Guía de procedementos e servizos

PE510A

Autorizacións para ampliacións de especies autorizadas en establecementos de acuicultura ubicados na Zona Terrestre e Marítimo - Terrestre.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Se vostede,quere aumenta-lo número de especies a cultivar ou ben cambiar algunhas especies por outras, debe solicitar da Xunta de Galicia a correspondente autorización.

Propietarios ou representantes de entidadee propietariae dun viveiro ou establecemento de cultivos mariños ou auxiliares.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

Subdirección Xeral de Acuicultura

Servizo de Innovación Tecnolóxica da Acuicultura

Praza Europa 5ª-4º (Polígono de Fontiñas)

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981 54 63 47

Servizo de Innovación Tecnolóxica da Acuicultura

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Na solicitude que presente deberá indicar:

- Tipo de cultivo que quere ampliar.

- Tipo de establecemento no que quere incluir máis especies para cultivar.

- Tipo de cultivo polo que desexa cambiar, se é o caso.

  • Solicitude segundo o Anexo I

  • Abono da taxa administrativa.

    Memoria biolóxica na que se inclúa tanto a descrición da especie como as condicións previstas de produción (procedencia das crías e proxenitores, se é o caso, tamaño e densidade inicial, alimentación, crecemento, mortalidade, tamaño e densidade final, produción esperada e sistema de comercialización). Indicarase expresamente se se trata dunha ampliación ou substitución da especie.

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243 do 16 de decembro de 2008).

    • Lei 6/2009, do 11 de decembro, de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243 do 15 de decembro de 2009).

    • Orde do 30 de marzo de 2012 de delegación de competencias no secretario xeral técnico, secretarios xerais e xefes territoriais da Consellería do Medio Rural e do Mar e no presidente do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia (DOG nº 70 do 12 de abril de 2012).

    • Orde do 22 de abril de 2015 do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG nº 77 do 24 de abril de 2015).

Outros procedementos relacionados

PE113E

Axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 15/12/2025 23:59

PE301A

Recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE301B

Retirada do recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE401B

Permiso de explotación a pé.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano