Guía de procedementos e servizos

PE403F

Autorización para a expedición de documentos por medio de talonarios.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano
TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

O control da descarga e transporte dos produtos pesqueiros frescos ata a fase de primeira venda e o transporte de bivalvos, equinodermos, tunicados e gasterópodos mariños vivos implica a remisión á administración por vía telemática dunha serie de documentos:

- O documento de transporte: se o produto pesqueiro se vende nunha lonxa distinta á do porto de descarga.

- A declaración de recollida: cando os produtos pesqueiros frescos desembarcados ou descargados non se poñen á venda ou se destinen a unha posta en venda ulterior ou aprazada, ou cando a primeira venda se faga mediante venta directa ou poxa previa.

- Documento de orixe: cando se transporten moluscos bivalvos, equinodermos, tunicados e gasterópodos mariños vivos dende a zona de produción ata a lonxa.

- Documento de rexistro: cando se transporte un lote de moluscos bivalvos, equinodermos, tunicados e gasterópodos mariños vivos entre establecementos ou a partir da zona de produción ou lonxa ata un centro de expedición, un centro de depuración, unha zona de reinstalación ou un establecemento de transformación.

Se a expedición dos devanditos documentos representa para o produtor, unha carga administrativa e financeira desproporcionada en relación co seu volume de produción, poderán solicitar, a autorización para a expedición destes documentos mediante o uso de talonarios.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

Subdirección Xeral de Valorización dos Produtos do Mar

Servizo de Mercados

Praza de Europa 5A – 4º (Fontiñas)

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546261

Fax: 981546288

Email: sxmar.cmrm@xunta.es

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña

RÚA RAMÓN Y CAJAL, N 2 - 5º ANDAR

15006  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981182029

Fax: 981182027

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Celeiro

Avda. Gerardo Harguindey Banet, 2 - Celeiro

27863  Viveiro  (Lugo)

Teléfono: 982555002

Fax: 982555005

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo

RÚA CONCEPCIÓN ARENAL, N 8

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817113

Fax: 986817102

Servizo de Mercados
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Produtores de produtos pesqueiros frescos. No caso dos documentos de orixe e documentos de rexistro aplicable a acuicultura de moluscos, o produtor, caso de non vender en lonxa, deberá estar en posesión da autorización regulada na Orde do 27 de maio de 2005.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Copia do poder de representación.

  • Declaración responsable de non dispor de elementos técnicos que permitan a elaboración de documentos.

  • Relación das persoas usuarias. 

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI/NIE da persoa solicitante.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 8 de febreiro de 2008 pola que se regula o control da descarga e do transporte dos produtos pesqueiros frescos ata a primeira venda e o transporte de moluscos bivalvos, equinodermos, tunicados e gasterópodos mariños vivos (DOG nº 52, do 13 de marzo de 2008)

    • Orde do 10 de xuño de 2008 pola que se modifica a do 8 de febreiro pola que se regula o control da descarga e do transporte dos produtos pesqueiros frescos ata a fase de primeira venda e o transporte de moluscos bivalvos, equinodermos, tunicados e gasterópodos mariños vivos (DOG nº 114, do 13 de xuño de 2008).

    • Orde do 11 de decembro de 2008 pola que se modifica a Orde do 8 de febreiro de 2008, pola que se regula o control da descarga e do transporte dos produtos pesqueiros frescos ata a fase de primeira venda e o transporte de moluscos bivalvos, equinodermos, tunicados e gasterópodos mariños vivos (DOG nº 243 do 16 de decembro de 2008).

    • Orde do 2 de febreiro de 2010 pola que se modifica a Orde do 8 de febreiro de 2008 pola que se regula o control da descarga e do transporte dos produtos pesqueiros frescos ata a fase de primeira venda e o transporte de moluscos bivalvos, equinodermos, tunicados e gasterópodos mariños vivos (DOG nº 26 del 9 de febreiro de 2010).

    • Orde do 8 de febreiro de 2016 pola que se modifica a Orde do 8 de febreiro de 2008 pola que se regula o control da descarga e do transporte dos produtos pesqueiros frescos ata a fase de primeira venda e o transporte de moluscos bivalvos, equinodermos, tunicados e gasterópodos mariños vivos (DOG nº 41 do 1 de marzo de 2016).

    • Orde do 22 de abril de 2015 do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG nº 77 do 24 de abril de 2015).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

PE113E

Axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 15/12/2025 23:59

PE155B

Axudas autonómicas a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP)

Tramitar en liña

Prazo aberto: 04/07/2025 00:00 - 18/08/2025 23:59

PE155D

Axudas destinadas á creación e consolidación de organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros

Tramitar en liña

Prazo aberto: 10/07/2025 00:00 - 11/08/2025 23:59

PE301A

Recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano