á sección de ponte e común e 120 horas para a sección de máquinas.
3. Patrón/patroa costeiro/a polivalente: para a obtención desta titulación o alumnado deberá realizar satisfactoriamente un curso de formación sobre os coñecementos teórico-prácticos establecidos no anexo V desta orde e superar o exame teórico-práctico establecido para o efecto.
A duración do curso non será inferior a 600 horas lectivas, das cales 350 horas corresponderán á sección de ponte e 250 horas á sección de máquinas.
Modalidade de teleformación
1. Os cursos regulados nesta orde poderán realizarse na modalidade de teleformación.
2. A dirección xeral con competencias en materia de ensino náutico e marítimo-pesqueiro regulará este tipo de formación desenvolvendo as características específicas desta modalidade de formación, as condicións de acceso aos cursos, os prazos, as solicitudes e a documentación para formalizar a matrícula, a duración do curso e o número de prazas, requisitos para acceder ao exame final do curso de teleformación, así como as convocatorias individuais de cada curso.
Centros de ensino oficiais, portos que impartan cursos y confrarías de pescadores.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Subdirección Xeral de Xestión, Ensino e Relacións Sectoriais
Servizo de Ensino e Titulacións Náutico-pesqueiras
Rúa dos Irmandiños, s/n Salgueiriños
15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546139
Fax: 981546138
Email: cma.dxdesenvolvemento@xunta.es
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes estará aberto durante todo o ano.
1. Para o acceso ao curso de mariñeiro/a pescador/a, o alumnado deberá reunir os seguintes requisitos:
- Ter feitos os dezaseis anos de idade.
- Declaración responsable de posuír aptitude para realizar unha proba de natación previa á realización do exame de coñecementos teórico-prácticos.
- Acreditar unha formación mínima mediante calquera dos seguintes medios:
a) Certificación expedida pola consellería con competencias en materia educativa ou por unha Administración educativa equivalente do Estado de ter superado o nivel 1 de ensinanzas básicas iniciais ou certificado equivalente.
b) Certificado de ter superado un curso de alfabetización en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia, expedido por unha entidade pública ou privada.
c) Declaración responsable da persoa solicitante de ter coñecementos básicos de lecto-escritura en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia segundo o modelo publicado no portal web de formación da consellería con competencias en materia pesqueira.
No caso de achegar este último documento, a entidade organizadora poderá comprobar que se cumpren os aspectos da declaración mediante unha proba de lecto-escritura. De non superar a dita proba, o/a alumno/a será dado de baixa do curso.
2. Para o acceso ao curso de patrón/patroa local de pesca, o alumnado deberá reunir os seguintes requisitos:
- Ter feitos os dezaoito anos de idade.
- Estar en posesión do título de mariñeiro/a pescador/a.
3. Para o acceso ao curso de patrón/patroa costeiro polivalente, o alumnado deberá reunir os seguintes requisitos:
- Ter feitos os dezaoito anos de idade.
- Estar en posesión do título de mariñeiro/a pescador/a.
- Estar en posesión do certificado de nivel 1 de ensinanzas básicas iniciais ou certificado equivalente, ou ben estar en posesión da tarxeta profesional de patrón/patroa local de pesca.
Solicitude segundo o Anexo I.
Lugar e calendario de realización dos cursos e demais actividades formativas.
Identificación dos/as profesores/as responsable/s da formación así como o seu currículo vitae.
Copia da póliza de seguro de responsabilidade civil referente ás instalacións onde se desenvolverán os cursos.
Copia da póliza do seguro de accidentes e responsabilidade civil que cubra a totalidade do alumnado ou o compromiso de achegalo con anterioridade ao comezo do curso.
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.
NIF da entidade solicitante.
- Inicio
- Documento de solicitude
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Positivo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 31 de xullo de 2014 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a obtención das titulacións de mariñeiro/a pescador/a, patrón/patroa local de pesca e patrón/patroa costeiro/a polivalente na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 156 do 19 de agosto de 2014).
-
Corrección de erros. Orde do 31 de xullo de 2014 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a obtención das titulacións de mariñeiro/a pescador/a, patrón/patroa local de pesca e patrón/patroa costeiro/a polivalente na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 161 do 26 de agosto de 2014).
-
Outros procedementos relacionados
Axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade.
Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 15/12/2025 23:59
Axudas para proxectos colectivos que contribúan a reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica, social e ambientalmente sustentable.
Prazo aberto: 30/04/2025 00:00 - 29/05/2025 23:59
Recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).
Aberto todo o ano
Retirada do recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).
Aberto todo o ano